IDEA PARA ESTUDAR
Ideas para o estudo persoal e a adoración en familia
Os servos de Xehová non só o adoramos en grupos grandes como, por exemplo, nas nosas reunións e congresos. Tamén o adoramos de forma individual e en familia. Neste artigo encontrarás algunhas suxestións para o teu estudo persoal e para a adoración en familia.
Prepara as reunións de congregación, ensaiando tamén as cancións. Se estudas en familia, podes axudar a tódolos membros a preparar un comentario.
Le un relato bíblico. Despois, podes facer un debuxo dalgunha parte do relato ou escribir algo que aprendeses del.
Analiza algunha das oracións que se encontran na Biblia e pensa en como che pode axudar a mellorar as túas.
Mira un dos vídeos de jw.org e coméntao con outros ou escribe algunhas das ideas que che gustasen del.
Prepárate para a predicación. Podes incluír unha sesión de práctica.
Observa a creación e reflexiona nela ou comenta con outros o que che ensina sobre Xehová.a
a Mira o artigo “Aprende máis de Xehová a través da creación” de A Atalaia de marzo de 2023.