21-27 DE XULLO
PROVERBIOS 23
Canción sjj 97 e oración | Comentarios de introdución (1 min)
1. Consellos sabios sobre o alcohol
(10 min)
Se decides beber alcohol, non bebas demasiado (Pr 23:20, 21; lff lección 43 punto 2).
Non esquezas os malos efectos de emborracharse (Pr 23:29, 30, 33-35; it-1 páx. 367).
Non te deixes enganar, o alcohol non é inofensivo (Pr 23:31, 32).
2. Xoias espirituais
(10 min)
Pr 23:21. Que diferenza hai entre alguén que é larpeiro, ou que lle gusta comer en exceso, e alguén que ten obesidade? (w04 1/11 páx. 31 par. 2)
Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?
3. Lectura da Biblia
(4 min) Pr 23:1-24 (th aspecto da oratoria 5).
4. Comeza conversas
(2 min) PREDICACIÓN PÚBLICA. (lmd lección 3 punto 5)
5. Cultiva o interese
(5 min) DE CASA EN CASA. Móstralle á persoa como é un curso da Biblia (lmd lección 9 punto 5).
6. Fai discípulos
(5 min) Anima a un estudante que está loitando por deixar de facer algo que non lle gusta a Xehová (lmd lección 12 punto 4).
Canción sjj 35
7. Debería poñer alcohol?
(8 min) Discurso con comentarios do auditorio.
Debería poñer alcohol alguén que organiza unha xuntanza ou un evento como, por exemplo, unha voda? Esta é unha decisión persoal, pero hai que tomala con coidado despois de reflexionar nalgúns principios bíblicos e tendo en conta as circunstancias.
Pon o VÍDEO Debería poñer alcohol?, e a continuación fai as seguintes preguntas:
Cando teñas invitados, como che poden axudar os seguintes principios bíblicos a decidir se vas poñer alcohol ou non?
Xn 2:9. Xesús converteu auga en viño nunha voda.
1Co 6:10. Os borrachos non “herdarán o Reino de Deus”.
1Co 10:31, 32. “Tanto que comades, como que bebades, [...] facédeo todo para gloria de Deus. Non sexades tropezo”.
Que outras cousas deberías ter en conta?
Por que deberiamos usar a nosa “capacidade de razoar” para entender como aplicar diferentes principios bíblicos e así tomar boas decisións? Rm 12:1, TNM; Ecl 7:16-18.
8. Asuntos locais
(7 min)
9. Estudo bíblico de congregación
(30 min) lfb capítulo 2, introdución á sección 2 e capítulo 3.