BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 4 páx. 16-páx. 17 par. 2
  • Enfádase tanto que mata a seu irmán

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Enfádase tanto que mata a seu irmán
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • “Dios aprobó sus ofrendas”
    La adoración pura de Jehová: ¡por fin restaurada!
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 4 páx. 16-páx. 17 par. 2
Caín enfadado mentres Abel presenta a súa ofrenda a Xehová

CAPÍTULO 4

Enfádase tanto que mata a seu irmán

Despois de marchar do xardín de Edén, Adam e Eva tiveron moitos fillos. O primeiro chamábase Caín e era labrego, é dicir, cultivaba a terra. O segundo chamábase Abel e era pastor.

Un día, Caín e Abel fixéronlle ofrendas a Xehová. Sabes o que é unha ofrenda? É un regalo especial que se lle fai a Deus. Xehová púxose moi contento coa ofrenda de Abel, pero non lle gustou a de Caín. Entón Caín enfadouse moito. Xehová avisouno de que o seu enfado podía levalo a facer algo malo. Pero Caín non lle fixo caso ningún.

En troques, Caín díxolle a Abel: “Ven comigo a dar unha volta polo campo”. E cando estiveron os dous sós, Caín matou a seu irmán Abel. Que faría Xehová? Castigou a Caín. Mandouno lonxe da súa familia e nunca máis lle deixou volver.

Caín indo cara a Abel no campo

Podemos aprender algunha lección deste relato? Si. Verdade que ás veces nos enfadamos cando as cousas non son como nos gustarían? Se notamos que cada vez estamos máis enfadados, ou outra persoa se dá de conta e nolo di, debemos controlar as nosas emocións antes de que elas nos controlen a nós.

Abel quería moito a Xehová e facía o que estaba ben. Por iso Xehová sempre o recordará. Cando faga da terra un paraíso, devolveralle a vida a Abel.

“Vaite primeiro reconciliar co teu irmán, e logo volve a presenta-la túa ofrenda” (Mateo 5:24)

Preguntas. Como se chamaban os dous primeiros fillos de Adam e Eva? Por que matou Caín a seu irmán?

Xénese 4:1-12; Hebreos 11:4; 1 Xoán 3:11, 12

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir