BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwbq artigo 66
  • É real o inferno? Segundo a Biblia, que é o inferno?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • É real o inferno? Segundo a Biblia, que é o inferno?
  • Preguntas sobre a Biblia
  • Subtítulos
  • O que di a Biblia
  • É o inferno un lugar de sufrimento eterno?
  • Que significa a parábola do home rico e Lázaro que contou Xesús?
  • Representa o inferno estar separado de Deus?
  • Volveu alguén do inferno?
Preguntas sobre a Biblia
ijwbq artigo 66
Unha imaxe relixiosa mostra xente sufrindo no inferno.

É real o inferno? Segundo a Biblia, que é o inferno?

O que di a Biblia

Algunhas traducións antigas da Biblia, como a Scío de San Miguel e a AGL usan a palabra inferno nalgúns versículos (Salmo 16:10, TNM [15:10, Scío]; Feitos 2:27, TNMa). Como mostra a imaxe relixiosa deste artigo, moita xente cree que o inferno é un lugar de lume eterno onde se castiga as persoas malas. Pero é iso o que ensina a Biblia?

Neste artigo veremos o seguinte:

  • É o inferno un lugar de sufrimento eterno?

  • Que significa a parábola do home rico e Lázaro que contou Xesús?

  • Representa o inferno estar separado de Deus?

  • Volveu alguén do inferno?

  • Versículos da Biblia sobre o inferno ou a Tumba

  • Os termos bíblicos no idioma orixinal

  • A orixe da ensinanza do inferno

É o inferno un lugar de sufrimento eterno?

Non. Os termos orixinais traducidos como inferno nalgunhas traducións antigas da Biblia (en hebreo, Xeol; en grego, Hades) refírense á Tumba, é dicir, o lugar simbólico onde descansan os mortos. A Biblia amosa que as persoas que están na Tumba simplemente xa non existen.

  • Os mortos non están conscientes nin senten dor. “No habrá obra y pensamiento, y conocimiento y sabiduría a donde tú vas” (Eclesiastés 9:10, Jünemann). O inferno non está cheo de gritos de dor. É máis, a Biblia di: “Que los malvados pasen vergüenza, que queden callados en la tumba” [“infierno”, La Biblia del Oso] (Salmo 31:17, Nueva Traducción Viviente [31:18, La Biblia del Oso]; 115:17).

  • Deus dixo que o castigo polo pecado é a morte, non o inferno. Deus díxolle a Adam, o primeiro home, que o castigo por incumprir a súa lei sería a morte (Xénese 2:17). Non dixo nada sobre un tormento eterno no inferno. Máis tarde, despois de que Adam pecara, Deus díxolle cal sería o seu castigo: “Ti es po e ó po tes que volver” (Xénese 3:19). É dicir, Adam deixaría de existir. Se Deus realmente estivese enviando a Adam ó inferno, ben seguro que o mencionaría. Deus non cambiou o castigo por desobedecer as súas leis. Moito tempo despois de que Adam pecara, Deus inspirou un escritor da Biblia para que dixese: “O xornal do pecado é a morte” (Romanos 6:23). Non é necesario un castigo maior pois “o que morre queda liberado do pecado” (Romanos 6:7).

  • A idea dun tormento eterno é algo detestable para Deus (Xeremías 32:35). Esta idea contradí a ensinanza da Biblia de que “Deus é amor” (1 Xoán 4:8). Quere que o adoremos polo moito que lle queremos, non por medo a un tormento eterno (Mateo 22:36-38).

  • Persoas boas foron ó inferno. As Biblias que usan a palabra inferno ou Xeol indican que homes fieis, como Xacob e Xob, esperaban ir ó inferno (Xénese 37:35, TNM; Xob 14:13). Din tamén que Xesucristo estivo no inferno entre o tempo da súa morte e da súa resurrección (Feitos 2:31, 32, AGL). Polo tanto, cando nestas Biblias se usa a palabra inferno, simplemente refírese á Tumba.b

Que significa a parábola do home rico e Lázaro que contou Xesús?

Xesús foi quen usou esta parábola que atopamos en Lucas 16:19-31. As parábolas son ilustracións que nos ensinan leccións morais ou espirituais. A parábola do home rico e Lázaro non é unha historia real (Mateo 13:34). Para saber máis acerca desta historia, podes ler o artigo “Quen era o home rico e Lázaro?”.

Representa o inferno estar separado de Deus?

Non. A doutrina que ensina que os mortos poden decatarse de que non teñen unha relación con Deus, contradí a Biblia. A Palabra de Deus ensina claramente que os mortos non son conscientes de nada (Salmo 146:3, 4, TNM; Eclesiastés 9:5).

Volveu alguén do inferno?

Si. A Biblia dá detalles de como nove persoas foron á Tumba (traducido como inferno nalgunhas Biblias) e de como foron resucitadas.c Se cando estiveron no inferno fosen conscientes do seu entorno, poderían falar sobre o que experimentaron alí. Pero é moi interesante como ningún dos nove mencionou que foran torturados nin que lles sucedera ningunha outra cousa. Por que? Tal e como nos ensina a Biblia, non estaban conscientes. Era coma se estivesen nun “sono” profundo (Xoán 11:11-14; 1 Corintios 15:3-6, TNM).

a Algunhas traducións modernas en galego e español, non usan a palabra inferno en Feitos 2:27. Algunhas usan “el sepulcro” (Nueva Versión Internacional, Dios habla hoy), “sitio dos mortos” (SEPT) o “los muertos” (Biblia del nuevo milenio, Nueva Traducción Viviente). Outras simplemente fan a transliteración da palabra grega como “Hades” (Novo Testamento de Manuel Casado Nieto).

b Ver o recadro “Os termos bíblicos no idioma orixinal”.

c Ver 1 Reis 17:17-24; 2 Reis 4:32-37; 13:20, 21; Mateo 28:5, 6; Lucas 7:11-17; 8:40-56; Xoán 11:38-44; Feitos 9:36-42; 20:7-12.

Versículos da Biblia sobre o inferno ou a Tumba

Xob 14:13: “Oxalá me escondeses na Tumba [“en el infierno”, Scío, Biblia Americana San Jerónimo, Jünemann] [...]! Oxalá me fixases un prazo para acordarte de min!” (TNM).

Significado: Xob sabía que o inferno, ou a Tumba, podería acabar co seu sufrimento e que Deus podería sacalo de alí de volta á vida.

Salmo 145:20: “Garda o Señor a tódolos que o aman i aniquilará a tódolos impíos” (Libro dos Salmos).

Significado: Deus non manterá con vida no inferno os malvados senón que os destruirá para sempre.

Eclesiastés 9:10: “Non hai actividade nin plans nin coñecemento nin sabedoría na Tumba [“el infierno”, Jünemann], o lugar onde vas” (TNM).

Significado: As persoas que están na Tumba, ou no inferno, non están conscientes nin sufrindo. Ademais, as palabras deste escritor da Biblia tamén ían dirixidas a boas persoas.

Feitos 2:31: “Véndoo dende lonxe falou do rexurdimento do Cristo, porque nin sería abandoado nos infernos” (AGL).

Significado: Xesucristo foi ó inferno, ou á Tumba, cando morreu.

Romanos 6:23: “Pois o xornal do pecado é a morte”.

Significado: A morte, e non o tormento no inferno, é o castigo polo pecado.

Apocalipse 20:13: “A morte e o inferno devolveron tamén os mortos que iles retiñan” (AGL).

Significado: As persoas que están no inferno están mortas. Volverán a vivir grazas á resurrección.

Apocalipse 20:14: “Logo a morte e o inferno foron chimpados ó lago do fogo” (AGL).

Significado: Cando o inferno, ou a Tumba, quede baleiro mediante a resurrección, será destruído para sempre coma se o queimasen no lume. Daquela, o resultado do pecado de Adam, que é a morte, deixará de existir (Romanos 5:12).

Os termos bíblicos no idioma orixinal

Como vemos na seguinte lista, algúns tradutores da Biblia confundiron a xente utilizando a palabra inferno, en lugar dos termos bíblicos no idioma orixinal que teñen distintos significados. Nalgúns casos, parece ser que quixeron fomentar a idea de que os malvados serían torturados para sempre e non destruídos.

  • Xeol (en hebreo שְׁאוֹל), Hades (en grego ᾅδης)

    Significado: O lugar simbólico onde descansan os mortos (Salmo 16:10, Libro dos Salmos; Feitos 2:31, Novo Testamento de Manuel Casado Nietod).

    Outras traducións: morte (SEPT); cova, inferno (AGL).

  • Guehenna (en grego γέεννα)

    Significado: Destrución eterna (Mateo 5:30, TNM).

    Outras traducións: Guehenna (SEPT); inferno (SEPT, AGL).

  • Tártaro (en grego ταρταρόω)

    Significado: A condición humillante dos demos, que son criaturas espirituais malvadas (2 Pedro 2:4).

    Outras traducións: Tártaro (Novo Testamento de Manuel Casado Nieto); inferno (SEPT).

  • Apoleia (en grego ἀπώλεια)

    Significado: Destrución (Mateo 7:13, TNM).

    Outras traducións: Destrucción; infierno (Nueva Traducción Viviente).

A orixe da ensinanza do inferno

Orixe pagá: Os antigos exipcios crían nun inferno. O libro El libro del Amduat, que os historiadores sitúan no século XVI a. n. e. describe os que caeron “no foxo de lume” e dilles: “Non escaparedes [das chamas]. Non o evitaredes” (The Egyptian Heaven and Hell [O ceo e o inferno exipcios]).

Non era unha ensinanza dos primeiros cristiáns: “No N[ovo] T[estamento] non atopamos que as chamas do inferno formen parte da predicación dos primeiros cristiáns” (A Dictionary of Christian Theology [Dicionario de teoloxía cristiá]).

Mesturouse coa filosofía grega: A Encyclopædia Britannica di: “Dende mediados do século II da nosa era, algúns cristiáns educados na filosofía grega, comezaron a sentir a necesidade de expresar as súas crenzas nos termos desta [...]. A filosofía máis axeitada foi o platonismo [a ensinanza de Platón]”. Entre esas ensinanzas estaba a do tormento eterno despois da morte. “De todos los filósofos griegos de la época clásica, Platón es quien más ha influido en el pensamiento tradicional sobre el infierno” (Historia de los infiernos).

Servía de escusa para torturar á xente: Nos días da Inquisición española, dicíase que queimaban os herexes na fogueira para que morresen “sufriendo por anticipado los tormentos del infierno” coa esperanza de que se arrepentiran antes de morrer (La Inquisición, el lado oscuro de la iglesia). Do mesmo xeito, a raíña María I de Inglaterra queimou na fogueira uns 300 protestantes. Dicía que “se as almas dos herexes van arder eternamente no inferno, non hai nada malo en que imite a vinganza divina e os mande a fogueira aquí na Terra” (Universal History [Historia universal]).

Cambios modernos: Algúns grupos relixiosos suavizaron as súas ensinanzas sobre o inferno, aparentemente porque prefiren contentar os seus membros máis que rexeitar unha ensinanza falsa (2 Timoteo 4:3). O profesor Jackson W. Carroll comenta: “As persoas queren un Deus que sexa cariñoso e tenro [...]. É contrario á cultura actual falar do pecado e da culpa”.

d Novo Testamento: Feitos dos Apóstolos, Epístolas de San Paulo, Epístolas Católicas, Apocalipsis de San Xoan. Versión galega de Manuel Casado Nieto. Barcelona, Ediciones Saturno, Vento que Zoa, 1974.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir