BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g21 núm. 3 páxs. 6-7
  • O que nos di a vida

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • O que nos di a vida
  • Despertade! (2024)
  • Información relacionada
  • Hai formas de vida realmente simples?
    A orixe da vida. Cinco preguntas que merecen resposta
  • Como empezou a vida?
    A orixe da vida. Cinco preguntas que merecen resposta
  • A habilidade das células para especializarse
    Deseñouno alguén?
Despertade! (2024)
g21 núm. 3 páxs. 6-7
O interior dunha célula de fermento.

A célula do fermento é incriblemente complexa. O núcleo contén o seu ADN e está moi ben organizado. Ademais, estas células contan con “máquinas” microscópicas que clasifican, transportan e modifican moléculas, uns procesos esenciais para a vida destes organismos.

O que nos di a vida

Vivimos rodeados de seres vivos que crecen, se moven e se reproducen. Isto dálle ó noso planeta unha beleza única. Hoxe en día coñecemos os organismos vivos mellor ca nunca. Que nos din sobre a orixe da vida? Imos velo.

A vida parece estar deseñada. Dise que as células son como ladrillos en miniatura que forman os seres vivos. Tamén son como pequenas “fábricas”, pois fan miles de tarefas incriblemente complexas para que os organismos se manteñan vivos e se reproduzan. Estes procesos tan difíciles podemos encontralos incluso nas formas de vida máis simples. Pensa por exemplo no fermento de panadería, o cal é un organismo composto dunha soa célula. Esta célula pode parecer simple se a comparamos coas humanas. Pero, en realidade, é moi complexa. O núcleo da célula do fermento contén o seu ADN e está moi ben organizado. Ademais, estas células contan con “máquinas” microscópicas que clasifican, transportan e modifican moléculas, uns procesos esenciais para a vida destes organismos. Cando unha das células queda sen alimento, inicia un proceso químico moi sofisticado que frea a súa actividade. Isto permite que o fermento se manteña vivo pero inactivo e que, cando o panadeiro o utilice para cociñar, se reactive.

Os científicos levan moitos anos estudando a célula do fermento para entender mellor as humanas. Pero aínda lles queda moito camiño por andar. Ross King, profesor de Intelixencia Artificial na Universidade Tecnolóxica Chalmers, en Suecia, comenta: “Non hai suficientes biólogos para realizar tódolos experimentos que queremos facer co fin de entender como funciona algo tan sinxelo como o fermento”.

Despois de ver o complexa que é unha forma de vida tan simple como o fermento, que opinas? Pensas que un deseño tan incrible puido aparecer sen un deseñador?

A vida só pode xurdir da vida. O ADN está composto de moléculas chamadas nucleótidos. Cada célula humana contén 3200 millóns de nucleótidos. Estes están colocados seguindo unha secuencia moi precisa para que a célula poida producir encimas e proteínas.

A probabilidade de que a cadea máis sinxela de nucleótidos forme por casualidade a secuencia correcta é de 1 en 10150 (un 1 seguido de 150 ceros). Así que é tan improbable que é basicamente imposible.

A realidade é que ningún experimento científico puido demostrar que a vida poida xurdir espontaneamente de algo que non está vivo.

A vida humana é única. Como humanos, temos características que nos permiten desfrutar da vida plenamente e de maneiras que ningunha outra especie pode facelo. Tamén temos habilidades creativas, sociais e emocionais superiores ás de calquera outro ser vivo. Ademais, sabemos desfrutar dos sabores, olores, sons, colores e paisaxes. Incluso podemos facer plans para o futuro e buscar o sentido da vida.

Que opinas? Evolucionarían estas características en nós para que poidamos sobrevivir e reproducirnos? Ou será que a vida é un regalo dun Creador que nos quere moito?

Coñece a Adán, un robot deseñado para estudar a célula do fermento

Adán é máis ou menos do tamaño dun furgón pequeno. Ten un conxelador, brazos robóticos, cámaras, sensores e catro ordenadores. Esta sofisticada máquina foi deseñada para que realice experimentos complexos na célula do fermento sen necesidade de moita axuda humana.

Unha científica ó lado do robot chamado Adán, o cal foi deseñado para estudar a célula do fermento.

Se alguén che dixese que Adán apareceu do nada, sen ninguén que o deseñase nin o construíse, creríalo? Seguramente non. Pois incluso a célula máis simple é moito máis complexa que un robot. Se o robot necesitou que alguén o deseñase, que hai das células?

Descubre deseños fascinantes da natureza na sección “Deseñouno alguén?” en jw.org.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir