Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades
© 2023 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
1-7 DE MAIO
TESOUROS DA BIBLIA | 2 CRÓNICAS 17-19
“Ves os demais como os ve Xehová?”
w17.03 páx. 24 par. 7
Aprenderemos dos exemplos do pasado?
7 Pensemos no exemplo do fillo de Asá, Ioxafat. El tiña grandes calidades e, cando confiou en Xehová, fixo moitas cousas boas. Pero tamén tomou malas decisións. Por exemplo, formou unha alianza matrimonial con Ahab, o malvado rei do reino do norte. Ademais aliouse con el para ir contra os sirios, aínda que o profeta Miqueas lle advertira que non fixese isto. Ioxafat escapou con vida da batalla por moi pouco e logo volveu a Xerusalén (2Cr 18:1-32). Entón o profeta Iehú preguntoulle: “¿Conque axudas ós malvados e alíaste cos inimigos do Señor?” (le 2 Crónicas 19:1-3).
w15 15/8 páxs. 11-12 pars. 8, 9
Recordemos que Xehová nos quere
8 Xehová quere que saibamos que nos ama e que ve máis alá dos nosos defectos. El busca o bo que hai no noso interior (2Cr 16:9). Iso foi o que fixo con Ioxafat. Este rei de Xudá foi moi imprudente e acompañou o rei de Israel, Ahab, a unha batalla para reconquistar a cidade de Ramot de Galaad. Houbo 400 falsos profetas que predixeron que gañarían aquela batalla, pero o profeta de Xehová, Miqueas, dixo que sería derrotado e iso foi exactamente o que sucedeu. Ahab morreu e Ioxafat salvouse por pouco. Cando o rei de Xudá volveu a Xerusalén, Xehová chamoulle a atención mediante o profeta Iehú por aliarse con Ahab. Aínda así, este profeta díxolle: “Contas tamén con boas accións” (2Cr 18:4, 5, 18-22, 33, 34; 19:1-3).
9 Por exemplo, ó principio do seu reinado, Ioxafat enviara un grupo de príncipes, levitas e sacerdotes a tódalas cidades de Xudá para que ensinasen a Lei de Xehová á nación. Esta campaña de educación tivo moi bos resultados pois incluso algunhas persoas das nacións veciñas chegaron a coñecer a Deus (2Cr 17:3-10). É certo que Ioxafat cometeu un erro, pero iso non impediu que Xehová recordase as boas cousas que fixera. Isto recórdanos que, a pesar dos nosos defectos, Xehová seguirá queréndonos se nos esforzamos de corazón por facer a súa vontade.
Xoias espirituais
w17.03 páx. 20 pars. 10, 11
Sirve a Xehová cun corazón completo!
10 Ioxafat “imitou a conducta de seu pai, Asá” (2Cr 20:31, 32). Animou o pobo a buscar a Deus igual que fixera Asá. De que maneira? Organizou unha campaña de educación co “libro da Lei do Señor” (2Cr 17:7-10). Incluso foi ó territorio do reino de Israel, no norte, á terra de Efraím, para que os israelitas volvesen a Xehová (2Cr 19:4). Ioxafat foi un rei que “serviu ó Señor de todo corazón” (2Cr 22:9).
11 Todos podemos participar na enorme campaña de educación que Xehová está facendo na actualidade. Preguntémonos: temos a meta de ensinar a Palabra de Deus ás persoas tódolos meses, tratando de movelas a servir a Xehová? Co noso esforzo e a bendición de Deus, poida que empecemos un curso da Biblia. Estámolo pedindo en oración? Estamos dispostos a ter esa responsabilidade incluso se supón renunciar a parte do noso tempo libre? Por outro lado, igual que Ioxafat foi ata a terra de Efraím para axudar ós seus habitantes a volver á adoración verdadeira, nós tamén podemos tratar de axudar ós inactivos. Ademais, os anciáns visitan e ofrecen a súa axuda ós expulsados que viven no territorio da congregación e que quizais xa non estean pecando.
8-14 DE MAIO
TESOUROS DA BIBLIA | 2 CRÓNICAS 20-21
“Confiade no Señor, voso Deus”
w14 15/12 páx. 23 par. 8
Temos que estar unidos para enfrontarnos ó final deste mundo
8 Nos días do rei Ioxafat, algunhas nacións veciñas quixeron atacar o pobo de Deus cun exército poderoso, “unha gran multitude” (2Cr 20:1, 2). Como reaccionaron os servos de Deus? En vez de tratar de loitar coas súas propias forzas, confiaron en Xehová (le 2 Crónicas 20:3, 4). Non intentaron buscar unha solución de maneira independente, facendo o que cada un considerase mellor. A Biblia conta que “tódolos xudeus, coas súas mulleres e fillos, incluso os nenos, permanecían de pé ante o Señor” (2Cr 20:13). Sen importar a idade, todos se mantiveron unidos e obedeceron con fe a guía de Xehová. Como resultado, Xehová protexeunos dos seus inimigos (2Cr 20:20-27). Que bo exemplo nos deixaron de como o pobo de Deus debe facer fronte ás probas!
w21.11 páx. 16 par. 7
Se acabas de casar, centra a túa vida en servir a Xehová
7 Xehová respondeu a Ioxafat mediante un levita chamado Iahziel. Díxolle: “Estade quietos e firmes contemplando como vos salva o Señor” (2Cr 20:13-17). Que estratexia tan peculiar para ir á batalla! Pero estas instrucións non viñan dun ser humano, senón de Xehová. Confiando totalmente no seu Deus, Ioxafat obedeceu. Cando o rei e o pobo saíron ó encontro dos seus inimigos, el puxo en primeira liña, non ós seus mellores soldados, senón a homes desarmados que ían cantando. Tal como Xehová lle prometera, Ioxafat derrotou o exército inimigo (2Cr 20:18-23).
Xoias espirituais
it-2 páx. 33 pars. 5, 6
Ioram
Ioram non seguiu os camiños xustos de seu pai Ioxafat debido, polo menos en parte, á mala influencia da súa muller Atalía (2Re 8:18). Ioram non só asasinou ós seus seis irmáns e a algúns dos príncipes de Xudá, senón que tamén apartou de Xehová ós seus súbditos para que servisen a deuses falsos (2Cr 21:1-6, 11-14). Todo o seu reinado se caracterizou tanto por disturbios internos como por conflitos externos. Tanto Edom coma máis tarde Libnah se sublevaron contra Xudá (2Re 8:20-22). Nunha carta, o profeta Elías advertiulle a Ioram: “O Señor ferirá ó teu pobo, a teus fillos, as túas mulleres e as túas posesións cunha praga terrible. E ti mesmo padecerás unha enfermidade grave, un cancro que che consumirá as entrañas día tras día” (2Cr 21:12-15).
Todo sucedeu desa maneira. Xehová permitiu que os árabes e os filisteos invadisen a terra e levasen presos ás mulleres e ós fillos de Ioram. Só deixou que escapase o seu fillo máis novo, Ioacaz (tamén chamado Ocozías), por causa do pacto do Reino con David. “Despois disto, o Señor feriulle as entrañas cunha doenza incurable”. Dous anos máis tarde, esta enfermidade “consumiulle as entrañas”, e co tempo Ioram morreu. Así terminou este home malvado, que “desapareceu sen que ninguén o chorase”. Enterrárono na Cidade de David “pero fóra do panteón real”. O seu fillo Ocozías seguiulle no trono (2Cr 21:7, 16-20; 22:1; 1Cr 3:10, 11).
15-21 DE MAIO
TESOUROS DA BIBLIA | 2 CRÓNICAS 22-24
“Xehová recompensa a valentía”
As malas compañías fixeron que Ioax abandonase a Xehová
XERUSALÉN, a cidade onde estaba o templo de Deus, encontrábase nunha terrible situación. Acababan de matar o rei Ocozías. E ninguén se imaxinaba o que ía pasar a continuación: a nai do rei, Atalía, mandou matar a tódolos fillos de Ocozías, é dicir, os seus propios netos! Sabes por que fixo algo así? Porque quería gobernar ela.
Pero sen que Atalía o soubese, o seu neto Ioax (que era só un bebé) sobreviviu a esta matanza. Sabes como? Grazas a que a súa tía, que se chamaba Ioxeba, o escondeu no templo de Deus. E, coa axuda de seu home, o sumo sacerdote Iehoiadá, mantivérono a salvo durante seis anos.
As malas compañías fixeron que Ioax abandonase a Xehová
Durante o tempo no que Ioax estivo oculto no templo, falábanlle de Xehová Deus e ensinábanlle as súas leis. Pero cando cumpriu sete anos, Iehoiadá decidiu que era momento de facelo rei. Gustaríache saber que fixo Iehoiadá e que lle pasou á malvada raíña Atalía, a avoa de Ioax?
Naquela época, había un grupo especial de gardas que protexía os reis que gobernaban Xerusalén. Iehoiadá reuniunos en segredo e explicoulles que el e súa muller salvaran a un dos fillos do rei Ocozías. Cando os gardas ven a Ioax danse conta de que é el quen debe reinar. Por iso, cando Iehoiadá lles explica o seu plan, aceptan axudarlle.
Así que, co apoio dos gardas, Iehoiadá saca o neno de onde estaba escondido e noméao rei. Enseguida todos se puxeron a aplaudir e a berrar: “Viva o rei!”. Pero sabes quen escoitou os berros e o barullo? A raíña Atalía! Nese momento, ela chega correndo e acúsaos de traizón. Pero a Ioax non lle pasa nada porque os gardas, seguindo a orde de Iehoiadá, executan a Atalía (2Re 11:1-16).
it-2 páx. 1008 par. 6
Sepultura
A Iehoiadá, o xusto sumo sacerdote, concedéuselle o honor de ser enterrado “cos reis na Cidade de David”. Este é o único caso coñecido dunha persoa que recibise un privilexio así sen pertencer á liñaxe real (2Cr 24:15, 16).
Xoias espirituais
it-2 páx. 1221 par. 12
Azarías
12. Fillo do sumo sacerdote Iehoiadá. Despois da morte de Iehoiadá, o rei Ioax seguiu malos consellos en vez de facerlles caso ós profetas de Xehová e apartouse da adoración verdadeira. Azarías, que era primo de Ioax (2Cr 22:11), chamoulle a atención ó pobo por como estaban actuando, pero en vez de arrepentirse, apedrárono no patio do templo. As palabras de Azarías ó morrer foron: “¡Que o Señor xulgue e sentencie!”. E así foi! As súas palabras proféticas cumpríronse, xa que Siria lle causou un gran dano a Xudá, e ademais Ioax foi asasinado por dous dos seus servos “para vinga-lo fillo do sacerdote Iehoiadá”. A Versión de los Setenta e a Vulgata din que Ioax foi asasinado para vingar o sangue do “fillo” de Iehoiadá. Non obstante, tanto o texto masorético como a Vesión Peshitta siríaca utilizan o plural “fillos”, posiblemente para destacar a excelencia e dignidade do profeta e sacerdote Azarías, o fillo de Iehoiadá (2Cr 24:17-22, 25).
22-28 DE MAIO
TESOUROS DA BIBLIA | 2 CRÓNICAS 25-27
“Xehová pode recompensarte”
it-2 páx. 29 par. 8
Ioax
Nunha ocasión Ioax prestoulle 100.000 homes ó rei de Xudá para loitar contra os edomitas, pero despedíronos seguindo o consello dun profeta de Deus. Aínda que lles pagaran 100 talentos de prata (case 635.000 euros), enfadáronse moito porque os enviaran a casa, probablemente porque perderan a parte que esperaban do botín. Por iso, despois de volver cara ó norte, saquearon as cidades do reino do sur, desde Samaría (quizais a súa base de operacións) ata Bethorón (2Cr 25:6-10, 13).
w21.08 páx. 30 par. 16
Como podemos “probar” a bondade de Xehová?
16 Fai sacrificios por Xehová. Para adorar a Xehová non é necesario renunciar a tódalas comodidades (Ecl 5:19, 20, TNM). Claro, se non fixésemos máis no servizo a Deus só porque non queremos facer sacrificios persoais, poderiamos caer no mesmo erro que o home da comparación de Xesús que levaba unha vida moi cómoda pero que se esqueceu de Deus (le Lucas 12:16-21). Un irmán chamado Christian que vive en Francia admite: “Non lles estaba dando o mellor do meu tempo e enerxías a Xehová e á miña familia”. El e súa muller decidiron facerse pioneiros, pero para iso tiveron que deixar os seus traballos. Para manterse, abriron un pequeno negocio de limpeza e aprenderon a estar contentos con menos. Valeu a pena o sacrificio? El dixo: “Desfrutamos máis da predicación e de ver ós estudantes da Biblia e ás persoas ás que visitamos aprender máis sobre Xehová”.
Xoias espirituais
w07 15/12 páx. 10 pars. 1, 2
Tes no pobo de Xehová un irmán maduro que che axude?
OZÍAS foi nomeado rei de Xudá con tan só 16 anos. Gobernou durante máis de cinco décadas, entre o século IX e o VIII antes da nosa era. Desde que era novo, Ozías “fixo o que o Señor aproba”. Que influíu nel para que fose por ese bo camiño? O relato bíblico di que Ozías “serviu ó Señor mentres viviu Zacarías, que o educara no temor de Deus; mentres serviu ó Señor, Deus fíxoo triunfar” (2Cr 26:1, 4, 5).
Ademais do que di o relato, non se coñece moito máis sobre Zacarías, o conselleiro do rei. Pero está claro que influía positivamente no rei, dado que se indica que “o educara no temor de Deus”. A obra The Expositor’s Bible comenta que Zacarías obviamente era “un home entendido nas Escrituras con moita experiencia espiritual e capacidade para transmitir os seus coñecementos”. Un comentarista bíblico descríbeo así: “Conselleiro sabio e piadoso, que era experto en entender o sentido e as leccións das antigas profecías, e que influía positivamente en Ozías”.
29 DE MAIO–4 DE XUÑO
TESOUROS DA BIBLIA | 2 CRÓNICAS 28-29
“Podes servir a Xehová aínda que teus pais non che desen un bo exemplo”
w16.02 páx. 14 par. 8
Sigamos o exemplo dos amigos de Xehová
8 Ezequías non naceu nun pobo pagán coma Rut, senón nunha nación dedicada a Xehová. Lamentablemente, moitos israelitas eran infieis a Deus. Un deles era seu pai, o malvado rei Ahaz ou Acaz, que convenceu o pobo para que adorase deuses falsos, tratou con falta de respecto o templo de Xerusalén e queimou vivos algúns dos seus fillos para ofrecerllos a un deus pagán. Que morte tan horrible sufriron os irmáns de Ezequías! Imaxínaste o que tivo que vivir de neno? (2Re 16:2-4, 10-17; 2Cr 28:1-3).
w16.02 páx. 15 pars. 9-11
Sigamos o exemplo dos amigos de Xehová
9 Ezequías puido amargarse ou enfadarse con Xehová. Nos nosos días hai cristiáns que por problemas moito máis pequenos enfadáronse con Xehová ou coa súa organización (Pr 19:3, TNM). Por outro lado, hai persoas que tiveron unha infancia moi difícil e cren que están condenadas a vivir unha vida de sufrimento ou a repetir os erros de seus pais (Ez 18:2, 3). Pero, teñen razón?
10 Por suposto que non. Así o demostra o caso de Ezequías. Non hai ningunha razón válida para enfadarse con Xehová, pois el non é o culpable dos sufrimentos da xente neste mundo malvado (Xob 34:10). Ademais, é certo que os pais inflúen moito nos seus fillos, sexa para ben ou para mal (Pr 22:6; Col 3:21, TNM). Pero iso non significa que o noso futuro dependa do que fixesen os nosos pais. Todo o contrario, Xehová deunos a todos un fermoso regalo: a capacidade de decidir por nós mesmos a clase de persoas que seremos e o que faremos coa nosa vida (Dt 30:19). Como usou Ezequías ese regalo?
11 Aínda que seu pai foi un dos peores reis de Xudá, Ezequías foi un dos mellores (le 2 Reis 18:5, 6). En vez de seguir os pasos de Ahaz, preferiu escoitar a persoas que foron unha boa influencia para el. Isaías, Miqueas e Oseas viviron nesa época. É fácil imaxinarse ó rei prestando atención ás mensaxes destes profetas, facendo todo o posible por aceptar os consellos e a disciplina de Xehová. O que aprendeu impulsouno a corrixir os erros graves que cometera seu pai. Limpou o templo, pediulle a Xehová que limpase os pecados do pobo e dirixiu unha campaña para destruír os ídolos do país (2Cr 29:1-11, 18-24; 31:1). Cando Senaquerib, o rei de Asiria, ameazou con atacar a cidade de Xerusalén, Ezequías tivo unha fe moi grande e foi moi valente. Confiou en que Xehová os salvaría e animou o pobo coas súas palabras e exemplo (2Cr 32:7, 8). Despois, nunha ocasión na que Xehová o disciplinou por actuar con orgullo, arrepentiuse e cambiou de actitude (2Cr 32:24-26). Non permitiu que o seu pasado arruinase o seu futuro. Máis ben, foi un bo amigo de Deus e deixounos a todos un excelente exemplo.
Xoias espirituais
w12 15/2 páx. 24
Natán foi un fiel defensor da adoración pura
Como Natán era un servo fiel de Xehová, apoiou con entusiasmo o proxecto de David de construír o primeiro lugar permanente de adoración pura na Terra. Pero parece ser que nesa ocasión expresou os seus propios sentimentos en vez de falar no nome de Xehová. Esa noite, Deus mandoulle que levase ó rei unha mensaxe distinta: David non construiría o templo, senón que o faría un dos seus fillos. Por orde de Xehová, Natán tamén lle anunciou que Deus faría un pacto con el e así o seu trono se mantería “firme eternamente” (2Sa 7:4-16).
A opinión de Natán sobre a construción do templo era diferente do que Deus quería. Pero este profeta tan humilde someteuse de boa gana ó propósito de Xehová e apoiouno sen queixarse. Se Deus nos corrixise dalgunha forma, faríamos ben en seguir o exemplo de Natán. O feito de que seguise sendo profeta indica que non perdera a aprobación de Xehová. É máis, parece ser que Xehová o inspirou a el e tamén a Gad, o home de visións do rei, para dirixir a David e poder organizar 4000 músicos no servizo do templo (1Cr 23:1-5; 2Cr 29:25).
5-11 DE XUÑO
TESOUROS DA BIBLIA | 2 CRÓNICAS 30-31
“Reunirnos cos irmáns é bo para nós”
it-1 páx. 905 par. 4
Ezequías
A importancia da adoración verdadeira para el. Ezequías demostrou o moito que lle importaba a adoración de Xehová tan pronto como subiu ó trono con 25 anos. O primeiro que fixo foi abrir de novo o templo e reparalo. Despois, reuniu os sacerdotes e os levitas e díxolles que o desexo do seu corazón era “selar unha alianza co Señor, Deus de Israel”. Este foi un pacto de fidelidade, coma se se inaugurase de novo en Xudá o pacto da lei, que se pasara por alto aínda estando vixente. Con moito entusiasmo, organizou os levitas nos seus servizos, e restableceu o uso dos instrumentos musicais e das cancións a Xehová. Era o mes de Nisán, cando se celebraba a Pascua, pero tanto o templo como os sacerdotes e os levitas eran inmundos, non estaban limpos ós ollos de Xehová. Pero para o día 16 de Nisán xa se limpara o templo e se restauraran os seus utensilios. Entón tiña que facerse unha expiación especial por todo Israel. En primeiro lugar, os príncipes levaron sacrificios, ofrendas polo pecado a favor do reino, do santuario e do pobo. Despois, o pobo presentou miles de ofrendas queimadas (2Cr 29:1-36).
it-1 páx. 905 par. 5
Ezequías
Como o pobo non estaba limpo ós ollos de Xehová, non puideron celebrar a Pascua na data habitual. Pero Ezequías usou a lei que permitía que os que estaban inmundos puidesen celebrala un mes despois. Desta maneira, non só convocou a Xudá senón tamén a Israel enviando cartas mediante mensaxeiros a todo o país desde Beerxeba ata Dan. Moitos burláronse dos mensaxeiros pero algunhas persoas como Axer, Menaxés, Zebulón, Efraím e Isacar foron humildes e asistiron. Tamén foron outras persoas que adoraban a Xehová e que non eran israelitas. É probable que os habitantes do reino do norte que apoiasen a adoración verdadeira tivesen problemas para asistir. Por que? Ó igual que os mensaxeiros, terían que enfrontarse á oposición e á burla do reino de dez tribos, un reino nun estado moral decadente, entregado á adoración falsa e perseguido polos asirios (2Cr 30:1-20; Núm 9:10-13).
it-1 páx. 905 pars. 6, 7
Ezequías
Despois da Pascua celebrouse a Festa dos Pans Ácimos durante sete días, e a alegría foi tan grande que toda a congregación decidiu seguir celebrándoa sete días máis. Xehová bendiciu o pobo aínda neses tempos de ameazas. Grazas a iso, estaban moi contentos porque “unha festa tan magnífica non se acordaba en Xerusalén desde os días de Salomón, fillo de David, rei de Israel” (2Cr 30:21-27).
O que pasou despois demostra que houbo unha completa restauración e un rexurdimento da adoración verdadeira e non unha simple emoción temporal. Antes de volver ás súas casas, os que participaron na celebración saíron e destruíron as columnas sagradas, derribaron os lugares altos e os altares e cortaron os postes sagrados que había en todo Xudá, Benxamín, Efraím e Menaxés (2Cr 31:1). Ezequías puxo o exemplo destruíndo a serpe de cobre que fixera Moisés, xa que o pobo a convertera nun ídolo e queimaba incenso diante dela (2Re 18:4). Despois daquela festa tan grande, Ezequías asegurou a continuación da adoración verdadeira organizando as divisións dos sacerdotes e apoiando os servizos do templo. Conseguiu isto restaurando a lei das décimas partes e das contribucións das primicias para os levitas e os sacerdotes. E o pobo apoiou estas decisións con todo o corazón (2Cr 31:2-12).
Xoias espirituais
Imitemos a Xehová sendo considerados e amables
14 Outra maneira de demostrar humildade é estando dispostos a escoitar os demais. Santiago 1:19 di que o cristián debe ser rápido para escoitar. O mellor exemplo disto é Xehová (Xén 18:32; Xos 10:14). Vexamos o que nos ensina Éxodo 32:11-14 (leo). Xehová non necesitaba para nada a opinión de Moisés pero, aínda así, deixou que lle expresase os seus sentimentos. Quen de nós escoitaría con paciencia a alguén que está equivocado e lle faría caso? Xehová escoita con paciencia as persoas que lle oran con fe.
15 Cada un de nós debería preguntarse: “Se Xehová escoita con humildade as persoas como fixo con Abraham, Raquel, Moisés, Xosué, Manóah, Elías e Ezequías, non debería facer eu o mesmo? Podo darlles máis honra ós irmáns tratándoos con dignidade, escoitando as súas ideas e incluso facéndolles caso? Hai alguén na congregación ou na miña familia que necesite que o escoite con atención? Terei que facer algo?” (Xén 30:6; Xuí 13:9; 1Re 17:22; 2Cr 30:20).
12-18 DE XUÑO
TESOUROS DA BIBLIA | 2 CRÓNICAS 32-33
“Fortalece os irmáns nos momentos difíciles”
it-1 páx. 237 par. 5
Asiria
Senaquerib. Senaquerib, o fillo de Sargón II, atacou o reino de Xudá durante o décimo cuarto ano do reinado de Ezequías (732 a. n. e.) (2Re 18:13; Is 36:1). Ezequías rebelouse contra a opresión do goberno asirio, opresión que fora consecuencia das accións de seu pai Acaz (2Re 18:7). Por culpa disto, Senaquerib invadiu toda Xudá e conquistou 46 cidades (compara con Is 36:1, 2). Despois, desde o seu campamento de Láquix, esixiu que Ezequías pagase un tributo de 30 talentos de ouro (arredor de 11.110.000 euros) e 300 talentos de prata (arredor de 1.905.000 euros) (2Re 18:14-16, TNM; 2Cr 32:1; compara con Is 8:5-8). Aínda que pagaron as cantidades que esixiran, Senaquerib enviou o seu copeiro maior para que intimidase a Xerusalén e se rendese (2Re 18:17–19:34; 2Cr 32:2-20). Pero Xehová matou a 185.000 soldados nunha soa noite, facendo así que este arrogante rei se retirase e volvese a Nínive (2Re 19:35, 36). Tempo despois, foi asasinado alí por dous dos seus fillos, e outro, Esarhadón, substituíuno no trono (2Re 19:37; 2Cr 32:21, 22; Is 37:36-38). Todos estes sucesos, menos a aniquilación das tropas asirias, están rexistrados no Prisma de Senaquerib, e nun Prisma de Esarhadón (ver imaxes Perspicacia vol. 1 páx. 957).
Que significan para nós hoxe os sete pastores e os oito xefes?
12 Xehová sempre está disposto a facer por nós o que non podemos facer pola nosa conta, pero espera que fagamos todo o que está nas nosas mans. Ezequías consultou “coas autoridades civís e militares”, os seus príncipes e guerreiros, e xuntos decidiron “cega-las fontes de auga que había fóra da cidade”. Ademais Ezequías “con gran enerxía reparou toda a muralla derruída, coroouna con torres, edificou unha barbacá [...], e fixo numerosas armas curtas e adargas” (2Cr 32:3-5). Para protexer e pastorear o seu pobo, Xehová usou homes valentes como Ezequías, os seus príncipes e os profetas fieis.
Que significan para nós hoxe os sete pastores e os oito xefes?
13 O que Ezequías fixo a continuación foi aínda máis importante que cegar as fontes ou reforzar os muros da cidade. Como era un pastor responsable, reuniu o pobo e animouno espiritualmente con estas palabras: “Non vos asustedes nin acovardedes ante o rei de Asiria [...]. Nós contamos con algo máis grande ca el. El conta con forzas humanas, nós co Señor, noso Deus, que nos auxilia e guerrea connosco”. Seguro que fortaleceu moito a fe dos habitantes de Xerusalén, pois recordáballes que Xehová estaba pelexando con eles! O relato continúa dicindo: “O pobo animouse coas palabras de Ezequías, rei de Xudá”. Notemos que foron as “palabras de Ezequías” as que fixeron que o pobo recuperase o ánimo. El, os seus príncipes e os seus homes poderosos, así como os profetas Miqueas e Isaías, foron bos pastores, tal como Xehová predixera mediante o seu profeta (2Cr 32:7, 8; le Miqueas 5:4, 5 [5:5, 6, TNM]).
Xoias espirituais
w21.10 páx. 4 pars. 11, 12
Que é o verdadeiro arrepentimento?
11 Co tempo, Xehová respondeu as oracións de Menaxés. Deuse conta de que o seu corazón cambiara, e iso viuse nas súas oracións. Xehová conmoveuse pola súa súplica e devolveuno ó seu reinado. Menaxés esforzouse ó máximo por demostrar que o seu arrepentimento era sincero. Fixo o que Acab nunca fixera: cambiou a súa maneira de actuar, loitou contra a adoración falsa e animou o pobo a adorar a Xehová (le 2 Crónicas 33:15, 16). Seguro que necesitou fe e valor para facer iso, pois durante décadas fora unha mala influencia para a súa familia, os seus nobres e o seu pobo. Pero agora, na súa vellez, tratou de reparar parte do dano que fixera. É probable que fose unha boa influencia para o seu netiño Ioxías, quen máis tarde chegou a ser un rei moi bo (2Re 22:1, 2).
12 Que aprendemos de Menaxés? El non só se humillou, senón que orou, suplicou pola misericordia de Xehová e cambiou a súa maneira de actuar. Ademais, fixo todo o posible por reparar o dano que fixera e esforzouse por adorar a Xehová e a axudar a outros a facer o mesmo. O seu exemplo dálle esperanza ata ó peor dos pecadores. É unha proba clara de que Deus é bo e está “disposto a perdoar” (Sl 86:5, TNM). Quen se arrepinte de verdade pode obter o perdón de Xehová.
19-25 DE XUÑO
TESOUROS DA BIBLIA | 2 CRÓNICAS 34-36
“Benefíciaste ó máximo da Palabra de Deus?”
it-1 páx. 1185 par. 2
Huldah
Cando Ioxías escoitou a lectura do propio “libro da Lei” que encontrara o sumo sacerdote Hilquías durante as obras de reparación do templo, mandou representantes seus para consultar a Xehová. Dirixíronse a Huldah, quen lles transmitiu a palabra de Xehová, indicándolles que tódalas calamidades rexistradas no libro ocorreríanlle a esta nación apóstata por culpa da súa desobediencia. Huldah tamén dixo que Ioxías non tería que ver esta calamidade, senón que se reuniría cos seus antepasados e sería enterrado en paz debido a que se humillara diante de Xehová (2Re 22:8-20; 2Cr 34:14-28).
w09 15/6 páx. 10 par. 20
Devoción pola casa de Xehová
20 O rei Ioxías ordenou que se restaurase o templo de Xehová. En certo punto das obras, o sumo sacerdote Hilquías “encontrou o libro da Lei do Señor escrito por Moisés” e entregoullo a Xafán, o secretario real. Este, á súa vez, levoullo ó rei e empezou a lerllo (le 2 Crónicas 34:14-18). Como reaccionou Ioxías? Rachou a roupa polo desconsolado que estaba, e rapidamente mandou os seus homes consultar a Xehová. Mediante a profetisa Huldah, Deus condenou os actos relixiosos inmundos que se fixeran en Xudá e predixo calamidades para a nación. Non obstante, Xehová viu a firmeza coa que o rei combateu a idolatría e bendíxoo por iso (2Cr 34:19-28). Que nos ensina este relato? Que debemos actuar igual que Ioxías. Sigamos as instrucións de Xehová sen perder tempo. Teñamos moi presente o que pode ocorrer se, ó igual que os israelitas, toleramos a apostasía e os actos de deslealdade. O caso de Ioxías non deixa lugar a dúbidas: a devoción coa que defendemos a adoración verdadeira non lle pasará inadvertida a Xehová.
Xoias espirituais
w17.03 páx. 27 pars. 15-17
Prestaremos atención ás leccións do pasado?
15 Que lección aprendemos do que lle pasou ó rei Ioxías? Vexamos que o levou a sufrir unha derrota e morrer (le 2 Crónicas 35:20-22). Ioxías saíu a combater contra Nekó, o rei de Exipto, e iso que Nekó lle dixera que non tiña ningún conflito con el. Segundo o relato, esas palabras “eran o que Deus lle dicía por medio de Nekó”. Entón, por que quixo Ioxías enfrontarse con el? A Biblia non o di.
16 Podía confirmar Ioxías que as palabras de Nekó viñan de Xehová? Si. Puido preguntarlle a Xeremías, un dos seus profetas fieis (2Cr 35:23, 25). Pero non hai rexistro de que o fixese. Por outro lado, Nekó dirixíase a Kárkemix para pelexar contra outros, non contra Xerusalén. Ademais, non se burlara de Xehová nin do seu pobo, así que o nome de Deus non se manchara. Polo tanto, saír a loitar contra Nekó foi unha mala decisión. Captamos a lección? Cando nos enfrontemos a un problema, faremos ben en investigar cal é a vontade de Xehová.
17 Se nos vemos nunha situación así, debemos investigar os principios bíblicos que están relacionados e poñelos en práctica con equilibrio. Nalgúns casos, poida que vexamos necesario consultar cos anciáns. Pode ser que xa pensásemos no que sabemos sobre o tema e incluso que investigásemos o que din as publicacións. Pero é posible que haxa outros principios apropiados que un ancián nos axude a analizar. Por exemplo, unha irmá sabe que ten a responsabilidade de predicar as boas noticias (Fei 4:20). Pero supoñamos que un día que ten pensado saír a predicar, o seu home, que non é testemuña, quere que quede na casa. Dille que ultimamente non pasaron moito tempo xuntos e que lle gustaría facer algo como parella. Ela podería pensar en textos como os que falan de obedecer a Deus e o mandato de facer discípulos (Mt 28:19, 20; Fei 5:29). Pero tamén ten que pensar en que debe obedecer a seu home e ser razoable (Ef 5:22-24; Flp 4:5, TNM). A muller debería preguntarse: “Oponse directamente o meu home a que saia predicar ou só me está pedindo que fagamos algo diferente hoxe?”. Para facer a vontade de Xehová cunha boa conciencia temos que ser equilibrados.
26 DE XUÑO–2 DE XULLO
TESOUROS DA BIBLIA | ESDRAS 1-3
“Permite que Xehová te use”
w22.03 páx. 14 par. 1
Ves o que viu Zacarías?
ERA un día moi emocionante! Xehová “espertou o espírito de Ciro, rei de Persia” para que liberase os israelitas, que levaban décadas privados de liberdade en Babilonia. O rei proclamou un decreto para que os xudeus regresasen á súa terra “para construí-la Casa do Señor, o Deus de Israel” (Esd 1:1, 3). Que noticia tan emocionante! Por fin ía restaurarse a adoración do Deus verdadeiro na terra que el lle dera ó seu pobo.
w17.10 páx. 26 par. 2
Catro carros e unha coroa que nos protexen
2 Zacarías sabía que os xudeus que volveran a Xerusalén tiñan fe en Xehová. A Biblia di que o Deus verdadeiro despertara o espírito destes xudeus para deixar atrás a seguridade das súas casas e negocios (Esd 1:2, 3, 5). Abandonaran unha terra que coñecían moi ben para irse a un lugar que a maioría non vira nunca. Como a reconstrución do templo de Deus era tan importante para eles, estiveron dispostos a facer unha viaxe moi perigosa de 1600 km a través dun terreo moi accidentado.
Xoias espirituais
w06 15/1 páx. 19 par. 1
Ideas interesantes do libro de Esdras
1:3-6. Igual que os israelitas que se quedaron en Babilonia, moitas testemuñas de Xehová non poden servir a tempo completo ou axudar en lugares de maior necesidade; pero apoian e animan os que si poden, e fan doazóns voluntarias para promover a obra de predicar o Reino e facer discípulos.