BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwbq artigo 102
  • Son os xogos de azar un pecado?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Son os xogos de azar un pecado?
  • Preguntas sobre a Biblia
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • O que di a Biblia
  • O xogo por diñeiro
    Despertade! (2015)
Preguntas sobre a Biblia
ijwbq artigo 102
Un xogador comprobando o seu boleto de lotería mentres se anuncia a combinación gañadora na televisión.

Son os xogos de azar un pecado?

O que di a Biblia

Aínda que a Biblia non fala deste asunto polo miúdo, os seus principios axúdannos a entender que Deus ve os xogos por diñeiro coma un pecado (Efesios 5:17)a.

  • Este tipo de xogo está motivado pola cobiza, algo que Deus odia (1 Corintios 6:9, 10; Efesios 5:3, 5). Os xogadores queren gañar os cartos que outros perden, pero a Biblia condena cobizar as cousas doutras persoas (Éxodo 20:17; Romanos 7:7; 13:9, 10).

  • Xogar por diñeiro, aínda que sexan cantidades pequenas, pode facer que creza en nós o amor polos cartos, un sentimento moi prexudicial (1 Timoteo 6:9, 10).

  • A miúdo, os xogadores cren na sorte ou nas supersticións. En cambio, Deus ve estas crenzas coma unha forma de idolatría. E iso é incompatible con adoralo a el (Isaías 65:11, nota).

  • A Biblia anímanos a traballar duro, máis ben que a conseguir diñeiro fácil (Eclesiastés 2:24; Efesios 4:28). As persoas que seguen os consellos da Palabra de Deus poden “[comer] o que ganen por elas mesmas” (2 Tesalonicenses 3:10, 12, TNM).

  • Os xogos de azar poden espertar en nós un espírito competitivo que a Biblia non aproba (Gálatas 5:26).

a Os xogos de azar só se mencionan na Biblia cando os soldados romanos botaron sortes para quedar coa roupa de Xesús (Mateo 27:35; Xoán 19:23, 24).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir