BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lmd lección 4
  • Humildade

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Humildade
  • O amor motívanos a facer discípulos
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Que fixo Paulo?
  • Que podes aprender de Paulo?
  • Imita o exemplo de Paulo
  • Cultivemos calidades cristiás. A humildade
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2017)
  • Tacto
    O amor motívanos a facer discípulos
O amor motívanos a facer discípulos
lmd lección 4

COMEZA CONVERSAS

O apóstolo Paulo, encadeado a un garda, falándolle de forma respectuosa ó rei Agripa, ó gobernador Festo e a Berenice.

Feitos 26:2, 3

LECCIÓN 4

Humildade

Principio bíblico: “Que cadaquén pense humildemente que os outros son máis ca el” (Flp. 2:3).

Que fixo Paulo?

O apóstolo Paulo, encadeado a un garda, falándolle de forma respectuosa ó rei Agripa, ó gobernador Festo e a Berenice.

VÍDEO: Paulo predícalle ó rei Agripa

1. Mira o VÍDEO ou le Feitos 26:2, 3. Despois pensa nas seguintes preguntas:

  1. Como demostrou Paulo humildade pola forma na que lle falou ó rei Agripa?

  2. Que fixo Paulo para dirixir a atención a Xehová e ás Escrituras, e non a si mesmo? (Ver Feitos 26:22).

Que podes aprender de Paulo?

2. A mensaxe que predicamos é máis atractiva cando falamos con humildade e respecto.

Imita o exemplo de Paulo

3. Non sexas arrogante. Evita dar a impresión de que o sabes todo e de que a outra persoa non sabe nada. Fálalle de forma respectuosa.

4. Deixa claro que todo o que ensinas se basea na Biblia. A Palabra de Deus contén pensamentos que chegan ó corazón das persoas. Cando a utilizamos, estamos edificando a súa fe sobre a base correcta.

5. Mantén a calma. Non queremos discutir, así que non insistas en levar a razón. Demostra humildade mantendo a calma e ten en conta que ás veces é mellor marchar (Pr. 17:14; Tit. 3:2). Responder de forma amable pode deixar a porta aberta para ter unha boa conversación no futuro.

VER TAMÉN

Rm. 12:16-18; 1 Cor. 8:1; 2 Cor. 3:5

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir