BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 49
  • Como podes ter unha familia feliz? (Parte 1)

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como podes ter unha familia feliz? (Parte 1)
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • O matrimonio é un agasallo de Deus
    Continúa no amor de Deus
  • Que di a Biblia sobre o matrimonio?
    Preguntas sobre a Biblia
  • Como ter unha familia feliz?
    Que nos ensina a Biblia?
  • Como ter un matrimonio feliz
    Continúa no amor de Deus
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 49
Lección 49. Un matrimonio novo mirando para dous velliños que levan moitos anos felizmente casados.

LECCIÓN 49

Como podes ter unha familia feliz? (Parte 1)

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

Os que acaban de casar esperan que a felicidade que senten o día da súa voda dure para sempre. E pode ser así. Os cristiáns que levan casados moitos anos e que se esforzaron por aplicar os consellos da Biblia saben que isto é posible.

1. Que consello lles dá a Biblia ós homes?

Xehová nomeou o home cabeza de familia (le Efesios 5:23). E espera que tome decisións que a beneficien. A Biblia dilles ós homes: “Amade as vosas mulleres” (Efesios 5:25). Que quere dicir isto? Que un marido cariñoso trata a súa muller con amabilidade, tanto na casa como en público. Protéxea de calquera dano e fai todo o posible por coidar das súas necesidades físicas e emocionais (1 Timoteo 5:8). Pero sobre todo, toma a iniciativa en atender as súas necesidades espirituais (Mateo 4:4). Por exemplo, pode orar e ler a Biblia con ela. Cando o home coida da súa muller con amor, mantén a amizade que hai entre el e Xehová (le 1 Pedro 3:7).

2. Que consello lles dá a Biblia ás mulleres?

A Palabra de Deus di: “A muller, que respecte ó seu marido” (Efesios 5:33). Como pode facelo? Pode pensar nas boas calidades do seu home e nos esforzos que fai por coidar dela e dos nenos. Tamén pode demostrar respecto apoiando as decisións que el toma e sendo amable cando fala con el e cando lles fala del a outros, mesmo se o seu home non adora a Xehová.

3. Como pode unha parella fortalecer o seu matrimonio?

A Biblia di que os casados “serán os dous unha soa carne” (Mateo 19:5). Iso significa que deben loitar contra calquera cousa que os poida ir apartando o un do outro. Para iso deben pasar tempo xuntos a miúdo e contarse os seus pensamentos e sentimentos con cariño e sinceridade. Non deixan que nada nin ninguén, excepto Xehová, sexa máis importante que a súa parella. E teñen moito coidado de non ter unha relación demasiado estreita con calquera outra persoa.

AFONDA MÁIS

Mira que principios da Biblia poden facer máis forte o teu matrimonio.

Un matrimonio colléndose das mans e mirándose ós ollos. Colaxe: Matrimonios felices estreitando a súa relación de diferentes maneiras. As escenas repítense ó longo da lección.

4. O home debe amar e coidar da súa muller

A Biblia di: “Así deben tamén os maridos ama-las súas mulleres coma os seus propios corpos” (Efesios 5:28, 29). Que significa iso? Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

VÍDEO: O home debe amar a súa muller como a si mesmo (9:53)

  • De que maneiras pode demostrar un home que ama e coida da súa muller?

Lede Colosenses 3:12 e logo comentade esta pregunta:

  • Como pode un home demostrar estas calidades no seu matrimonio?

Un home levándolle un té á súa muller que esta maliña na cama. Un home e unha muller xuntos lavando a louza. Un home e unha muller estudando xuntos a Biblia. Un home e a súa muller dando unha volta xuntos na bici. Un home e unha muller xuntos falando dun problema.

5. A muller debe amar e respectar o seu marido

A Biblia anima a muller a respectar o seu marido, tanto se este adora a Xehová como se non. Lede 1 Pedro 3:1, 2 e logo comentade estas preguntas:

  • Se o teu marido non adora a Xehová, seguro que che gustaría que o fixese. Que pensas que daría mellor resultado? Predicarlle seguido ou demostrar unha boa conduta e unha actitude respectuosa? Por que?

O marido e a muller poden tomar boas decisións xuntos. Pero, ás veces, poida que a muller non estea de acordo co seu home. Neses casos pode expresar o que pensa con calma e respecto. Pero debe ter en conta que Xehová lle deu ó seu home a responsabilidade de decidir o que é mellor para a familia. Ela debería facer todo o posible para apoiar a súa decisión. Así contribuirá a que toda a familia sexa feliz. Lede 1 Pedro 3:3-5 e logo comentade esta pregunta:

  • Como se sente Xehová cando a muller demostra que respecta o seu marido?

6. Podes superar os problemas no matrimonio

Ningún matrimonio é perfecto. Por iso as parellas teñen que traballar xuntas para superar os problemas. Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

VÍDEO: Como ter un matrimonio máis unido (5:44)

  • Que sinais demostraban que a parella do vídeo se estaba distanciando?

  • Que fixeron para fortalecer o seu matrimonio?

Lede 1 Corintios 10:24 e Colosenses 3:13. Despois de ler cada texto comentade esta pregunta:

  • Como pode axudar a fortalecer o matrimonio aplicar este consello?

A Biblia di que debemos estimarnos uns ós outros. Iso inclúe tratarnos con cariño e con respecto. Lede Romanos 12:10 e logo comentade estas preguntas:

  • Debería o home ou a muller esperar que a súa parella sexa quen dea o primeiro paso en demostrar cariño e respecto? Por que pensas así?

HAI QUEN DI: “A miña parella e mais eu xa non estamos tan unidos coma antes”.

  • Como lle explicarías que a Biblia pode axudalos?

RESUMO

O home e a muller poden ser felices cando se queren, se respectan e aplican os principios da Biblia.

Repaso

  • Que pode facer o home para que o seu matrimonio sexa máis feliz?

  • Que pode facer a muller para que o seu matrimonio sexa máis feliz?

  • Se estás casado, que principio bíblico podería axudarche a facer máis forte o teu matrimonio?

Intenta isto

INVESTIGA

Aprende consellos prácticos que poden axudarche a ter unha familia feliz.

A túa familia pode ser feliz (Folleto)

Mira un vídeo musical que destaca os beneficios de aplicar os consellos de Deus no matrimonio.

Namorado de ti (4:26)

Analiza que significa respectar a autoridade que ten o marido na familia.

“Por que debe a muller respectar o principio de autoridade?” (La Atalaya, 15 maio 2010)

Mira como conseguiu resolver os seus problemas unha parella que mesmo chegara a divorciarse.

Reconstruímos o noso matrimonio coa axuda de Deus (5:14)

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir