BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w24 agosto páxs. 2-6
  • O que fixo Xehová para rescatar os humanos do pecado e da morte

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • O que fixo Xehová para rescatar os humanos do pecado e da morte
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • QUE FIXO XEHOVÁ PARA DARNOS UNHA ESPERANZA ÓS SERES HUMANOS?
  • QUE FACÍAN AS PERSOAS EN TEMPOS BÍBLICOS PARA AGRADARLLE A DEUS A PESAR DE SER IMPERFECTOS?
  • QUE FIXO XESÚS PARA RESCATAR A HUMANIDADE?
  • Que nos ensina o rescate?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Por que agradecemos o perdón de Xehová
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Que cousas boas temos grazas ó amor de Xehová?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Sexamos humildes e aceptemos que hai cousas que non sabemos
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
w24 agosto páxs. 2-6

ARTIGO DE ESTUDO 31

CANCIÓN sjj 12 Xehová, o noso gran Deus

O que fixo Xehová para rescatar os humanos do pecado e da morte

“De tal xeito amou Deus o mundo, que lle deu o seu Fillo Unixénito” (XOÁN 3:16).

OBXECTIVO

Ver que fixo Xehová para axudarnos a loitar contra o pecado e para darnos a posibilidade de vencer o pecado e vivir para sempre.

1, 2. a) Que é o pecado, e como podemos vencelo? (Mira tamén a “IDEA IMPORTANTE”). b) Que imos analizar neste e nos seguintes artigos deste número da revista A Atalaia? (Mira tamén a “Nota para o lector” neste número).

GUSTARÍACHE saber canto te ama Xehová? Unha boa maneira de descubrilo é estudando o que fixo para salvarte do pecado e da morte. O pecado é un inimigo terrible ó que ningún de nós pode vencer por si mesmo.a Tódolos seres humanos pecamos cada día, somos imperfectos e por iso morremos (Rom. 5:12). Pero hai boas noticias: estamos totalmente convencidos de que podemos vencer o pecado coa axuda de Xehová.

2 Xehová leva uns 6000 anos axudándolles ós humanos a loitar contra o pecado. Por que? Porque nos quere moitísimo. Dende que nos creou sente un profundo amor por nós, e por iso estivo disposto a facer cousas impresionantes para axudarnos nesta loita. Deus sabe que o pecado leva á morte e non quere que ningún de nós morra, senón que desexa que vivamos para sempre (Rom. 6:23). E tamén quere iso para ti! Neste artigo responderemos tres preguntas: 1) Que fixo Xehová para darnos unha esperanza ós seres humanos? 2) Que facían os seres humanos en tempos bíblicos para agradarlle a Xehová a pesar de ser imperfectos? 3) Que fixo Xesús para rescatar a humanidade do pecado e da morte?

QUE FIXO XEHOVÁ PARA DARNOS UNHA ESPERANZA ÓS SERES HUMANOS?

3. Como chegaron a ser pecadores Adán e Eva?

3 Cando Xehová creou a Adán e Eva, quería que fosen felices. Por iso lles deu un bonito fogar, o regalo do matrimonio e a emocionante tarefa de encher o planeta de persoas e facer que toda a Terra fose un paraíso coma o xardín de Edén. Só lles prohibiu unha cousa e advertiulles que, se decidían desobedecelo, morrerían. E xa sabemos o que pasou. Un espírito malvado, que non lles tiña ningún amor nin a Xehová nin a eles, entrou en escena e tentounos para que pecasen. Adán e Eva, en vez de confiar no seu amoroso Pai, fixéronlle caso a el e pecaron. Como non podía ser doutra maneira, sucedeu o que Xehová dixo que pasaría. A partir dese día tiveron que enfrontarse ás consecuencias: empezaron a facerse maiores e finalmente morreron (Xén. 1:28, 29; 2:8, 9, 16-18; 3:1-6, 17-19, 24; 5:5).

4. Por que odia Xehová o pecado, e por que nos axuda a loitar contra el? (Romanos 8:20, 21).

4 Todo este relato é moi triste, pero Xehová púxoo na Biblia para que entendamos algo moi importante: por que odia tanto o pecado. O pecado sepáranos do noso Pai e lévanos á morte (Is. 59:2). Esa é precisamente a razón pola que aquel anxo rebelde, Satanás, ama o pecado, pola que tentou a Adán e Eva e pola que nos segue tentando a nós. Quizais pensou que no xardín de Edén conseguira unha gran vitoria. Pero non entendía o profundo que é o amor de Xehová. Deus nunca cambiou o propósito que tiña para os descendentes de Adán e Eva. El ama os seres humanos e por iso lles ofreceu unha esperanza de inmediato (le Romanos 8:20, 21). Sabía que algúns decidirían amalo e buscarían a súa axuda para loitar contra o pecado. E Xehová, como Creador e Pai bo que é, faría posible que eles se acercasen a el e vencesen o pecado e a morte. Como o faría?

5. Cando lles ofreceu Xehová o primeiro raio de esperanza ós seres humanos, e como o fixo? (Xénese 3:15).

5 Le Xénese 3:15. O primeiro raio de esperanza viuse cando Xehová ditou a súa sentenza contra Satanás. Deus falou dunha “liñaxe”, ou descendencia, que sería moi importante porque, co tempo, esmagaría a Satanás e solucionaría tódolos problemas que el causou no xardín de Edén (1 Xoán 3:8). Pero, esa Descendencia tería que sufrir porque Satanás feriríaa causándolle a morte. Iso doeríalle a Xehová no máis profundo do seu corazón. Pero Xehová decidiu que toda esa dor merecería a pena porque así millóns de seres humanos salvaríanse do pecado e da morte.

QUE FACÍAN AS PERSOAS EN TEMPOS BÍBLICOS PARA AGRADARLLE A DEUS A PESAR DE SER IMPERFECTOS?

6. Que fixeron homes de fe como Abel e Noé para acercarse a Xehová?

6 Como poderían os seres humanos imperfectos acercarse a Xehová? El foino aclarando pouco a pouco ó longo dos séculos. Despois da rebelión de Adán e Eva, o primeiro ser humano que tivo fe en Xehová foi o segundo fillo deles, Abel. El amaba a Xehová, e quería agradarlle e acercarse a el. Por iso decidiu facer un sacrificio. Como era pastor, colleu varios cordeiros e ofreceullos a Xehová. E que fixo Deus? El mirou “con bos ollos para Abel e para a súa ofrenda” (Xén. 4:4). Máis adiante, tamén aprobou sacrificios parecidos que lle fixeron persoas que o amaban e confiaban nel, como por exemplo Noé (Xén. 8:20, 21). Isto mostrou que os humanos, a pesar de ser imperfectos, podían agradarlle e acercarse a el.b

7. Que aprendemos grazas a que Abrahán estivo disposto a sacrificar o seu fillo?

7 Xehová pediulle a Abrahán, outro home de gran fe, que fixese algo extremadamente difícil: sacrificar o seu propio fillo, Isaac. Seguro que esta petición lle pareceu moi dolorosa a Abrahán. Aínda así, estivo disposto a obedecer. Cando estaba a punto de facelo, Xehová detívoo. O seu exemplo ensínalles algo moi importante a tódalas persoas de fe: Xehová estaría disposto a sacrificar o seu querido Fillo polo enorme amor que lles ten ós seres humanos (Xén. 22:1-18).

8. Que mostraron os sacrificios que se facían baixo a Lei de Moisés? (Levítico 4:27-29; 17:11).

8 Séculos despois, cando Xehová lles deu a Lei ós israelitas, díxolles que tiñan que sacrificar animais para que os seus pecados fosen perdoados (le Levítico 4:27-29; 17:11). Eses sacrificios mostraron que Xehová ofrecería un sacrificio que sería moito mellor, porque salvaría por completo a humanidade do pecado. Deus fixo que os profetas explicasen que a Descendencia prometida, que resultou ser un fillo de Deus moi especial, tería que sufrir e morrer. Sería similar a unha ovella ofrecida como sacrificio (Is. 53:1-12). Pensa nisto: Xehová entregaría o seu querido Fillo como sacrificio para salvar do pecado e da morte a tódolos seres humanos, incluído ti.

QUE FIXO XESÚS PARA RESCATAR A HUMANIDADE?

9. Que revelou Xoán o Bautista? (Hebreos 9:22; 10:1-4, 12).

9 No ano 29 n. e., Xoán o Bautista viu a Xesús de Nazaret e dixo: “¡Velaí o Año de Deus, o que arrinca o pecado do mundo!” (Xoán 1:29). Desta maneira revelou que Xesús era a Descendencia que Deus prometera. Xesús ofrecería a súa vida como sacrificio. Por fin os humanos imperfectos tiñan unha esperanza segura de vencer por completo o pecado e a morte (le Hebreos 9:22; 10:1-4, 12).

10. Como demostrou Xesús que veu a chamar pecadores?

10 Xesús prestáballes especial atención ós que se sentían moi mal porque eran pecadores, e invitábaos a seguilo. Sabía que o pecado é a verdadeira raíz do sufrimento de tódolos humanos. Por iso tomaba a iniciativa de acercarse a homes e mulleres que tiñan a reputación de ser pecadores. De feito, el mesmo puxo este exemplo: “Os que están sans non necesitan un médico, pero os enfermos si”. E engadiu: “Non vin para chamar os xustos, senón os pecadores” (Mat. 9:12, 13). E iso foi xusto o que fixo. Por exemplo, con moita bondade perdoou os pecados da muller que lle lavou os pés coas súas lágrimas (Luc. 7:37-50). E, aínda que sabía que a samaritana do pozo levaba unha vida inmoral, ensinoulle valiosas verdades espirituais (Xoán 4:7, 17-19, 25, 26). Xehová incluso lle deu ó seu Fillo o poder de resucitar homes, mulleres e nenos, e así vencer a consecuencia final do pecado, que é a morte (Mat. 11:5).

11. Por que se sentían os pecadores cómodos con Xesús?

11 Ata as persoas que cometían pecados graves sentíanse cómodas con Xesús. E non nos estraña que quixesen acercarse a el, porque as trataba con empatía e compaixón (Luc. 15:1, 2). Ademais, felicitábaas e recompensábaas por mostrar que tiñan fe nel (Luc. 19:1-10). Xesús imitou á perfección a misericordia de seu Pai (Xoán 14:9). Coas súas palabras e accións, mostrounos que Xehová nos ama e é moi compasivo, e que quere axudarnos a vencer o pecado. Xesús facía que os pecadores sentisen o desexo de cambiar e quixesen seguilo (Luc. 5:27, 28).

12. Que ensinou Xesús sobre a súa propia morte?

12 Xesús sabía moi ben o que lle esperaba. En varias ocasións díxolles ós seus seguidores que ía ser traizoado e executado nun madeiro (Mat. 17:22; 20:18, 19). Tamén sabía que o seu sacrificio quitaría o pecado do mundo, tal e como proclamaran Xoán o Bautista e os profetas. Ademais, ensinou que despois de morrer atraería a el todo tipo de persoas (Xoán 12:32). Os que puxesen fe en Xesús e seguisen os seus pasos poderían agradarlle a Xehová e ser “liberados do pecado” por fin (Rom. 6:14, 18, 22; Xoán 8:32). Para logralo, Xesús foi valente e estivo disposto a sufrir unha morte terrible (Xoán 10:17, 18).

13. Como morreu Xesús, e que nos ensina a súa morte sobre Xehová? (Ver tamén a imaxe).

13 Xesús foi traizoado, arrestado, insultado, calumniado, condenado e ata torturado. Por último, uns soldados cravárono a un madeiro para executalo. Xesús aguantou fielmente todo ese sufrimento, e a Xehová doeulle aínda máis ver o que lle estaba pasando ó seu Fillo. A pesar de que o amaba moitísimo e de que o seu poder é infinito, decidiu non intervir. Por que? Por amor. Xesús dixo: “De tal xeito amou Deus o mundo, que lle deu o seu Fillo Unixénito, para que todo o que cre nel non se perda, senón que teña vida eterna” (Xoán 3:16).

Serie de imaxes: 1. Xesús cunha coroa de espiños. 2. Coas súas mans atadas a un poste, recibindo lategazos. 3. Cargando co seu madeiro de tortura mentres outras persoas o observan. 4. Está colgado nun madeiro de tortura entre dous delincuentes mentres outros o están insultando.

Para liberarnos do pecado e da morte, Xehová estivo disposto a sufrir unha dor inimaxinable permitindo que o seu Fillo fose executado (ver o parágrafo 13).


14. Que che ensina a ti o sacrificio de Xesús?

14 O sacrificio de Xesús é a maior proba que existe do moito que nos quere Xehová a tódolos descendentes de Adán e Eva. E tamén demostra o moito que te quere a ti. Non te impresiona pensar en todo o que Deus estivo disposto a sacrificar e a sufrir para salvarte do pecado e da morte? (1 Xoán 4:9, 10). El quere axudarnos a todos e cada un de nós a loitar contra o pecado e a vencelo.

15. Que debemos facer para beneficiarnos do sacrificio de Xesús?

15 O sacrificio do seu Fillo unixénito é un regalo de Deus que fai posible que os nosos pecados sexan perdoados. Pero é necesario que nós fagamos algo. O que? Tanto Xoán o Bautista coma Xesucristo explicárono ó dicir: “Arrepentídevos, porque o Reino dos ceos xa está cerca” (Mat. 3:1, 2; 4:17). Así que, se de verdade queremos loitar contra o pecado e acercarnos ó noso cariñoso Pai, é imprescindible que nos arrepintamos. Pero, que significa arrepentirse e como nos axuda a agradarlle a Xehová aínda sendo imperfectos? Analizaremos este asunto no seguinte artigo.

QUE RESPONDERÍAS?

  • Que fixo Xehová para darnos unha esperanza ós seres humanos?

  • Que mostraron os sacrificios que se facían baixo a Lei de Moisés?

  • Que fixo Xesús para rescatar a humanidade do pecado e da morte?

CANCIÓN sjj 18 Grazas polo rescate

a IDEA IMPORTANTE: Na Biblia, a palabra pecado non sempre se refire ó mesmo. Por exemplo, cometer un pecado é facer algo que Xehová di que está mal ou non facer algo que Xehová manda que fagamos. Pero tamén se lle chama pecado á imperfección que herdamos de Adán. Este pecado herdado é o motivo polo que todos nós morremos.

b Xehová aceptou os sacrificios que lle ofrecían aqueles humanos fieis porque sabía que, tempo despois, Xesucristo sacrificaría a súa vida e así salvaría por completo do pecado e da morte a tódolos seres humanos (Rom. 3:25).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir