BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 4
  • Quen é Deus?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Quen é Deus?
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • Cal é o nome de Deus?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2019
  • O nome de Deus: uso e significado
    Que ensina realmente a Biblia?
  • Por que é tan importante para nós o nome de Xehová?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Cal é o propósito de Deus para nós?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 4
Lección 4. Vista telescópica do ceo cheo de estrelas e galaxias.

LECCIÓN 04

Quen é Deus?

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

Practicamente dende o principio da súa historia, os seres humanos adoraron moitos deuses. Pero a Biblia fala dun Deus que “é maior ca tódolos deuses” (2 Crónicas 2:4 [2:5, TNM]). Quen é ese Deus? E que o fai maior ca tódolos demais deuses que adora a xente? Nesta lección aprenderás o que este Deus quere que saibas del.

1. Cal é o nome de Deus e por que podemos estar seguros de que el quere que o coñezamos?

Na Biblia, Deus preséntase a si mesmo dicindo: “Eu, Iavé, este é o meu Nome” (le Isaías 42:5, 8). Iavé é a tradución dun nome hebreo que probablemente significa “El fai que chegue a ser”. Ese nome hebreo tamén pode traducirse como Xehová. El quere que coñezamos o seu nome (Éxodo 3:15). Por que podemos estar seguros? Porque na Biblia ese nome aparece máis de 7000 veces!a O nome Xehová perténcelle ó “único Deus verdadeiro” tanto no ceo como na terra (Xoán 17:3).

2. Que nos ensina a Biblia sobre Xehová?

De entre tódolos deuses que adora a xente, por que di a Biblia que Xehová é o único Deus verdadeiro? Por varias razóns. Xehová ten autoridade suprema e só el é o “Altísimo en toda a terra” (le Salmo 83:19 [83:18, TNM]). El é o Todopoderoso, o que significa que ten o poder para facer todo o que decida. Ademais é quen o creou todo: o Universo e a vida que hai na Terra (Xénese 35:11; Apocalipse 4:11). Xehová é o único que sempre existiu, e existirá para sempre (Salmo 90:2).

AFONDA MÁIS

Analiza a diferenza entre os títulos que ten Deus e o seu nome propio. Logo aprende como nos deu a coñecer o seu nome e por que o fixo.

Un home mirando o ceo de noite. O nome de Xehová aparece superposto sobre o ceo.

3. Deus ten moitos títulos pero un só nome

Para ver a diferenza entre o título e o nome dunha persoa, poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

VÍDEO: Moitos títulos, pero un só nome (0:41)

  • Que diferenza hai entre un título, como Señor, e un nome?

A Biblia recoñece que a xente adora moitos deuses e señores. Lede Éxodo 15:3, 11 e logo comentade esta pregunta:

  • Quen é o máis grande “entre os deuses”?

4. Xehová quere que coñezas e uses o seu nome

Como podes estar seguro de que Xehová quere que coñezas o seu nome? Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

VÍDEO: Ten Deus un nome? (fragmento) (3:11)

Escena do vídeo ‘Ten Deus un nome?’ (fragmento). Un home analizando o nome de Deus, Xehová, no Salmo 83:18 na versión do Rei Xacobe de 1611.
  • Pensas que Xehová quere que se coñeza o seu nome? Por que?

Xehová quere que a xente use o seu nome. Lede Romanos 10:13 e logo comentade estas preguntas:

  • Canta importancia ten usar o nome de Deus, Xehová?

  • Como te sentes cando alguén lembra o teu nome e o usa?

  • Como pensas que se sente Xehová cando usas o seu nome?

5. Xehová quere que te achegues a el

Unha muller de Camboxa chamada Soten di que aprender o nome de Deus é “o mellor que che pode pasar na vida”. Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

VÍDEO: Buscaba o Deus verdadeiro (8:18)

Collaxe: Escenas do vídeo ‘Buscaba o Deus verdadeiro’. 1. Soten sentada debaixo dunha árbore no bosque, orándolle ó Deus verdadeiro. 2. Herold ensínalle a Soten que o nome de Deus é Xehová.
  • Que efecto tivo en Soten aprender o nome de Deus?

Antes de facerte amigo de alguén o normal é que aprendas o seu nome. Lede Santiago 4:8a e logo comentade estas preguntas:

  • A que te invita Xehová?

  • Como che pode axudar coñecer e usar o nome de Deus a achegarte máis a el?

HAI QUEN DI: “Deus só hai un, así que tanto ten como lle chames”.

  • Cres que Xehová é o nome de Deus?

  • Como explicarías que Xehová quere que usemos o seu nome?

RESUMO

Xehová é o nome do único Deus verdadeiro. Quere que coñezamos e usemos o seu nome para que nos acheguemos a el.

Repaso

  • Por que Xehová é diferente de tódolos demais deuses que adora a xente?

  • Por que deberiamos usar o nome de Deus?

  • Por que sabes que Xehová quere que te achegues a el?

Intenta isto

INVESTIGA

Examina cinco razóns que temos para estar seguros de que Deus existe.

“Existe Deus?” (Artigo web)

Descubre por que é lóxico crer que Deus sempre existiu.

“Quen fixo a Deus?” (La Atalaya, 1 agosto 2014)

Aprende por que temos que usar o nome de Deus inda que descoñecemos como se pronunciaba orixinalmente.

“Quen é Xehová?” (Artigo web)

Importa como lle chamamos a Deus? Descubre por que podemos dicir que só ten un nome propio.

“Cantos nomes ten Deus?” (Artigo web)

a Se queres máis información sobre o significado do nome de Deus e sobre por que foi eliminado dalgunhas traducións da Biblia consulta o Apéndice A4 de La Biblia. Traducción del Nuevo Mundo, dispoñible en español.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir