BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb22 marzo páx. 9
  • Quen son os teus amigos en Internet?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Quen son os teus amigos en Internet?
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
  • Información relacionada
  • Evitemos os perigos das redes sociais
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2018)
  • Escolle ben os teus amigos
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Un alto funcionario de sanidade advirte sobre os efectos prexudiciais das redes sociais nos rapaces. O que di a Biblia
    Outros temas
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
mwb22 marzo páx. 9

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Quen son os teus amigos en Internet?

Un amigo é unha persoa que ten unha relación de afecto ou cariño con outra. Por exemplo, David e Ionatán chegaron a ter unha amizade moi estreita despois de que David matase a Goliat (1Sa 18:1). Grazas ás boas calidades que demostraron, gañáronse o cariño un do outro. Así que, para que dúas persoas cheguen a ter unha boa amizade precisan coñecerse ben, e iso normalmente implica tempo e esforzo. Non obstante, nas redes sociais, podes facer un “amigo” con só un clic. En Internet é fácil que as persoas agochen como son en realidade, xa que poden planear exactamente o que van dicir e controlar ata certo punto o que outros pensan delas. Por iso, debes ter moito coidado á hora de decidir a quen aceptas como amigo. Non teñas medo de ignorar ou rexeitar unha solicitude de amizade de alguén que en realidade non coñeces por temor a ferir os seus sentimentos. Debido ós perigos que poden existir, algúns prefiren non usar as redes sociais. Pero se decides usalas, que deberías ter en conta?

DESPOIS DE VER O VÍDEO SE ENREDAS COAS REDES, NON TE ENREDES!, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Unha escena do vídeo “Se enredas coas redes, non te enredes!”. Unha rapaza mirando espantada moitos televisores onde saen fotos súas

    Que deberías ter en conta antes de publicar un comentario ou unha foto?

  • Unha escena do vídeo “Se enredas coas redes, non te enredes!”. Dous homes acosando un mozo e ensinándolle algo publicado nunha rede social. O mozo tapa os ollos

    Por que deberías ter moito coidado ó escoller os teus amigos en Internet?

  • Unha escena do vídeo “Se enredas coas redes, non te enredes!”. Un mozo durmido coa cabeza enriba do seu portátil despois de pasar toda a noite usándoo

    Por que deberías poñerlle límite ó tempo que pasas nas redes sociais? (Ef 5:15, 16).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir