A NOSA VIDA CRISTIÁ
Melloremos as nosas habilidades na predicación. Busquemos tódalas persoas da zona que predicamos
POR QUE É IMPORTANTE. Zacarías profetizou que xente de tódalas linguas e nacións respondería ben ás boas novas (Zac. 8:23). Pero quen lles ensinaría? (Rm. 10:13-15). Temos o privilexio e a responsabilidade de compartir as boas novas con tódalas persoas da zona na que predicamos (od-S páx. 84 pars. 10, 11).
COMO FAGO?
Prepárate. Atopaches alguén que fala outro idioma? Entón entra na aplicación JW Language para aprender unha presentación sinxela. Outra opción é ensinarlle á persoa no teu dispositivo móbil como pode atopar información no seu idioma en jw.org.
Sé observador. Se estás predicando de casa en casa, non deixes pasar as oportunidades de predicarlles ás persoas que pasan ó teu lado ou ás que estean aparcadas dentro dun coche. Se estás participando na predicación pública, concéntrate no obxectivo de dar testemuño.
Sé concienciudo. Sigue intentando atopar as persoas que non estaban na casa. Esfórzate por falar con alguén en cada fogar. Por que non probas a distintas horas ou días? Con algunhas persoas quizais debas contactar por carta, por teléfono, ou cando prediques nas rúas.
Non perdas o contacto. Volve visitar axiña a persoa para manter o seu interese na mensaxe. Se fala outro idioma, busca alguén que poida atendela no seu propio idioma. Namentres, sigue a visitala ata que os predicadores que falan o seu idioma se poñan en contacto con ela (od-S páxs. 93-94 pars. 39, 40).
DESPOIS DE VER O VÍDEO PREDICAMOS “ATA OS CONFÍNS DA TERRA” RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:
Como se prepararon os irmáns para contactar coas persoas nas zonas máis afastadas? (1 Cor. 9:22, 23)
Que obstáculos tiveron que superar?
Que bendicións recibiron?
Que podes facer para falar con máis persoas da túa zona asignada para predicar?