BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwfq artigo 61
  • Que uso lles dan as Testemuñas de Xehová ás doazóns?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Que uso lles dan as Testemuñas de Xehová ás doazóns?
  • Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Algunhas das nosas actividades
  • Unha ofrenda a Xehová
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2018)
  • Como se financia a nosa obra mundial?
    Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
  • Dámoslle grazas a Xehová polo amor que demostras
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
  • A abundancia duns remedia a carencia doutros
    Como se usan as túas doazóns
Ver máis
Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
ijwfq artigo 61
Unha colaxe: Varios labores relixiosos e humanitarios que realizan as testemuñas de Xehová financiados coas doazóns. 1. Testemuñas de Xehová construíndo unha Sala de Reunións. 2. Unha testemuña de Xehová que serve como voluntario en labores humanitarias entrégalle unhas botellas de auga a unha muller. 3. Unha testemuña de Xehová fala cunha muller sobre un tema do folleto “Desfruta da vida para sempre!” preto dun expositor portátil

Que uso lles dan as Testemuñas de Xehová ás doazóns?

Grazas ás doazóns, podemos apoiar os labores relixiosos e humanitarios da nosa organización. Realizamos estes labores como parte do noso obxectivo principal: axudarlles ás persoas a chegar a ser discípulos de Xesucristo (Mateo 28:19, 20).

Nunca usamos as doazóns para enriquecer a ninguén. Non lles pagamos ós nosos anciáns, nin a ningún dos nosos ministros relixiosos. Tampouco non cobramos ningún soldo por ir predicar de casa en casa. As persoas que traballan nas nosas sucursais e mais na nosa sede central, incluídos os que compoñen o Consello Reitor, son membros dunha orde relixiosa e non reciben ningún salario.

Algunhas das nosas actividades

  • Publicacións. Cada ano traducimos, imprimimos, enviamos e distribuímos millóns de Biblias e outras publicacións cristiás sen cobrar nada por elas. Ademais, o sitio web jw.org e a aplicación JW Library fan que as nosas publicacións estean dispoñibles de xeito gratuíto e sen ningún anuncio con fins comerciais.

    Unha testemuña de Xehová traballando nunha imprenta. Revisa a calidade dunha Biblia que se acaba de imprimir
  • Construción e mantemento. Construímos e mantemos en bo estado os nosos lugares de culto por todo o mundo. Isto permite que as nosas congregacións dispoñan de lugares sinxelos e dignos onde xuntarse para louvar a Deus. Tamén construímos e coidamos das sucursais e das oficinas de tradución. A maior parte deste traballo realízano voluntarios, o que axuda a reducir os gastos.

    Unha testemuña de Xehová instala uns andamios fóra dun edificio que se usa para adorar a Deus
  • Administración. As actividades da nosa sede central, sucursais e oficinas de tradución, así como as tarefas doutros voluntarios que teñen que viaxar, fináncianse grazas ás doazóns recibidas para a nosa obra mundial.

    Unha testemuña de Xehová traballando nun escritorio, facendo tarefas administrativas
  • Predicación. As testemuñas de Xehová non cobran por ir predicar as boas noticias nin por ensinar a outros acerca da mensaxe da Biblia (2 Corintios 2:17). Non obstante, igual cós cristiáns do primeiro século, contamos con algúns ministros capacitados que dedican a maior parte do seu tempo a participar en actividades relacionadas coa predicación, e que reciben unha pequena axuda económica para as necesidades básicas da vida e do fogar (Filipenses 4:16, 17; 1 Timoteo 5:17, 18).

    Un matrimonio de testemuñas de Xehová predicando. Móstranlle un vídeo baseado na Biblia a un home
  • Ensinanza. Os gastos dos nosos congresos cóbrense grazas ás doazóns. Ademais, producimos programas de audio e vídeo baseados na Biblia. Tamén organizamos cursos para capacitar os anciáns e os servos a tempo completo para que sexan máis eficaces ó atender as súas responsabilidades.

    Uns asistentes a un congreso ven un vídeo nun gran estadio
  • Axuda humanitaria. Proporcionamos comida, auga e vivenda ós que sofren polos desastres naturais ou os causados polo ser humano. Estes labores humanitarios non só benefician “ós nosos irmáns na fe”, senón tamén ós que non son testemuñas de Xehová (Gálatas 6:10).

    Varias testemuñas de Xehová preparan uns palés con subministros de axuda humanitaria dentro dun almacén
    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir