BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb22 setembro páx. 5
  • O matrimonio. Unha unión para toda a vida

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • O matrimonio. Unha unión para toda a vida
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
  • Información relacionada
  • Que di a Biblia sobre estar solteiro ou casado?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • O matrimonio é un agasallo de Deus
    Continúa no amor de Deus
  • Como ter un matrimonio feliz
    Continúa no amor de Deus
  • Protexe o teu matrimonio
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
Ver máis
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
mwb22 setembro páx. 5
Unha parella predicando.

A NOSA VIDA CRISTIÁ

O matrimonio. Unha unión para toda a vida

Un matrimonio cristián que segue os principios bíblicos honra a Xehová e fai feliz tanto ó home coma á muller (Mc 10:9). Para ter un matrimonio feliz e duradeiro, os cristiáns xa teñen que ter en conta o que di a Biblia cando escollen a persoa coa que casar.

Non sería sabio que empezases unha relación romántica se aínda non pasaches “a flor da xuventude”, a época na que os desexos sexuais son tan fortes que é difícil tomar boas decisións (1Co 7:36, TNM). O mellor sería que aproveitases eses anos para fortalecer a túa amizade con Deus e mellorar en calidades cristiás. Así estarás máis preparado para conseguir un matrimonio feliz.

Antes de decidir casar cunha persoa, dedica tempo a coñecer a súa “personalidade escondida [...] no corazón” (1Pe 3:4). Se tes dúbidas mentres sodes mozos, fala delas coa túa parella. Debes ter en conta que no matrimonio hai que pensar máis no que podes dar que no que vas conseguir (Flp 2:3, 4). Se aplicas os principios bíblicos cando aínda sodes mozos, serache máis fácil seguir aplicándoos despois de casar, e conseguirás un matrimonio feliz.

DESPOIS DE VER O VÍDEO COMO PREPARARSE PARA O MATRIMONIO. PARTE 3: “PENSAR NO PRESUPOSTO”, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Como empezou a relación da parella do vídeo?

  • De que se deu conta ela cando chegou a coñecelo mellor?

  • Como a axudaron seus pais? Que boa decisión tomou ela?

Un irmán que estea saíndo cunha irmá debería facerse as seguintes preguntas:

Demostra ter unha personalidade cristiá? Nótase que pon en primeiro lugar o Reino? Respecta os principios bíblicos e as instrucións da organización? Mostra que se preocupa polos demais?

Unha irmá que estea saíndo cun irmán debería facerse as seguintes preguntas:

Demostra ter unha personalidade cristiá? Nótase que adorar a Xehová e atender as súas responsabilidades teocráticas é máis importante para el que o traballo, os cartos, os deportes e o ocio? Como trata a súa familia? Mostra que se preocupa polos demais?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir