BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w23 agosto páxs. 8-13
  • Aprende das profecías da Biblia

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Aprende das profecías da Biblia
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • POR QUE ESTUDAR AS PROFECÍAS DA BIBLIA
  • COMO ESTUDAR AS PROFECÍAS DA BIBLIA
  • OS PÉS DE FERRO E BARRO. QUE REPRESENTAN E COMO CHE AFECTAN?
  • “O REI DO NORTE” E “O REI DO SUR”. QUE REPRESENTAN E COMO CHE AFECTAN?
  • SIGUE PRESTÁNDOLLES ATENCIÓN ÁS PROFECÍAS
  • O Reino xa está gobernando!
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2022
  • Aprende do exemplo de Daniel
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
w23 agosto páxs. 8-13

ARTIGO DE ESTUDO 34

Aprende das profecías da Biblia

“Os sabios daranse conta” (DN. 12:10).

CANCIÓN sn 37 A Palabra de Deus é a nosa guía

AVANCEa

1. Que nos pode axudar a desfrutar cando estudamos as profecías da Biblia?

“ENCÁNTAME estudar as profecías da Biblia”. Isto foi o que dixo un irmán chamado Ben. Estás de acordo con el? Ou pensas que son demasiado difíciles de entender? Pode que incluso opines que estudar as profecías é moi aburrido. Pero cando aprendas máis sobre por que Xehová as incluíu na súa Palabra, quizais cambies de opinión.

2. Que imos analizar neste artigo?

2 Neste artigo non só imos aprender por que debemos estudar as profecías da Biblia senón tamén como facelo. Examinaremos dúas profecías do libro de Daniel para ver como entendelas ben nos pode axudar xa agora.

POR QUE ESTUDAR AS PROFECÍAS DA BIBLIA

3. Que necesitamos facer para entender as profecías da Biblia?

3 Se queremos entender as profecías da Biblia temos que pedir axuda. Pensa no seguinte exemplo. Imaxina que estás visitando un sitio no que nunca estiveches pero vas acompañado dun amigo que coñece ben a zona. El sabe exactamente onde estades e a onde leva cada camiño. Seguro que estarías moi contento de que quixese acompañarte! De forma parecida, Xehová sabe exactamente en que momento da historia nos encontramos e que vai pasar no futuro. Así que, para entender as profecías da Biblia debemos ser humildes e pedirlle a súa axuda (Dn. 2:28; 2 Pe. 1:19, 20).

Un matrimonio vendo o vídeo “Daniel, un home de fe”.

Estudar as profecías da Biblia pode axudarnos a estar preparados para os acontecementos futuros (ver o parágrafo 4).

4. Por que mandou Xehová que na súa Palabra se escribisen profecías? (Xeremías 29:11) (Ver tamén a imaxe).

4 Coma calquera bo pai, Xehová quere que os seus fillos teñan un futuro feliz (le Xeremías 29:11). Pero a diferenza dun pai humano, el pode dicirnos con exactitude o que sucederá no futuro. Xehová fixo que na súa Palabra se incluísen profecías para que puidésemos coñecer algúns sucesos importantes incluso antes de que ocorran (Is. 46:10). As profecías bíblicas son un valioso regalo do noso Pai celestial. Pero, como podes estar seguro de que o que predí a Biblia realmente se cumprirá?

5. Que poden aprender os rapaces do que lle pasou a Max?

5 Nas escolas, os nosos rapaces están rodeados de persoas que teñen pouco ou ningún respecto pola Biblia. Ás veces, o que din os seus compañeiros podería facer que empezasen a ter dúbidas sobre as súas crenzas. Fíxate no que conta un irmán chamado Max. El di: “Cando estaba na adolescencia empecei a ter dúbidas de se o que meus pais me estaban ensinando era a relixión verdadeira e de se a Biblia realmente está inspirada por Deus”. Que fixeron os seus pais? El conta: “Eles mantiveron a calma, aínda que sei que estaban preocupados”. Os pais de Max responderon coa a Biblia as preguntas que el tiña. Pero el tamén fixo algo. “Púxenme a estudar as profecías da Biblia”. E segue dicindo: “Tamén falaba con outros mozos do que aprendía”. Cal foi o resultado? Max di: “Despois de facer isto quedei convencido de que a Biblia está inspirada por Deus!”.

6. Que tes que facer se tes dúbidas, e por que?

6 Se, igual que Max, empezas a ter dúbidas de que a Biblia diga a verdade, non te tes que sentir culpable. Pero é moi importante que fagas algo ó respecto. As dúbidas son coma o óxido. Se non lles fas caso, poden destruír lentamente algo valioso. Para eliminar as dúbidas que son coma ese “óxido” e poden acabar coa túa fe, pregúntate: “Creo o que di a Biblia sobre o que vai pasar no futuro?”. Se non estás seguro, entón necesitas estudar as profecías bíblicas que xa se cumpriron. Vexamos como podes facelo.

COMO ESTUDAR AS PROFECÍAS DA BIBLIA

Unha irmá estudando a profecía do rei do norte e do rei do sur en “La Atalaya” de maio de 2020.

Para ter a mesma confianza en Xehová que tivo Daniel debemos estudar as profecías bíblicas con humildade, en profundidade e co motivo correcto (ver o parágrafo 7).

7. Que exemplo nos deixou Daniel sobre como estudar as profecías? (Daniel 12:10) (Ver tamén a imaxe).

7 Daniel deixounos un moi bo exemplo de como podemos estudar as profecías. Investigou coa motivación correcta: coñecer a verdade. Tamén foi humilde. El sabía que Xehová lle axudaría a entender as profecías se o obedecía e se mantiña cerca del (Dn. 2:27, 28; le Daniel 12:10). Demostrou a súa humildade ó pedirlle axuda a Xehová (Dn. 2:18). Ademais, Daniel estudou en profundidade. Buscou a resposta ás súas preguntas nas partes da Biblia que estaban dispoñibles no seu tempo (Xer. 25:11, 12; Dn. 9:2). Como podes ti imitar a Daniel?

8. Por que estudan algúns as profecías da Biblia, pero que deberiamos facer nós?

8 Examina os teus motivos. Estudas as profecías da Biblia porque realmente queres saber a verdade? Se é así, Xehová axudarache (Xn. 4:23, 24; 14:16, 17, TNM). Pero, hai quen estuda a Biblia por outros motivos. Algúns fano porque queren buscar probas de que a Biblia non está inspirada por Deus. Pensan que se encontran estas probas estaría xustificado decidir por eles mesmos o que está ben e o que está mal e vivir segundo as súas propias normas. Pero é importante estudar coa motivación correcta. Ademais, para entender as profecías é necesario demostrar unha calidade moi importante.

9. Que calidade é necesaria para entender as profecías da Biblia? Explica a túa resposta.

9 Sé humilde. Xehová promete que axudará ós humildes (Sant. 4:6). Por iso, temos que orarlle para pedirlle que nos axude a entender as profecías da Biblia. Se somos humildes tamén recoñeceremos que necesitamos a axuda do criado fiel e prudente, a quen Xehová utiliza para darnos o alimento espiritual ó seu debido tempo (Lc. 12:42). Xehová é un Deus de orde. Así que é lóxico pensar que utilice unha única fonte para axudarnos a entender as verdades que contén a súa Palabra (1 Cor. 14:33; Ef. 4:4-6).

10. Que che ensina a experiencia de Esther?

10 Estuda en profundidade. Empeza estudando unha profecía que che chame a atención. Isto foi o que fixo unha irmá que se chama Esther. Ela quería saber máis acerca das profecías que falan da chegada do Mesías. “Cando tiña 15 anos” conta ela, “empecei a investigar as probas de que esas profecías se escribiran antes do tempo de Xesús”. O que aprendeu ó ler sobre os Rolos do mar Morto convenceuna. “Algúns deles escribíronse antes de Cristo”, e engade “así que está claro que as profecías que conteñen veñen de Deus”. Esther admite: “Algunhas cousas tiven que lelas varias veces para entendelas”. Aínda que tivo que esforzarse, sente que valeu a pena. Despois de estudar en profundidade moitas profecías da Biblia, ela recoñece: “Puiden ver por min mesma que a Biblia di a verdade!”.

11. Por que é bo estar seguro de que a Biblia di a verdade?

11 Ver como xa se cumpriron algunhas profecías da Palabra de Deus fai que confiemos plenamente en Xehová e na guía que recibimos del. Ademais, as profecías da Biblia falan da nosa esperanza para o futuro, así que estudalas axúdanos a manter un punto de vista positivo aínda cando pasamos por problemas. Imos analizar brevemente dúas profecías rexistradas por Daniel que se están cumprindo nos nosos días. Entendelas pode axudarnos a tomar boas decisións.

OS PÉS DE FERRO E BARRO. QUE REPRESENTAN E COMO CHE AFECTAN?

12. Que representan os pés de “ferro mesturado co barro”? (Daniel 2:41-43).

12 Le Daniel 2:41-43. No soño que Daniel interpretou para o rei Nabucodonosor, os pés da imaxe que viu o rei eran de “ferro mesturado co barro”. Ó comparar esta profecía con outras dos libros de Daniel e Apocalipse podemos chegar á conclusión de que os pés representan a alianza formada polo Reino Unido e Os Estados Unidos, que xuntas son a potencia mundial dominante nos nosos días. Falando sobre ela, Daniel di: “Unha parte do imperio será forte e outra parte será fráxil.” A que se refire cando di que unha parte sería fráxil? A que a xente común, representada polo barro, debilita a capacidade desta potencia mundial para actuar coa forza do ferro.b

13. Que verdades importantes aprendemos desta profecía?

13 Podemos aprender moitas verdades importantes da estatua que describiu Daniel e especialmente dos pés desta. Cales son? Primeira: a potencia mundial formada polo Reino Unido e Os Estados Unidos demostrou que é forte. Por exemplo, tivo un papel clave nas vitorias das dúas guerras mundiais. Pero, moitas veces o seu poder viuse debilitado debido a que os seus cidadáns loitan uns contra os outros e tamén contra o goberno. Segunda: esta potencia será a última en gobernar antes de que o Reino de Deus acabe con tódolos gobernos humanos. Aínda que outras nacións ás veces poidan desafiar esta potencia mundial, non a substituirán. Isto sabémolo porque “a pedra”, que representa o Reino de Deus, baterá contra os pés da estatua, é dicir, contra a potencia mundial formada polo Reino Unido e Os Estados Unidos (Dn. 2:34, 35, 44, 45).

14. Como che axuda a tomar boas decisións entender ben a profecía sobre os pés de ferro e barro?

14 Estás convencido de que a profecía de Daniel sobre os pés de ferro e barro é verdade? Se é así, isto notarase na túa maneira de vivir. Non buscarás seguridade nas cousas materiais que ofrece este mundo que está a punto de ser destruído (Lc. 12:16-21; 1 Xn. 2:15-17). Entender esta profecía tamén che axudará a darte conta do importante que é o labor de predicar e ensinar (Mt. 6:33; 28:18-20). Agora que acabamos de repasar brevemente esta profecía, pregúntate: “Demostran as miñas decisións que estou convencido de que pronto o Reino de Deus acabará con tódolos gobernos humanos?”.

“O REI DO NORTE” E “O REI DO SUR”. QUE REPRESENTAN E COMO CHE AFECTAN?

15. Quen son “o rei do norte” e “o rei do sur” hoxe en día? (Daniel 11:40, TNM).

15 Le Daniel 11:40, TNM. O capítulo 11 do libro de Daniel fala de dous reis, ou potencias políticas, que loitan entre si para dominar o mundo. Cando comparamos estas profecías con outras da Biblia podemos saber que “o rei do norte” é Rusia e os seus aliados e “o rei do sur” é a potencia mundial formada polo Reino Unido e Os Estados Unidos.c

Serie de imaxes: 1. Na parte superior vese o matrimonio da imaxe anterior, con esposas nas mans, de pé mirando ó ceo e na súa cara percíbese confianza. No fondo está a Casa Branca rusa e un mapa de Rusia. O exército está atacando con avións de combate, metralladoras e tanques. 2. Na parte inferior vese a irmá da imaxe anterior. Tamén está de pé mirando ó ceo e na súa cara percíbese confianza. No fondo está o Capitolio dos Estados Unidos e un mapa dos Estados Unidos de América e do Reino Unido. Un grupo de manifestantes moi enfadados camiñan. Atrás vense buques de guerra, tanques e avións de combate preparados para un ataque.

Cando somos conscientes de que a oposición que vén do “rei do norte” e do “rei do sur” cumpre as profecías da Biblia, fortalécese a nosa fe e estamos menos angustiados (ver os parágrafos 16 a 18).

16. Como trata “o rei do norte” o pobo de Deus?

16 Os servos de Deus que viven baixo o goberno do “rei do norte” están sendo perseguidos por el. Este “rei” está maltratando algunhas testemuñas de Xehová e meténdoas en prisión debido á súa fe. En vez de intimidar os nosos irmáns, a persecución do “rei do norte” está fortalecendo a súa confianza en Xehová e na súa Palabra. Por que? Porque eles saben que estes ataques ó pobo de Deus cumpren as profecías rexistradas por Daniel (Dn. 11:41, TNM).d Saber todo isto tamén pode axudarnos a nós a fortalecer a nosa esperanza e seguir séndolle fieis a Xehová.

