Nota
a O martes 4 de abril de 2023, millóns de persoas por todo o mundo celebrarán a Conmemoración da morte de Cristo. Para moitos será a primeira vez. Tamén irán algúns que deixaron de servir a Xehová e que non asisten dende hai anos. Outros terán que vencer grandes obstáculos para poder ir. Sen importar cales sexan as túas circunstancias, podes estar seguro de que a Xehová lle agradará moito ver que te esforzaches por estar presente nesta ocasión.