BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwbr22 marzo páxs. 1-8
  • Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades
  • Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades (2022)
  • Subtítulos
  • 7-13 DE MARZO
  • 14-20 DE MARZO
  • 21-27 DE MARZO
  • 28 DE MARZO–3 DE ABRIL
  • 4-10 DE ABRIL
  • 18-24 DE ABRIL
  • 25 DE ABRIL–1 DE MAIO
Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades (2022)
mwbr22 marzo páxs. 1-8

Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades

7-13 DE MARZO

TESOUROS DA BIBLIA | 1 SAMUEL 12-13

“A arrogancia leva á deshonra”

w00 1/8 páx. 13 par. 17

A arrogancia leva á deshonra

17 A primeira vista, as accións de Xaúl poderían parecer xustificables. Despois de todo, os israelitas “víronse en apuros ante a gran presión do inimigo”, e tremían debido á situación tan desesperada na que se atopaban (1 Sam. 13:6, 7, TNM). Por suposto, non está mal tomar a iniciativa cando as circunstancias o requiren. Non obstante, recordemos que Xehová pode ver o corazón e percibir os nosos motivos máis íntimos (1 Sam. 16:7). Polo tanto, debeu observar en Xaúl algunhas tendencias que o relato bíblico non especifica. Por exemplo, é posible que vise que detrás da impaciencia de Xaúl estaba o orgullo. Quizais lle molestaba moito que el, o rei de todo Israel, tivese que esperar a alguén a quen consideraba un profeta vello e lento. En todo caso, pensou que a tardanza de Samuel lle daba dereito a actuar pola súa conta e pasar por alto as instrucións específicas que recibira. Cal foi o resultado? Samuel non felicitou a Xaúl, máis ben reprendeuno dicindo: “Agora o teu reinado non se manterá. Xa que ti non obedecíche-las ordes do Señor” (1 Sam. 13:13, 14). Unha vez máis, a arrogancia levou á deshonra.

w07 15/6 páx. 27 par. 8

Xehová valora a nosa obediencia

8 O relato bíblico de Xaúl destaca o importante que é obedecer. Ó principio el foi un rei humilde e modesto e incluso se consideraba pouca cousa. Pero co tempo deixouse levar polo orgullo e unha forma de pensar equivocada (1 Sam. 10:21, 22; 15:17). Nunha ocasión, Xaúl tiña que enfrontarse ós filisteos no campo de batalla. Recibira instrucións de esperar a chegada de Samuel, quen ofrecería sacrificios a Xehová e lle indicaría que facer. Pero, ó ver que o profeta non viña e o pobo comezaba a dispersarse, “ofreceu el o holocausto”. Iso desagradoulle a Xehová. Cando finalmente chegou Samuel, o rei Xaúl xustificou a súa desobediencia dicindo que se vira obrigado a ofrecelo el mesmo debido á tardanza do profeta. Para Xaúl era máis importante ofrecer aquel sacrificio que obedecer as instrucións que recibira. Samuel díxolle que actuara coma un necio ó non obedecer o mandato que Xehová lle dera. A desobediencia levouno a perder o seu reino (1 Sam. 10:8; 13:5-7, TNM; 13:8-13).

(1 Samuel 13:5-7, TNM) Os filisteos tamén se xuntaron para atacar Israel. Tiñan 30.000 carros de guerra, 6000 xinetes e un exército tan numeroso coma os grans de area que hai á beira do mar. Subiron a Micmás, ó leste de Bet-Aven, e acamparon alí. 6 E os homes de Israel víronse en apuros ante a gran presión do inimigo. Así que se agocharon en covas, en foxos, en penedos, en lugares subterráneos e en cisternas. 7 Algúns hebreos incluso cruzaron o Xordán ata chegar á terra de Gad e de Galaad. Pero Xaúl aínda estaba en Guilgal, e tódolos que quedaron con el tremían de medo.

Xoias espirituais

w11 15/7 páx. 13 par. 15

Seguiremos a amorosa guía de Xehová?

15 Imaxinaban os israelitas que un rei visible sería máis real e de fiar que Xehová? Nese caso, estaban indo “detrás de vaidades” e corrían o perigo de perseguir outras moitas fantasías promovidas por Satanás. Os seus reis poderían levalos a adorar ídolos. Quen o fai comete o terrible erro de pensar que obxectos, como poden ser deuses de madeira ou pedra, son máis reais e dignos de confianza có Deus invisible Xehová, quen creou tódalas cousas. Pero o apóstolo Paulo explicou “que ningún ídolo existe de verdade” (1 Cor. 8:4). Non poden ver, oír, falar nin facer nada. Aínda que nós si que podemos velos e tocalos, se os adoramos en realidade estariamos indo detrás de algo irreal, unha fantasía que só nos levaría ó desastre (Sal. 115:4-8).

14-20 DE MARZO

TESOUROS DA BIBLIA | 1 SAMUEL 14-15

“A obediencia vale máis cós sacrificios”

w07 15/6 páx. 26 par. 4

Xehová valora a nosa obediencia

4 Como é o Creador, Xehová é dono de todo o que temos. Entón, hai algo que lle poidamos dar? Si, podemos darlle algo moi valioso. De que se trata? Podemos atopar a resposta lendo as seguintes palabras que El mesmo nos di: “Meu fillo, faime feliz sendo sabio, e terei resposta que dar a quen me aldraxe” (Pr. 27:11). Así que, podemos darlle a Deus a nosa obediencia. Aínda que todos temos circunstancias e orixes diferentes, se somos obedientes, cada un de nós pode responder a cruel mentira do Demo de que os humanos non somos leais a Deus cando nos enfrontamos a dificultades. Que honor tan grande!

it-2 páx. 513 par. 5

Obediencia

Non hai substituto para a obediencia. De feito, é imprescindible para conseguir o favor de Xehová. O profeta Samuel díxolle a Xaúl: “¿Quere o Señor holocaustos e sacrificios ou prefire que o obedezan [forma de xamá]? Certamente a obediencia [literalmente “escoitar”] vale máis cós sacrificios, a docilidade, máis có lardo dos carneiros” (1 Sam. 15:22). Non obedecer equivale a rexeitar a palabra de Xehová. Quen desobedece demostra que en realidade non cre, non confía e non ten fe en Xehová nin no que el di. Non sería moi distinto de quen practica adiviñación ou usa ídolos (1 Sam. 15:23; comparar con Romanos 6:16). Dicir que imos obedecer non vale de nada se despois non obramos en consecuencia. Isto demostraría que en realidade non cremos nin respectamos a quen nos dá esas instrucións (Mt. 21:28-32). Os que se conforman con oír e aceptar o que di a Palabra de Deus, pero non fan o que esta pide, estanse a enganar a si mesmos con razoamentos falsos e non recibirán ningunha bendición (Sant. 1:22-25). O fillo de Deus deixou claro que incluso aqueles que fixesen cousas parecidas ó que manda a Palabra de Deus, pero dun modo ou cun motivo incorrecto, nunca conseguirían entrar no Reino e serían completamente rexeitados (Mt. 7:15-23).

Xoias espirituais

it-1 páx. 517

Compaixón

Se cedemos á presión e somos compasivos cando vai en contra da vontade de Deus podemos sufrir serias consecuencias. Iso é o que lle pasou ó rei Xaúl. Chegara o momento de executar o xuízo de Deus contra os amalecitas, o primeiro pobo que atacara os israelitas despois de saír de Exipto sen que estes o provocasen. A Xaúl mandóuselle que non tivese compaixón deles, pero cedeu á presión dos seus súbditos e non cumpriu totalmente o mandato de Xehová. Como consecuencia, Xehová rexeitouno como rei (1 Sam. 15:2-24). Algo que nos pode axudar a non caer no mesmo erro que Xaúl e perder a aprobación de Xehová é cultivar un profundo aprecio pola rectitude dos seus camiños e poñer en primeiro lugar a nosa lealdade a el.

21-27 DE MARZO

TESOUROS DA BIBLIA | 1 SAMUEL 16-17

“A batalla é de Xehová”

wp16.5 páx. 11 pars. 2, 3

“A batalla é de Xehová”

Para tranquilizar a Xaúl, David contoulle como matara un león e un oso. Estaba presumindo? Non. David sabía quen lle axudara a gañar aquelas batallas. El mesmo dixo: “O Señor que me librou das gadoupas do león e do oso, hame librar tamén das mans dese filisteo”. Ó final, Xaúl respondeu resignado: “Vai e que o Señor vaia contigo” (1 Sam. 17:37).

Gustaríache ter unha fe coma a de David? El non era un soñador senón que confiaba en Deus porque o coñecía e xa o axudara noutras ocasións. Sabía por experiencia propia que Xehová é un Deus protector e que cumpre as súas promesas. Para ter unha fe así, necesitamos seguir aprendendo do Deus da Biblia. Se poñemos en práctica o que aprendemos, teremos bos resultados e fortaleceremos a nosa fe (Heb. 11:1).

wp16.5 páxs. 11-12

“A batalla é de Xehová”

A resposta que deu David segue sendo, ata o día de hoxe, unha gran declaración de fe. Imaxínate a David, un simple mozo, gritándolle a Goliat: “Ti vés cara a min con espada, con lanza e con venábulos [ou xavelinas], mentres eu vou cara a ti no nome do Señor dos exércitos, o Deus das hostes de Israel, a quen ti aldraxaches”. David sabía que o poder humano e as armas eran o de menos. Goliat insultara a Xehová e el íalle responder. Como ben dixo David, a batalla era de Xehová (1 Sam. 17:45-47).

David era moi consciente do tamaño de Goliat e das súas armas, pero iso non o intimidou. Non cometeu o mesmo erro que Xaúl e o seu exército, non se comparou a si mesmo con Goliat. Máis ben, comparou a Goliat con Xehová. A verdade é que, con case tres metros de altura, Goliat destacaba por enriba de todos. Pero, que era iso comparado co Soberano do Universo? En realidade, coma calquera outro humano, era pouco máis que un insecto, un insecto que Xehová estaba a punto de esmagar.

wp16.5 páx. 12 par. 4

“A batalla é de Xehová”

Na actualidade, os servos de Deus non participamos nas guerras. Esa época pasou (Mt. 26:52). Aínda así, facemos ben en imitar a fe de David. Precisamos ver a Xehová como unha persoa real, como o único Deus a quen debemos servir e respectar. Poida que haxa momentos nos que os nosos problemas nos parezan coma xigantes, pero comparados co poder ilimitado de Xehová, son moi pequenos. Se escollemos a Xehová como o noso Deus e poñemos fe nel, tal como fixo David, non haberá problema nin desafío que non poidamos superar. Nada é máis grande có poder de Xehová!

Xoias espirituais

it-2 páx. 975

Xaúl

Despois destes sucesos e de que se unxise a David como futuro rei de Israel, o espírito de Xehová abandonou a Xaúl. Dende entón “un mal espírito de parte do Señor comezou a atormentalo”. Ó retirar o seu espírito de Xaúl, Xehová permitiu que un espírito malo o posuíse, o privase de paz mental e alterase os seus sentimentos, pensamentos e imaxinacións. O feito de que Xaúl non obedecese a Xehová indicou que a inclinación da súa mente e corazón era mala. O espírito de Deus non lle ofrecía a Xaúl ningunha protección ou forza para resistir contra esa inclinación. Como Xehová permitira que o “mal espírito” substituíse o Seu espírito e atormentase a Xaúl, podía dicirse que era “un mal espírito de parte do Señor”. Por recomendación dun dos seus serventes, Xaúl pediu que David fose o seu músico para calmalo cando lle atormentase o “mal espírito” (1 Sam. 16:14-23; 17:15).

28 DE MARZO–3 DE ABRIL

TESOUROS DA BIBLIA | 1 SAMUEL 18-19

“Non deixemos de ser humildes cando as cousas nos vaian ben”

w04 1/4 páx. 15 par. 4

Confiemos no espírito de Deus ante os cambios da vida

4 Este mozo pastor non tardou en facerse famoso en toda a nación. Chamárono para atender o rei e tocar música para el. David tamén matara o xigante Goliat, un guerreiro tan temible que nin sequera os soldados máis experimentados se atreveran a enfrontarse a el. Cando o puxeron ó mando dos homes de guerra, David loitou con éxito contra os filisteos. O pobo queríalle moito e fixeron cancións no seu honor. Un conselleiro do rei Xaúl xa dixera que David era hábil tocando a arpa pero tamén “un rapaz valente e bo guerreiro, que fala ben e que é de bo parecer” (1 Sam. 16:18; 17:23, 24, 45-51; 18:5-7).

w18.01 páx. 28 pars. 6, 7

A diferenza entre os que serven a Xehová e os que non

6 O feito de ser popular, ter talento para a música, un bo aspecto físico, forza ou a admiración doutros fai que algunhas persoas se volvan orgullosas. Aínda que David tiña todo isto, non deixou de ser humilde. Despois de matar a Goliat e de que o rei Xaúl lle dixese que podía casar coa súa filla, David respondeulle: “¿Quen son eu e quen a familia de meu pai, para poder chegar a ser xenro do rei?” (1 Sam. 18:18). Que axudou a David a seguir sendo humilde? Lembrar que, se tiña calidades, habilidades e privilexios, era grazas a que Xehová fora humilde e lle prestara atención (Sal. 113:5-8). David entendía que todo o bo que tiña viña de Xehová (comparar con 1 Corintios 4:7).

7 Hoxe en día, os servos de Xehová esforzámonos por ser humildes coma David. Impresiónanos saber que Xehová, a persoa máis importante do universo, demostra esta calidade (Sal. 18:36 [18:35, TNM]). Por iso tomamos moi en serio este consello inspirado: “Revestídevos de sentimentos de misericordia, de bondade, de humildade, de sinxeleza, de tolerancia” (Col. 3:12). Ademais, sabemos que o amor “non ten fachenda, non se ensoberbece” (1 Cor. 13:4). Igual cós maridos poden ser “gañados sen unha palabra grazas á conduta das súas esposas”, as persoas poden sentirse atraídas a Xehová debido á humildade que demostra o seu pobo (1 Pe. 3:1, TNM).

Xoias espirituais

it-2 páx. 727

Profeta

Aínda que os profetas eran nomeados polo espírito de Xehová, parece ser que non falaban continuamente baixo inspiración. Máis ben, o espírito de Deus viña sobre eles nalgunhas ocasións e reveláballes as mensaxes que debían anunciar (Ez. 11:4, 5; Miq. 3:8). Isto facía que se sentisen motivados a falar (1 Sam. 10:10; Xer. 20:9; Am. 3:8). Ademais de facer cousas pouco habituais, o seu porte e maneira de expresarse demostraban un sentimento e intensidade extraordinarios. Isto, en parte, pode axudarnos a entender mellor a expresión comportarse “coma un profeta” (1 Sam. 10:6-11; 19:20-22; 19:23, 24, TNM; Xer. 29:24-32; comparar con Feitos 2:4, 12-17; 6:15; 7:55). Como estaban totalmente absortos na súa misión e se dedicaban a ela con entusiasmo e valentía, poida que ós ollos dos demais o seu comportamento parecese estraño ou ata irracional. Isto foi o que pensaron algúns xefes militares sobre certo profeta cando se unxiu a Iehú. Pero ó darse conta de que era un profeta, os homes tomaron moi en serio a súa mensaxe (2 Re. 9:1-13; comparar con Feitos 26:24, 25). Cando o espírito de Deus fixo que Xaúl, que ía perseguindo a David, se comportase “coma un profeta”, quitou a roupa e estivo “espido todo ese día e toda esa noite”. David aproveitou esa oportunidade para escapar (1 Sam. 19:18-22; 19:23, 24, TNM; 20:1).

(1 Samuel 19:23, 24, TNM) Mentres ía camiño de Naiot de Ramah, o espírito de Deus veu sobre el tamén. E comportouse coma un profeta todo o camiño ata que chegou a Naiot de Ramah. 24 El tamén quitou a roupa e comportouse coma un profeta diante de Samuel. E estivo alí deitado e espido todo ese día e toda esa noite. É por iso que se di: “Acaso tamén Xaúl é profeta?”.

4-10 DE ABRIL

TESOUROS DA BIBLIA | 1 SAMUEL 20-22

“Como ser un bo amigo”

w19.11 páx. 7 par. 18

Trabemos fondas amizades antes de que chegue a fin

18 Hoxe en día, os nosos irmáns afrontan moitas dificultades. Por exemplo, moitos sofren debido a desastres naturais ou desastres causados polo home. Neses casos, quizais algúns de nós poidamos acoller a estes irmáns na nosa casa ou axudarlles economicamente. E o que todos podemos facer é pedirlle a Xehová que os axude. Se nos decatamos de que un irmán está desanimado, quizais non saibamos que dicirlle ou como reaccionar. Aínda así, todos podemos facer moito. Por exemplo, podemos pasar tempo con el, escoitalo con atención e compartir con el un texto que nos guste especialmente e nos anime (Is. 50:4). O máis importante é que esteamos ó lado dos nosos amigos cando nos necesiten (le Proverbios 17:17).

w08 15/2 páx. 8 par. 7

Andemos nos camiños de Xehová

7 Deus espera que sexamos amigos leais (Pr. 17:17). Ionatán, fillo do rei Xaúl, chegou a ser moi bo amigo de David. Cando Ionatán soubo que David matara a Goliat, encariñouse con el. O relato di: “Queríalle coma a si mesmo” (1 Sam. 18:1, 3). Foi Ionatán quen o advertiu de que Xaúl quería matalo. Antes de que David fuxise, Ionatán reuniuse con el para facer un pacto. Ademais, defendeu a David diante do seu pai, Xaúl, e iso case lle custa a vida. Aínda así, estes dous amigos volveron a reunirse para fortalecer a súa amizade (1 Sam. 20:24-41). No seu último encontro, Ionatán aproveitou para axudar a David a fortalecer a súa “confianza en Deus” (1 Sam. 23:16-18).

w09 15/10 páx. 19 par. 11

Como conservar os amigos nun mundo sen amor

11 Sexamos leais. Salomón escribiu: “Un amigo ama en todo tempo, e un irmán nace para a hora da adversidade” (Pr. 17:17). Ó escribir estas palabras é posible que Salomón estivese pensando na amizade que seu pai, David, tivo con Ionatán (1 Sam. 18:1). O rei Xaúl quería que o seu fillo Ionatán fose rei despois del, pero Ionatán aceptou a decisión de Xehová de darlle o reinado a David. A diferenza do seu pai, Ionatán non sentiu envexa. Tampouco lle molestou a atención que recibía o seu amigo, nin creu as mentiras que Xaúl estaba contando sobre el (1 Sam. 20:24-34). Somos nós coma Ionatán? Alegrámonos cando os nosos amigos reciben responsabilidades na congregación? Apoiámolos e consolámolos cando pasan por dificultades? Como reaccionamos cando escoitamos un chisme sobre algún deles? Crémolo sen máis ou, igual que Ionatán, defendemos lealmente os nosos amigos?

Xoias espirituais

w05 15/3 páx. 24 par. 4

Ideas interesantes do libro de 1 Samuel

21:13, 14 (21:12, 13, TNM). Xehová espera que utilicemos as nosas capacidades mentais e habilidades para enfrontarnos ás situacións difíciles da vida. Deixounos a súa Palabra inspirada, que nos axuda a ser prudentes e nos dá coñecemento e capacidade de pensar (Pr. 1:4). Tamén contamos coa axuda dos anciáns cristiáns.

18-24 DE ABRIL

TESOUROS DA BIBLIA | 1 SAMUEL 23-24

“Esperemos con paciencia a que Xehová actúe”

w04 1/4 páx. 16 par. 8

Confiemos no espírito de Deus ante os cambios da vida

8 David negouse a facerlle dano a Xaúl. Máis ben, tivo fe e paciencia e deixou os asuntos nas mans de Xehová. Cando o rei Xaúl saíu da cova, David foi detrás del e díxolle: “Sexa o Señor o noso xuíz e que el me vingue de ti. Pero a miña man non se erguerá contra ti” (1 Sam. 24:13 [24:12, TNM]). A pesar do mal proceder de Xaúl, David non se vingou. Tampouco o insultou nin o criticou. E tamén houbo outras moitas ocasións nas que, en vez de solucionar as cousas á súa maneira, confiou en que Xehová arranxaría os asuntos (1 Sam. 25:32-34; 26:10, 11).

w04 1/6 páxs. 22-23

Condiciónannos as circunstancias?

A terceira lección é que debemos confiar en Xehová, en vez de facer algo que vaia en contra das Escrituras para cambiar a nosa situación. O apóstolo Santiago escribiu: “Deixade que o aguante complete a súa obra, para que sexades completos e sans en tódolos sentidos, e non vos falte nada” (Sant. 1:4, TNM). Así que, para que o aguante “complete a súa obra”, debemos permitir que a proba siga o seu curso e non poñerlle fin rapidamente desobedecendo a Xehová. Deste xeito, a nosa fe será probada e refinada e veremos o poder que ten para sustentarnos. Xosé e David tiveron esa clase de aguante. Non intentaron buscar unha solución que fose en contra da vontade de Xehová, máis ben, esforzáronse por aproveitar ó máximo a súa situación. Confiaron en Xehová e el bendiciunos moito. De feito, valeuse deles para liberar e guiar o seu pobo (Xén. 41:39-41; 45:5; 2 Sam. 5:4, 5).

Nós tamén nos podemos enfrontar a situacións nas que nos vexamos tentados a desobedecer principios bíblicos. Por exemplo, estás desanimado porque non atopas un cónxuxe adecuado? Nese caso, evita calquera tentación que te leve a desobedecer o mandato de Xehová de casar só cun cristián (1 Cor. 7:39). Tes problemas no teu matrimonio? En vez de ceder ó espírito do mundo que promove a separación e o divorcio, esforzádevos xuntos por buscar unha solución (Mal. 2:16 TNM; Ef. 5:21-33). Cústache sacar adiante a túa familia debido á mala situación económica? Confiar en Xehová implica non participar en actividades cuestionables ou ilegais para conseguir cartos (Sal. 37:25; Heb. 13:18). Todos debemos traballar duro para aproveitar ó máximo as nosas circunstancias e centrarnos en darlle a Xehová algo que bendicir. Confiemos en que Xehová nos dará a mellor solución (Miq. 7:7).

Xoias espirituais

w17.11 páx. 27 par. 11

Que nada che impida conseguir o premio

11 Se nos esforzamos por mostrar amor e bondade sinceros, será máis difícil que sintamos envexa. A Palabra de Deus di: “O amor é de corazón grande, é servicial. O amor non ten envexa” (1 Cor. 13:4). Para evitar que a envexa medre no noso interior, debemos esforzarnos por ver as cousas como Xehová as ve. Os nosos irmáns forman parte do mesmo corpo, é dicir, da congregación cristiá. Lembrar isto axudaranos a mostrarlles empatía e seguir o consello inspirado: “Cando a un membro o tratan ben, todos se alegran con el” (1 Cor. 12:16-18, 26). Deste xeito, en vez de sentir envexa, alegrarémonos cando outros reciban bendicións. Pensemos no caso de Ionatán, o fillo do rei Xaúl. Non se puxo celoso porque Xehová escollese a David para ser o seguinte rei e non a el. Máis ben, Ionatán mostroulle a David amor e bondade. Tamén lle deu ánimo e apoio (1 Sam. 23:16- 18). Podemos imitar o seu exemplo?

25 DE ABRIL–1 DE MAIO

TESOUROS DA BIBLIA | 1 SAMUEL 25-26

“Actúas por impulso?”

ia páx. 78 pars. 10-12

Unha muller sensata

10 Como trataban os homes de David ós pastores? Para eles sería fácil coller algunha ovella de cando en vez, pero non fixeron nada diso. Máis ben, protexeron os rabaños e os servos de Nabal (le 1 Samuel 25:15, 16). E o certo é que tanto os pastores coma os rabaños se enfrontaban a moitos perigos. Había moitos animais salvaxes e, como estaban preto da fronteira sur de Israel, eran comúns os ataques de saqueadores estranxeiros.

11 Para David non tivo que ser fácil alimentar a tantos homes naquela terra desértica. Por iso un día enviou a dez mensaxeiros para pedirlle axuda a Nabal. David escolleu un bo momento, xa que era a época da rapa das ovellas. Este era un tempo festivo no que a xente adoitaba estar alegre e ser xenerosa. Tamén se dirixiu a Nabal de forma educada e con respecto. Incluso se referiu a si mesmo como o “teu fillo David”, o que quizais era unha mostra de consideración a unha persoa maior ca el. Pero como reaccionou Nabal? (1 Sam. 25:5-8).

12 Púxose furioso. O mozo que lle describiu a Abigail o que pasara explicou que Nabal tratara moi mal os mensaxeiros. Berrara con eles e negárase a compartir o pan, a auga e a carne. Ademais, rírase de David coma se fose alguén sen importancia e comparárao a un escravo fuxitivo. Poida que Nabal vise a David do mesmo xeito que Xaúl, quen o odiaba. Pero ningún dos dous tiña en conta o que pensaba Xehová. El queríalle moito a David, e en vez de consideralo un escravo rebelde, víao como o futuro rei de Israel (1 Sam. 25:10, 11, 14).

ia páx. 80 par. 18

Unha muller sensata

18 Abigail asumiu a culpa polo erro de Nabal e pediulle a David que a perdoase. Despois recoñeceu que o seu home era tan insensato como o seu nome indicaba, quizais dando a entender que non valía a pena rebaixarse a castigalo. Ademais, demostrou que recoñecía a David como representante de Xehová ó dicir que pelexaba “nas guerras do Señor”. Tamén coñecía a promesa de Xehová de facelo rei e ata lle dixo que non manchase as súas mans de sangue, xa que isto podería facerlle sentir pesar e ter unha mala conciencia (le 1 Samuel 25:24- 31). Que xeito tan sabio de actuar!

Xoias espirituais

ia páx. 80 par. 16

Unha muller sensata

16 Indicaba isto que Abigail se estaba rebelando contra a autoridade do seu cabeza de familia? Non. Lembremos que Nabal lle faltara ó respecto ó home escollido por Xehová para ser rei e a vida de moitos inocentes estaba en perigo. Se Abigail non fixese nada, non sería ela tamén culpable ata certo punto? Ela sabía que a súa obediencia e lealdade a Deus debían estar por enriba da autoridade do seu cabeza de familia.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir