TESOUROS DA BIBLIA | FEITOS 27-28
Paulo viaxa a Roma en barco
Mesmo estando preso, Paulo nunca deixou de predicar. No barco, predicoulles ós membros da tripulación e ós pasaxeiros. Logo de naufragar en Malta, aproveitou a oportunidade para compartir as boas novas coas persoas que curou. Tres días despois de chegar a Roma, convocou os principais dos xudeus para lles dar testemuño. E durante os dous anos de arresto domiciliario, predicoulles a tódolos que o visitaban.
Que podes facer para compartir as boas novas malia calquera situación persoal que poida limitarte?