BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwbq artigo 79
  • É o Reino de Deus algo que temos no corazón?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • É o Reino de Deus algo que temos no corazón?
  • Preguntas sobre a Biblia
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • O que di a Biblia
  • A verdade sobre o Reino de Deus
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2020
  • Que é o Reino de Deus?
    Que nos ensina a Biblia?
  • Que é o Reino de Deus?
    Que ensina realmente a Biblia?
  • Que é o Reino de Deus?
    Deus ten boas noticias!
Ver máis
Preguntas sobre a Biblia
ijwbq artigo 79
Figura dun corpo humano, dentro do cal non pode existir un goberno literal.

É o Reino de Deus algo que temos no corazón?

O que di a Biblia

Non, o Reino de Deus non é simplemente algo que estea no corazón dos cristiáns.a A Biblia indica onde está ese goberno ó chamarlle “o Reino dos Ceos” (Mateo 4:17). Vexamos como demostra a Biblia que é un goberno real e que xa está gobernando dende os ceos.

  • O Reino de Deus ten gobernantes, súbditos, leis e autoridade para establecer a vontade de Deus no ceo e na Terra (Mateo 6:10; Apocalipse 5:10).

  • O Reino de Deus gobernará sobre “tódolos pobos, nacións e linguas” da Terra (Daniel 7:13, 14). Non é un goberno escollido pola xente, foi Deus quen lle deu autoridade para gobernar sobre a humanidade (Salmo 2:4-6; Isaías 9:6 [9:7, TNM]).

  • Xesús díxolles ós seus apóstolos fieis que gobernarían con el no Reino dos ceos e que sentarían en tronos (Lucas 22:28, 30).

  • O Reino de Deus ten inimigos, ós que vai destruír (Salmo 2:1, 2, 8, 9; 110:1, 2; 1 Corintios 15:25, 26).

Polo tanto, a Biblia non ensina que o Reino de Deus goberne a través dos nosos corazóns. O que si ensina é que a “Palabra do Reino”, ou a “Boa Nova do Reino”, pode e debe influír no noso corazón (Mateo 13:19; 24:14).

A que se refire a Biblia cando di que o Reino de Deus “está en vos mesmos”?

Algunhas traducións da Biblia traducen Lucas 17:21 coas palabras: “O Reiño de Deus mais ben está en vos mesmos” (O Novo Testamento, Avelino Gómez Ledo). Por iso algunhas persoas pensan que ese Reino é algo que temos no corazón. Pero, para entender ben este versículo temos que analizar o contexto.

Algúns dos líderes relixiosos que se opoñían a Xesús.

É evidente que o Reino de Deus non estaba nos corazóns dos homes que querían matar a Xesús

Xesús estaba a falarlles ós fariseos, un grupo de líderes relixiosos que se opoñían a el e mesmo planeaban matalo (Mateo 12:14; Lucas 17:20). Pensas que ten sentido dicir que aqueles homes crueis tiñan o Reino de Deus no seu corazón? Non, de feito Xesús díxolles: “Por dentro estades cheos de hipocresía e inxustiza” (Mateo 23:27, 28).

Outras traducións aclaran o significado das palabras de Xesús rexistradas en Lucas 17:21. Por exemplo, A Biblia, SEPT di: “O Reino de Deus xa está entre vós” (cursivas nosas). O Reino dos ceos estaba “entre” os fariseos no sentido de que Xesús, que era o rei escollido polo seu Pai para gobernar ese Reino, estaba alí entre eles (Lucas 1:32, 33).

a Moitas relixións que din ser cristiás ensinan que o Reino de Deus está dentro das persoas ou no seu corazón. Por exemplo, a Convención de Bautistas do Sur, unha confesión protestante dos Estados Unidos, declara que o Reino de Deus é en parte “o reinado de Deus no corazón e na vida da persoa”. E no seu libro Jesús de Nazaret, o papa Benedicto XVI dixo: “O Reino de Deus chega a través do corazón que escoita. Ese é o seu camiño”.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir