BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb18 abril páx. 8
  • Para facer discípulos, debemos predicar e ensinar

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Para facer discípulos, debemos predicar e ensinar
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2018)
  • Información relacionada
  • Melloremos as nosas habilidades na predicación. Axudemos a facerse discípulos ós que están dispostos para a vida eterna
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2018)
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2018)
mwb18 abril páx. 8

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Para facer discípulos, debemos predicar e ensinar

Xesús mandoulles ós seus seguidores que fosen facer discípulos seus (Mt. 28:19). Para conseguilo, debemos predicar e ensinar. De vez en cando, debemos preguntarnos: “Como podo mellorar nestes dous aspectos fundamentais da obra de facer discípulos?”.

A PREDICACIÓN

No canto de esperar que a xente veña a nós, debemos tomar a iniciativa en buscar os merecedores (Mt. 10:11). Cando estamos predicando, estamos atentos ás oportunidades e falamos con tódolos que pasan preto de nós? (Feit. 17:17). Lidia fíxose seguidora de Xesús grazas á concienciuda predicación de Paulo (Feit. 16:13-15).

Samuel ofrécelle unha revista a Ezekiel; Solomon e Mary predícanlles a Ezekiel e Abigail

“Sementa de mañá a túa semente e pola tarde non póuse-las túas mans” (Ecl. 11:6)

DESPOIS DE VER O VÍDEO SIGAMOS A PREDICAR SEN DESCANSO. DE CASA EN CASA E INFORMALMENTE, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Como demostrou Samuel que sempre estaba a buscar oportunidades para plantar a semente da verdade?

  • Por que debemos esforzarnos por participar en tódalas modalidades da predicación?

  • Con quen podo eu falar da mensaxe do Reino durante as miñas actividades diarias?

A ENSINANZA

Para facer discípulos, non abonda con deixarlles publicacións ás persoas. Como queremos que cheguen a ser amigos de Xehová, debemos visitalas unha e outra vez e impartir cursos da Biblia (1 Cor. 3:6-9). E se por moito que nos esforcemos por ensinarlle a alguén as verdades bíblicas non obtemos grandes resultados? (Mt. 13:19-22). Inda así, nós seguimos buscando as persoas que teñen un corazón semellante á “boa terra” (Mt. 13:23; Feit. 13:48).

Solomon e Mary estudando a Biblia con Ezekiel e Abigail; Ezekiel e Abigail na predicación pública

“Eu plantei, Apolo regou; pero Deus foi quen vos deu o medro” (1 Cor. 3:6)

DESPOIS DE VER O VÍDEO SIGAMOS A PREDICAR SEN DESCANSO. NA PREDICACIÓN PÚBLICA E Ó FACER DISCÍPULOS, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Que fixeron Solomon e Mary para regar a semente da verdade nos corazóns de Ezekiel e Abigail?

  • Cal debe ser o noso obxectivo cando participamos nas distintas modalidades do ministerio, mesmo na predicación pública?

  • Ás veces, que teremos que facer para que o noso obxectivo siga sendo ensinar as verdades bíblicas a outros?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir