BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb23 maio páx. 5
  • Estás preparado para unha crise económica?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Estás preparado para unha crise económica?
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
  • Información relacionada
  • Estamos preparados?
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2020)
  • Esteamos preparados durante a parte final dos últimos días
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
  • Demostra que confías en Xehová cando tomes decisións
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
  • Estás preparado?
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
Ver máis
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
mwb23 maio páx. 5

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Estás preparado para unha crise económica?

Non nos sorprende que debido ós sucesos mundiais vivamos nun ambiente de inestabilidade económica. Por que non? Porque estamos vivindo na parte final dos últimos días e a Biblia aconséllanos non poñer a nosa esperanza “na riqueza incerta” (1Ti 6:17; 2Ti 3:1). Que nos ensina o exemplo do rei Ioxafat sobre como prepararnos para unha crise económica?

Cando se enfrontou a unha ameaza por parte das nacións inimigas, Ioxafat confiou en Xehová (2Cr 20:9-12). Antes de que chegasen os problemas, preparou a nación fortificando as cidades e establecendo nelas campamentos militares (2Cr 17:1, 2, 12, 13). Igual ca Ioxafat, debemos confiar en Xehová e prepararnos para os tempos difíciles.

COMO PREPARARSE PARA UNHA CRISE ECONÓMICA

Prepárate espiritualmente: Aprende a estar contento co que tes e fortalece a confianza en que Xehová ten a capacidade de darche o necesario para cada día (Mt 6:26; 1Ti 6:8). Resólvete a non saltarte nunca os principios bíblicos para cubrir as túas necesidades (Rm 2:21). Pensa en como podes asegurarte de obter alimento espiritual aínda se non houbese electricidade ou Internet. Selecciona algunhas publicacións e tenas a man en formato físico. Se é posible, descarga as publicacións en formato electrónico tan pronto como poidas.

Prepárate fisicamente: Reduce as débedas e os gastos innecesarios antes de que cheguen os problemas económicos (Pr 22:7). Se é posible, ten unha reserva razoable de alimentos e outras cousas necesarias. Algúns quizais pensen en ter unha horta para aforrar gastos.

DESPOIS DE VER O VÍDEO ESTÁS PREPARADO?, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

Unha escena do vídeo “Estás preparado?”. Nos recadros aparecen unha Biblia, unha mochila de emerxencia xunto a un teléfono móbil e voluntarios de construción.
  • Que podes facer para prepararte por se hai un desastre?

Unha escena do vídeo “Estás preparado?”. Irmáns axudando cos labores de socorro facendo traballos de construción e descargando materiais dun camión.
  • Como podes prepararte para axudar a outros?

META

Durante a adoración en familia repasade a revista ¡Despertad!, núm. 1 2022. Falade sobre que outras medidas poderiades tomar para estar preparados ante un desastre.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir