BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwbq artigo 178
  • Quen foi Xoán Bautista?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Quen foi Xoán Bautista?
  • Preguntas sobre a Biblia
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • O que di a Biblia
  • Que fixo tan especial a Xoán Bautista?
  • Quen eran os pais de Xoán Bautista?
  • Quen foi o culpable da morte de Xoán Bautista?
  • Eran rivais Xoán Bautista e Xesús?
  • Xoán prepara o camiño para o Mesías
    Aprendamos das historias da Biblia
Preguntas sobre a Biblia
ijwbq artigo 178
Xoán Bautista bautizando un home no río.

Quen foi Xoán Bautista?

O que di a Biblia

Xoán Bautista foi un profeta de Deus que naceu pouco antes que Xesús (Lucas 1:76). Deus encargoulle que preparase o camiño para o Mesías ou Cristo. Como o fixo? Predicoulles a mensaxe de Deus ós xudeus para que volvesen a carón de Xehová (Marcos 1:1-4; Lucas 1:13, 16, 17).

A mensaxe de Xoán axudoulles ás persoas sinceras a recoñecer que Xesús de Nazaret era o Mesías prometido (Mateo 11:10). Ademais, animounas a arrepentirse dos seus pecados e a bautizarse como proba do seu arrepentimento (Lucas 3:3-6). A Xoán chámaselle Bautista ou Batista porque bautizou a moita xente. O bautismo máis importante que fixo foi o de Xesúsa (Marcos 1:9).

Neste artigo veremos o seguinte:

  • Que fixo tan especial a Xoán Bautista?

  • Quen eran os pais de Xoán Bautista?

  • Quen foi o culpable da morte de Xoán Bautista?

  • Eran rivais Xoán Bautista e Xesús?

  • Cantos homes que se chamaban Xoán menciona a Biblia?

Que fixo tan especial a Xoán Bautista?

O seu labor xa estaba predito: Coa mensaxe que el predicou, Xoán cumpriu a profecía sobre o mensaxeiro de Xehová (Malaquías 3:1; Mateo 3:1-3). Demostrou ser a persoa que prepararía “un pobo ben disposto para o Señor”, é dicir, axudoulles ós xudeus a estar preparados para aceptar a mensaxe de Xesucristo, o representante principal de Deus (Lucas 1:17).

O que logrou na súa vida: Xesús dixo que “non naceu de muller ninguén meirande ca Xoán Batista, aínda que o máis pequeno no Reino dos Ceos é meirande ca el” (Mateo 11:11). Ningún servo de Deus antes ca el pode ser considerado maior, porque Xoán non foi só un profeta, senón que tamén foi o “mensaxeiro” predito. Estas palabras de Xesús tamén mostran que Xoán non estará no Reino de Deus no ceob. Este fiel profeta morreu antes de que Xesús fixera posible que as persoas foran ó ceo (Hebreos 10:19, 20). Aínda así, Xoán vai ser un dos cidadáns do Reino de Deus coa esperanza de vivir para sempre na terra feita un paraíso (Salmo 37:29; Lucas 23:43).

Quen eran os pais de Xoán Bautista?

Os pais de Xoán chamábanse Zacarías e Isabel. Zacarías foi un sacerdote xudeu. O nacemento de Xoán foi un milagre porque os seus pais xa estaban “moi entrados en anos” e ademais a súa nai era estéril (Lucas 1:5-7, 13).

Quen foi o culpable da morte de Xoán Bautista?

O rei Herodes Antipas mandou decapitar a Xoán instigado pola súa muller Herodías. Por que? Xoán dixéralle a Herodes que o seu matrimonio non era legal baixo a lei xudía, por iso Herodías odiábao (Mateo 14:1-12; Marcos 6:16-19).

Eran rivais Xoán Bautista e Xesús?

Non hai nada na Biblia que o indique (Xoán 3:25-30). De feito, Xoán recoñeceu que a súa responsabilidade era preparar o camiño para o Mesías, non competir con el. E mesmo dixo: “Vin eu bautizar con auga: para mostralo a Israel”, e engadiu: “É o Fillo de Deus” (Xoán 1:26-34). Por iso Xoán estaba moi feliz ó escoitar o ben que ía a predicación de Xesús.

a Xesús “non fixo pecado” (1 Pedro 2:21, 22). Así que non se bautizou porque se tivese que arrepentir de algo, senón para demostrar que quería facer a vontade de Deus, o que incluía dar a súa vida por nós (Hebreos 10:7-10).

b Ver o artigo: “¿Quiénes van al cielo?”.

Cantos homes que se chamaban Xoán menciona a Biblia?

A Biblia fala de cinco homes que se chamaban Xoán:

  1. 1. Xoán Bautista, fillo de Zacarías e Isabel (Marcos 1:4; Lucas 1:57-60).

  2. 2. Xoán, o pai do apóstolo Pedro (Xoán 1:42).

  3. 3. O apóstolo Xoán, fillo de Zebedeo (Mateo 10:2). Este apóstolo escribiu o Evanxeo de Xoán, as cartas Primeira, Segunda e Terceira de Xoán e o libro de Apocalipse.

  4. 4. Xoán, tamén chamado Marcos, quen escribiu o evanxeo de Marcos (Feitos 12:12).

  5. 5. Un gobernante xudeu, probablemente parente do sacerdote principal Anás (Feitos 4:6).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir