CANCIÓN 109
Amémonos de corazón
- 1. Ter amor sincero, leal, - é o que pide Deus de nós. - Non hai camiño superior, - nada ten máis valor. - Se amamos de corazón, - as amizades medrarán, - o egoísmo fuxirá - e haberá máis paz. - Bos amigos imos ser - se tamén sabemos escoitar, - ben dispostos imos ir - a botarlles unha man. - Cristo foi quen nos ensinou - como tratarnos con amor. - Con agarimo, sen rancor, - imos sempre procurar - ós demais tamén amar. 
(Ver tamén 1 Pe. 2:17; 3:8; 4:8; 1 Xn. 3:11.)