17. A que desafíos se enfrontaron ó longo do tempo os servos de Deus que viven baixo o goberno do “rei do sur”?

17 No pasado “o rei do sur” tamén atacou directamente o pobo de Xehová. Por exemplo, durante a primeira metade do século XX, este “rei” meteu moitas testemuñas de Xehová no cárcere por manterse neutrais en asuntos políticos. Pola mesma razón, tamén botou das escolas algúns dos nosos rapaces. E máis recentemente, a lealdade dalgúns servos de Xehová que viven baixo o goberno deste “rei” púxose a proba de maneira máis sutil. De feito, durante as campañas electorais, pode que un cristián se sinta tentado a apoiar algún partido ou candidato político por encima doutro. Seguramente non chegue ó punto de votar, pero quizais na súa mente e no seu corazón sinta que un candidato ou partido político é mellor có outro. Que importante é que nos manteñamos totalmente neutrais tanto coas nosas accións coma cos nosos pensamentos e sentimentos (Xn. 15:18, 19; 18:36).

18. Que efecto ten en nós o conflito entre estes dous reis? (Ver tamén a imaxe).

18 Pode que os que non cren nas profecías da Biblia se poñan moi nerviosos cando ven “o rei do sur” loitar contra “o rei do norte” (Dn. 11:40, TNM). Os dous reis teñen suficiente armamento para acabar coa vida na Terra. Pero nós sabemos que Xehová non permitirá que iso suceda (Is. 45:18). Así que, en vez de facer que nos preocupemos polo futuro, o conflito entre “o rei do norte” e “o rei do sur” fortalece a nosa fe, xa que proba que o fin deste sistema está cerca.

SIGUE PRESTÁNDOLLES ATENCIÓN ÁS PROFECÍAS

19. Que deberiamos saber sobre as profecías da Biblia?

19 Non sabemos como se van cumprir algunhas das profecías da Biblia. Nin sequera o profeta Daniel entendeu o significado de todo o que escribiu (Dn. 12:8, 9). Pero que non entendamos exactamente como se vai cumprir unha profecía non significa que non se cumpra. Podemos estar seguros de que Xehová nos axudará a entender todo o que necesitamos ó seu debido tempo, tal e como fixo no pasado (Am. 3:7).

20. Que emocionantes profecías da Biblia se cumprirán dentro de pouco, e que deberiamos seguir facendo?

20 As nacións proclamarán “paz e seguridade” (1 Tes. 5:3). Despois diso, os gobernos do mundo atacarán e destruirán a relixión falsa (Ap. 17:16, 17). A continuación, virán contra o pobo de Deus (Ez. 38:18, 19). Estes sucesos farán que empece a guerra final de Harmaguedón (Ap. 16:14, 16). Temos a seguridade de que todo isto sucederá moi pronto. Ata entón, podemos seguir demostrando o agradecidos que estamos ó noso Pai celestial se prestamos moita atención ás profecías da Biblia e se axudamos a outros a facer o mesmo.

RECÓRDALO?

  • Por que debemos estudar as profecías da Biblia?

  • Como debemos estudar as profecías da Biblia?

  • Cales son algunhas das profecías que falan da potencia mundial formada polo Reino Unido e Os Estados Unidos e mais de Rusia e os seus aliados que xa vimos cumprirse?

CANCIÓN sjj 95 A luz non deixa de medrar

a Sen importar o mal que se poña a situación no mundo, podemos estar seguros de que nos espera un futuro feliz. Estudar as profecías da Biblia dános a seguridade de que vai ser así. Neste artigo analizaremos razóns específicas polas que deberiamos estudar as profecías da Biblia. Tamén imos considerar brevemente dúas delas rexistradas por Daniel e veremos como nos beneficia persoalmente entendelas ben.

b Mira o artigo “Jehová revela ‘las cosas que tienen que suceder dentro de poco’” de La Atalaya do 15 de xuño de 2012, parágrafos 7 a 9 (dispoñible en español).

c Mira o artigo “¿Quién es ‘el rey del norte’ hoy en día?” de La Atalaya de maio de 2020, parágrafos 3 e 4 (dispoñible en español).

d Mira o artigo “¿Quién es ‘el rey del norte’ hoy en día?” de La Atalaya de maio de 2020, parágrafos 7 a 9 (dispoñible en español).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir