BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w24 setembro páx. 19
  • Preguntas dos lectores

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Preguntas dos lectores
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • Información relacionada
  • A última cea de Xesús
    Aprendamos das historias da Biblia
  • A Cea do Señor: unha celebración que honra a Deus
    Que ensina realmente a Biblia?
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
w24 setembro páx. 19
Xesús instituíndo a Cea do Señor cos seus fieis apóstolos.

Preguntas dos lectores

Cando Xesús instituíu a Cea do Señor, onde estaban os 70 discípulos que el enviara a predicar? Abandonárano?

O feito de que os 70 discípulos non estivesen presentes cando Xesús instituíu a Cea do Señor non significa que Xesús os rechazase ou que eles o abandonasen. Naquela ocasión, simplemente quixo estar cos seus apóstolos.

Tanto os 12 coma os 70 eran discípulos de Xesús. Entre todos eles, Xesús escolleu primeiro a 12 homes, ós que chamou apóstolos (Luc. 6:12-16). El estaba en Galilea cando “reuniu os Doce” e os enviou “a predicar o Reino de Deus e a curar os enfermos” (Luc. 9:1-6). Máis tarde, en Xudea, “escolleu outros 70 discípulos e mandounos de dous en dous” (Luc. 9:51; 10:1). Así que Xesús tiña seguidores en diferentes lugares nos que se estaba predicando a súa mensaxe.

Os xudeus que se fixeran discípulos de Xesús aínda seguirían celebrando a Pascua cada ano, probablemente coas súas familias (Éx. 12:6-11, 17-20). Pouco antes da súa morte, Xesús e os seus apóstolos foron a Xerusalén. Pero non lles pediu a tódolos seus discípulos de Xudea, Galilea e Perea que viñesen celebrar a Pascua con eles. Está claro que, nesta ocasión, Xesús quería estar só cos seus apóstolos. El díxolles: “Cantas ganas tiña de comer con vós esta Pascua, antes de que empece o meu sufrimento!” (Luc. 22:15).

Había unha razón de moito peso para isto. Xesús estaba a punto de morrer coma “o Año de Deus, o que arrinca o pecado do mundo” (Xoán 1:29). Isto tería lugar en Xerusalén, onde se fixeran sacrificios a Deus durante moito tempo. O año da Pascua recordáballes ós israelitas que Xehová os liberara de Exipto. Pero co seu sacrificio, Xesús conseguiría moito máis: liberaría toda a humanidade do pecado e da morte (1 Cor. 5:7, 8). O que el fixo tamén permitiría que os 12 apóstolos se convertesen en parte dos fundamentos da congregación cristiá (Ef. 2:20-22). Tamén é interesante que o libro da Apocalipse di que Xerusalén, a cidade santa, ten “doce alicerces” que levan escritos os “doce nomes, que son os dos doce Apóstoles do Año” (Apoc. 21:10-14). Así que os apóstolos fieis ían ter un papel moi importante no cumprimento do propósito de Deus. Por iso é comprensible que Xesús quixese telos ó seu lado para celebrar esa última Pascua e para o que ía suceder xusto despois: a Cea do Señor.

Os 70 e os demais discípulos non estiveron naquela cea con Xesús. Aínda así, tódolos que se mantivesen fieis beneficiaríanse da Cea do Señor. Os que co tempo chegasen a ser cristiáns unxidos entrarían no pacto para un reino que Xesús lles mencionou ós seus apóstolos aquela noite (Luc. 22:29, 30).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir