BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w25 setembro páxs. 2-7
  • Pídelles axuda ós anciáns

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Pídelles axuda ós anciáns
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • CANDO DEBERIAMOS PEDIRLLES AXUDA ÓS ANCIÁNS?
  • POR QUE DEBEMOS PEDIRLLES AXUDA ÓS ANCIÁNS?
  • COMO NOS AXUDAN OS ANCIÁNS?
  • A RESPONSABILIDADE QUE TEMOS CADA UN
  • Como se lles mostra amor e misericordia ós que cometen un pecado grave
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • Como está organizada a congregación
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Estaste esforzando por servir como ancián?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • Pastores que se esforzan por axudar ó pobo de Xehová
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
w25 setembro páxs. 2-7

ARTIGO DE ESTUDO 36

CANCIÓN sjj 103 Os anciáns son un regalo de Deus

Pídelles axuda ós anciáns

“Faga trae-los anciáns da comunidade [ou congregación]” (SANT. 5:14).

OBXECTIVO

Ver por que é importante pedirlles axuda ós anciáns cando a necesitamos.

1. Como demostrou Xehová que os seus servos son moi valiosos para el?

XEHOVÁ quere moito a tódolos que o serven e preocúpase por eles igual que un pastor polas súas ovellas. Comprounos co sangue de Xesús e encargoulles ós anciáns de congregación que coidasen deles (Feit. 20:28). Deus quere que as súas ovellas sexan tratadas con cariño. Baixo a dirección de Xesús, os anciáns axúdanlles a seguir manténdose fieis a Xehová (Is. 32:1, 2).

2. Por quen se preocupa especialmente Xehová? (Ezequiel 34:15, 16).

2 Xehová preocúpase moito por tódalas súas ovellas, pero coida de maneira especial das que están sufrindo. Algunhas pode ser que estean sufrindo porque cometeron errores, e Xehová usa os anciáns para axudarlles (le Ezequiel 34:15, 16). El quere que busquemos esa axuda cando a necesitemos. Neses momentos, ademais de pedirlle en oración a Xehová que nos dea apoio, debemos falar cos “pastores e mestres” da congregación (Ef. 4:11, 12).

3. Por que é bo para todos analizar o que fan os anciáns?

3 Neste artigo, aprenderemos máis sobre como usa Xehová os anciáns para darnos axuda espiritual. Responderemos estas preguntas: Cando debemos pedirlles axuda ós anciáns? Por que deberiamos facelo? E, como nos axudan? Quizais a nosa relación con Xehová é moi forte agora, e pode ser que non necesitemos a axuda dos anciáns. Pero este artigo fará que esteamos máis agradecidos pola maneira na que Xehová usa estes homes e ensinaranos que facer cando necesitemos a súa axuda.

CANDO DEBERIAMOS PEDIRLLES AXUDA ÓS ANCIÁNS?

4. Por que sabemos que Santiago 5:14-16, 19, 20 está falando de alguén que necesita reparar a súa relación con Xehová? (Ver tamén as imaxes).

4 O discípulo Santiago explicou como usa Xehová os anciáns para axudarnos. El dixo: “¿Algún de vós ten unha doenza? Faga trae-los anciáns da comunidade [ou congregación]” (le Santiago 5:14-16, 19, 20). O contexto móstranos que aquí Santiago estase referindo a alguén que necesita reparar a súa relación con Xehová. Por exemplo, dille ó enfermo que chame os anciáns e non a un doutor. Ademais, explica que a persoa enferma recuperará a saúde cando os seus pecados sexan perdoados. En certo sentido, os pasos necesarios para que alguén repare a súa relación con Xehová son parecidos ós pasos a seguir para curar unha enfermidade. Cando estamos enfermos fisicamente, imos ó médico, explicámoslle os síntomas que temos e seguimos as súas instrucións. De maneira parecida, se necesitamos axuda para acercarnos a Xehová de novo, debemos falar cos anciáns, contarlles o noso problema e despois seguir os seus consellos baseados na Biblia.

Serie de imaxes: 1. Un home explicándolle a un doutor o problema que ten no ombro. 2. Un irmán explicándolle a súa situación a un ancián mentres están sentados nun banco dun parque.

Cando estamos enfermos fisicamente imos ó médico. Cando estamos enfermos espiritualmente debemos falar cos anciáns (ver o parágrafo 4).


5. Como podemos saber se se debilitou a nosa amizade con Xehová?

5 No capítulo 5, Santiago anímanos a falar cos anciáns sempre que nos pareza que estamos empezando a perder a nosa boa amizade con Xehová. E, sobre todo, é moi importante que fagamos isto antes de chegar a danar seriamente esta relación! A Biblia advírtenos de que, se non temos coidado, podemos pensar que temos unha boa amizade con Xehová cando en realidade non a temos (Sant. 1:22). Isto é o que lles pasaba a algúns cristiáns de Sardes, pero Xesús advertiulles do estado da súa espiritualidade (Apoc. 3:1, 2). Unha maneira na que podemos comprobar como está a nosa saúde espiritual é comparando o entusiasmo que temos na nosa adoración agora co que tiñamos antes (Apoc. 2:4, 5). Poderiamos preguntarnos: “Desfruto tanto coma antes de ler a Biblia e meditar nela? Só me preparo algunhas reunións e non vou a todas? Sigo desfrutando de predicar, ou prefiro pasar o tempo facendo outras cousas?”. As respostas a algunhas destas preguntas poden ser un indicativo de que a nosa relación con Xehová non é tan forte como debería ser e de que irá a peor se non facemos nada. Se non somos capaces de fortalecer a nosa relación con Xehová por nós mesmos, ou se xa fixemos algo que el non aproba, debemos pedirlles axuda ós anciáns.

6. Que debería facer unha persoa que cometeu un pecado grave?

6 Algúns pecados son tan serios que se a persoa non se arrepinte ten que ser sacada da congregación. Se cometemos algún destes pecados deberiamos falar cun ancián (1 Cor. 5:11-13). Calquera que cometa un pecado grave necesita axuda para reparar a súa relación con Xehová. El perdoará os nosos pecados só se demostramos que nos arrepentimos de verdade (Feit. 26:20). E unha maneira de demostralo é falando cun ancián se cometemos un pecado grave.

7. Quen máis debería pedirlles axuda ós anciáns?

7 Os anciáns non só axudan a aqueles que cometeron un pecado grave, senón tamén ós que están débiles espiritualmente (Feit. 20:35). Por exemplo, pode ser que teñas medo de estar perdendo na túa batalla contra os malos desexos. Isto pode ser especialmente difícil se antes de coñecer a verdade tiñas unha adicción ás drogas, vías pornografía ou levabas unha vida inmoral. Pero non tes por que seguir loitando ti só, podes falar cun ancián co que te sintas cómodo. El escoitarate, explicarache os cambios que podes facer para seguir loitando contra os malos desexos e recordarache que Xehová estará moi feliz se continúas obedecéndoo (Ecl. 4:12). Se te desanimas na túa loita, os anciáns recordaranche que Xehová está contento porque pediches axuda. Iso demostra que non confiaches nas túas propias forzas e que te preocupas polos sentimentos de Xehová (1 Cor. 10:12).

8. Temos que falar cos anciáns sobre calquera error que cometamos? Explica a túa resposta.

8 Non é necesario que falemos cos anciáns sobre cada error que cometamos. Por exemplo, imaxina que dis algo que fire os sentimentos dun irmán ou dunha irmá, ou incluso que te chegas a enfadar moito. En vez de falar cun ancián, podes seguir o consello de Xesús e falar con quen ofendiches para pedirlle perdón (Mat. 5:23, 24). Tamén poderías estudar as nosas publicacións para aprender como ser máis amable, paciente e como ter máis autocontrol. De todas formas, se aínda así necesitas axuda, podes pedirlla a un ancián. Na súa carta ós filipenses, o apóstolo Paulo pediulle a un irmán da congregación que axudase a Evodia e a Síntique a resolver as súas diferenzas. Da mesma maneira, un ancián da túa congregación tamén podería axudarche (Filip. 4:2, 3).

POR QUE DEBEMOS PEDIRLLES AXUDA ÓS ANCIÁNS?

9. Por que deberiamos pedirlles axuda ós anciáns aínda que nos dea vergonza? (Proverbios 28:13).

9 Necesitamos fe e valor para pedir axuda cando cometemos un pecado grave ou cando sentimos que non podemos loitar máis contra os malos desexos. Incluso se nos dá vergonza, debemos falar cos anciáns. Por que? Porque Xehová deunos os anciáns para axudarnos a ter unha amizade forte con el. Así que, cando falamos con eles demostramos que confiamos en Deus, que o obedecemos e que necesitamos a súa axuda para seguir facendo o que está ben (Sal. 94:18). E se cometemos un pecado, podemos estar seguros de que Xehová nos perdoará se lles confesamos ós anciáns o que fixemos e deixamos de facer o que está mal (le Proverbios 28:13).

10. Que pode pasar se intentamos ocultar os nosos pecados?

10 Cando lles confesamos ós anciáns os nosos pecados, Xehová perdóanos e podemos volver a ter unha boa relación con el. Pero se non falamos con eles, sufriremos aínda máis. Cando o rei David intentou ocultar os seus pecados sufriu moito espiritual, emocional e fisicamente (Sal. 32:3-5). Igual que unha enfermidade física ou unha ferida, un problema espiritual a miúdo empeora se non o tratamos. Xehová sábeo e por iso invítanos a que “arranxemos as cousas” entre el e nós usando o medio que estableceu para que nos curemos espiritualmente (Is. 1:5, 6; 1:18, TNM).

11. Como podería afectarlles a outros que ocultemos un pecado grave?

11 Intentar ocultar un pecado grave pode afectar a outros. Podemos entorpecer a paz dos nosos irmáns e o fluxo de espírito santo na congregación (Ef. 4:30). Por outro lado, se sabemos que alguén da congregación cometeu un pecado grave, recordemos que escondelo tamén nos fai culpables (Lev. 5:1). Así que debemos animalo a que llelo conte ós anciáns. Se vemos que non o fai despois dun tempo razoable, o noso amor e lealdade a Xehová debería motivarnos a dar un paso adiante e contar a verdade. Cando facemos isto, protexemos os irmáns da congregación e axudamos a quen pecou a volver a ter unha boa amizade con Xehová.

COMO NOS AXUDAN OS ANCIÁNS?

12. Como axudan os anciáns ós que están débiles espiritualmente?

12 A Biblia dilles ós anciáns que teñen que axudar a quen necesita reparar a súa amizade con Xehová (1 Tes. 5:14). Se cometiches un pecado, é posible que os anciáns che fagan preguntas para entender o que pensas e sentes (Prov. 20:5). Aínda que non che sexa fácil falar con eles, se cadra porque es tímido ou porque estás avergonzado polo que fixeches, podes axudarlles se lles explicas polo que estás pasando. Non te preocupes por se co que dis dás a impresión de estar falando sen pensar (Xob 6:3). Os anciáns non te xulgarán precipitadamente polo que digas. Máis ben, escoitarante con atención para coñecer tódolos feitos antes de darche consello (Prov. 18:13). Entenden que leva tempo darlle a alguén a axuda necesaria, así que son conscientes de que quizais necesites falar máis dunha vez con eles para recibir a axuda que necesitas.

13. Como poden axudarnos os anciáns coas súas oracións e consellos baseados na Biblia? (Ver tamén as imaxes).

13 Os anciáns non queren que te sintas peor do que xa te sentes. En vez diso, orarán por ti. Verás como te sorprende o incrible efecto que poden ter as súas oracións. Tamén che axudarán poñéndote “aceite no nome do Señor” (Sant. 5:14-16). Este aceite refírese á verdade que contén a Palabra de Deus. Polo que os anciáns analizarán versículos da Biblia contigo que te poidan animar e axudar a recuperar a túa amizade con Xehová (Is. 57:18). Os consellos bíblicos que compartan contigo poden fortalecer a túa determinación a facer o que está ben. A través deles escoitarás a voz de Xehová dicíndote: “Este é o vieiro, [camiña] por el” (Is. 30:21).

Serie de imaxes: 1. O doutor da anterior imaxe examina o ombro do home. Hai unha radiografía do ombro na parede. 2. O ancián da anterior imaxe e outro ancián usan a Biblia para animar o irmán na súa casa. O irmán escoita moi contento o que lle din.

Os anciáns usan a Biblia para consolarnos e animarnos (ver os parágrafos 13 e 14).


14. Segundo Gálatas 6:1, como axudan os anciáns a quen dá “un paso en falso”? (Ver tamén as imaxes).

14 Le Gálatas 6:1. Cando un cristián dá “un paso en falso” non está facendo o que Xehová quere que faga. Este paso en falso pode referirse a tomar unha mala decisión ou cometer un pecado grave. Como os anciáns queren a ese irmán, “[intentarán] corrixilo demostrando un espírito apracible”. A palabra grega que aquí se traduce como corrixir usábase para describir como un doutor recoloca un óso roto para que cure ben. Igual que un bo doutor intenta facer isto provocando a menor dor posible, os anciáns tamén se esforzan por curarnos espiritualmente sen facernos máis dano. Por outro lado, tamén se lles di que “cada un estea pendente de si mesmo”. Polo que cando axudan a alguén a aplicar os consellos da Biblia, sempre recordan que eles tamén comenten errores. Así que terán moito coidado de non pensar que son mellores ou máis xustos que a persoa que están aconsellando. En vez diso, serán humildes e compasivos (1 Ped. 3:8).

15. Que debemos facer se temos un problema?

15 Podemos confiar nos nosos anciáns de congregación. Xehová deulles a instrución de manter en privado os nosos asuntos confidenciais, de basear os seus consellos na Biblia en vez de nas súas opinións e de seguir axudándonos a levar as nosas cargas (Prov. 11:13; Gál. 6:2). Cada un ten a súa personalidade e experiencia, pero podemos sentirnos libres de comentarlle a calquera deles o noso problema. Por suposto, non iremos pasando dun a outro pedíndolles consello esperando que algún deles nos diga o que queremos escoitar. Se o fixésemos seriamos coma os que lles gusta que “lles agarimen [ou regalen] os oídos” en vez de que lles digan o que Xehová ensina na súa Palabra (2 Tim. 4:3). Cando lle contamos a un ancián un problema, quizais nos pregunte se xa falamos con outros antes e que consello nos deron. Ademais, movido pola modestia, este ancián talvez lle pida consello a outro primeiro (Prov. 13:10).

A RESPONSABILIDADE QUE TEMOS CADA UN

16. Que responsabilidade temos?

16 Os anciáns dannos consello e axúdannos cando temos problemas, pero non nos din o que temos que facer. Cada un de nós ten a responsabilidade de demostrarlle a Xehová co que fai e di na súa vida diaria que o quere e está decidido a facelo feliz (Rom. 14:12). Coa súa axuda poderemos tomar boas decisións e manternos fieis a el. Así que, en vez de dicirnos como debemos actuar, os anciáns usan a Biblia para axudarnos a entender como ve Xehová o asunto e déixannos tomar a nosa propia decisión. Ó seguir os seus consellos baseados na Biblia, poderemos mellorar a nosa “capacidade de discernimento” para tomar boas decisións (Heb. 5:14, TNM).

17. Que quere Xehová que fagamos?

17 Que gran privilexio temos de ser as ovellas de Xehová! El mandou a Xesús, “o pastor excelente”, a pagar o rescate para que puidésemos ter a oportunidade de vivir para sempre (Xoán 10:11). Xehová deunos os anciáns para que coidasen de nós nas congregacións tal e como prometeu cando dixo: “Dareivos pastores que actúen de acordo coa miña vontade, e eles alimentaranvos con coñecemento e entendemento” (Xer. 3:15, TNM). Se estamos enfermos ou débiles espiritualmente, non debemos dubidar en pedirlles axuda ós anciáns. Así veremos o ben que os usa Xehová para axudarnos.

QUE RESPONDERÍAS?

  • Cando debemos pedirlles axuda ós anciáns?

  • Por que debemos pedirlles axuda ós anciáns?

  • Como nos axudan os anciáns?

CANCIÓN sn 26 Anda con Deus

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir