Nota
b Tértulo agradeceulle a Félix a gran paz da que desfrutaba a nación grazas a el. Pero a verdade é que o período no que gobernou Félix foi máis violento que o de calquera outro gobernador romano, excepto cando os xudeus se rebelaron. Tampouco era certo que os xudeus sentisen unha “inmensa gratitude” polas reformas que fixera Félix. De feito a maioría dos xudeus odiaban a Félix porque o culpaban de que as súas vidas fosen miserables e pola súa brutalidade ó parar as revoltas (Feit. 24:2, 3).