BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • es25 páxs. 108-118
  • Novembro

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Novembro
  • Analicemos as Escrituras tódolos días 2025
  • Subtítulos
  • Sábado 1 de novembro
  • Domingo 2 de novembro
  • Luns 3 de novembro
  • Martes 4 de novembro
  • Mércores 5 de novembro
  • Xoves 6 de novembro
  • Venres 7 de novembro
  • Sábado 8 de novembro
  • Domingo 9 de novembro
  • Luns 10 de novembro
  • Martes 11 de novembro
  • Mércores 12 de novembro
  • Xoves 13 de novembro
  • Venres 14 de novembro
  • Sábado 15 de novembro
  • Domingo 16 de novembro
  • Luns 17 de novembro
  • Martes 18 de novembro
  • Mércores 19 de novembro
  • Xoves 20 de novembro
  • Venres 21 de novembro
  • Sábado 22 de novembro
  • Domingo 23 de novembro
  • Luns 24 de novembro
  • Martes 25 de novembro
  • Mércores 26 de novembro
  • Xoves 27 de novembro
  • Venres 28 de novembro
  • Sábado 29 de novembro
  • Domingo 30 de novembro
Analicemos as Escrituras tódolos días 2025
es25 páxs. 108-118

Novembro

Sábado 1 de novembro

Fixeches que saíse louvanza da boca dos nenos e dos meniños (Mat. 21:16).

Se tes fillos pequenos, axúdalles a preparar comentarios apropiados para a súa idade. Ás veces, nas reunións fálase de asuntos máis delicados, coma os problemas no matrimonio ou temas morais. Pero é probable que haxa un parágrafo ou dous nos que o neno si que poida comentar. Ademais, axúdalles a entender por que é probable que non lles dean comentario cada vez que levanten a man. Isto ensinaralles a non desanimarse cando escollan a outros en vez de a eles (1 Tim. 6:18). Todos podemos preparar comentarios que animen os nosos irmáns e que lle dean honra a Xehová (Prov. 25:11). Aínda que de vez en cando podemos comentar algunha experiencia persoal breve, debemos evitar falar demasiado de nós mesmos (Prov. 27:2; 2 Cor. 10:18). O que queremos é centrarnos en Xehová, na súa Palabra e no seu pobo como conxunto (Apoc. 4:11). w23.04 páxs. 24-25 pars. 17, 18

Domingo 2 de novembro

Non adormezamos coma os demais; máis ben, esteamos vixiantes e manteñámo-lo propio control (1 Tes. 5:6).

O amor é fundamental para estar despertos e manter o bo xuízo (Mat. 22:37-39). O amor que sentimos por Deus axudaranos a seguir predicando sen importar os problemas que poidan xurdir (2 Tim. 1:7, 8). Como tamén amamos as persoas que non serven a Xehová seguimos predicando, incluso por carta ou por teléfono. E non perdemos a esperanza de que algún día cambien a súa actitude e comecen a servir a Xehová (Ezeq. 18:27, 28). Tamén amamos os nosos irmáns e irmás. Demostramos ese amor cando poñemos en práctica as seguintes palabras: “Aconselládevos e confortádevos uns a outros” (1 Tes. 5:11). Igual que un soldado apoia o seu compañeiro no combate, nós tamén nos animamos uns ós outros. Non queremos ferir intencionadamente os nosos irmáns nin devolverlles mal por mal (1 Tes. 5:13, 15). Tamén demostramos amor cando respectamos os que dirixen a congregación (1 Tes. 5:12). w23.06 páx. 10 par. 6; páx. 11 pars. 10, 11

Luns 3 de novembro

É Xehová quen di e non fai? (Núm. 23:19).

Unha das cousas que podemos facer para fortalecer a nosa fe é meditar no rescate. O rescate é a garantía de que as promesas de Deus se van cumprir. Cando nos paramos a reflexionar en por que deu Xehová o rescate e no que implica, fortalécese a nosa fe na promesa de vivir para sempre nun mundo mellor. Estamos seguros de que Deus vai cumprir a súa promesa. Por que? Pensa no que implicou o rescate. Xehová mandou desde o ceo o seu querido Fillo primoxénito, o seu compañeiro máis achegado, para que nacese como humano perfecto. Cando estivo na Terra, Xesús aguantou todo tipo de dificultades. Incluso sufriu e morreu dunha maneira moi dolorosa. Que prezo máis alto tivo que pagar Xehová! O noso cariñoso Deus nunca deixaría que o seu Fillo sufrise e morrese desa maneira só para darnos unha vida mellor durante uns poucos anos (Xoán 3:16; 1 Ped. 1:18, 19). Se Xehová estivo disposto a entregar o seu Fillo por nós, está claro que se encargará de que poidamos vivir para sempre no novo mundo. w23.04 páx. 27 pars. 8, 9

Martes 4 de novembro

Onde está, Morte, o teu aguillón? (Os. 13:14).

Ten Xehová o desexo de resucitar as persoas que morreron? Está claro que si. Por iso fixo que moitos escritores da Biblia rexistrasen a súa promesa de que haberá unha resurrección no futuro (Is. 26:19; Apoc. 20:11-13). E cando el fai unha promesa, sempre a cumpre (Xos. 23:14). De feito, Xehová está desexando devolverlles a vida ós que morreron. Pensa no que dixo Xob. El estaba seguro de que, aínda que morrese, Deus quería devolverlle a vida (Xob 14:14, 15, TNM). Xehová sente o mesmo por tódolos seus servos que morreron. Está desexando devolverlles a vida para que poidan ser felices e ter boa saúde. Pero, que pasa cos miles de millóns de persoas que morreron sen ter a oportunidade de aprender de Xehová? O noso amoroso Deus tamén quere resucitalos (Feit. 24:15). Quere darlles a oportunidade de chegar a ser os seus amigos e vivir para sempre na Terra (Xoán 3:16). w23.04 páx. 9 pars. 5, 6

Mércores 5 de novembro

Con Deus faremos fazañas (Sal. 108:14 [108:13, TNM]).

Como podes facer que a túa esperanza sexa máis forte? Por exemplo, se tes o desexo de vivir para sempre na Terra, por que non les textos da Biblia que describan como será o Paraíso e meditas neles? (Is. 25:8; 32:16-18) Pensa en como será a vida no novo mundo. Imaxínate alí. Se fixamos a nosa mente no novo mundo, os nosos problemas serán “transitorios e leves” (2 Cor. 4:17). Esta claro que Xehová usa a esperanza para fortalecernos. El dános todo o que necesitamos para fortalecernos. Así que para cumprir cunha asignación, aguantar unha proba ou manter a alegría, cóntalle a Xehová como te sentes e busca a súa guía mediante o estudo persoal. Tamén, acepta o ánimo que che dan os teus irmáns cristiáns. E saca tempo para imaxinar como será a vida cando se cumpran as promesas de Xehová. Así poderás ver como se fan realidade as seguintes palabras: “Estaredes enfortecidos en todo coa súa potencia magnífica para serdes con ledicia pacientes e constantes a toda proba” (Col. 1:11). w23.10 páx. 17 pars. 19, 20

Xoves 6 de novembro

Dade grazas en tódalas ocasións (1 Tes. 5:18).

Temos moitas razóns para darlle grazas a Xehová cando lle oramos. Por exemplo, podemos agradecerlle tódalas cousas boas que temos, xa que “todo bo regalo” vén del (Sant. 1:17). Así que podemos darlle as grazas polo planeta tan bonito no que vivimos e polas cousas tan marabillosas que creou. Tamén podemos agradecerlle a vida, a familia, os amigos e a esperanza que nos deu. E, por suposto, queremos darlle as grazas por permitirnos desfrutar da súa fermosa amizade. Pode ser que teñamos que esforzarnos para pensar nas razóns que temos cada un de nós para estarlle agradecidos a Xehová. Por que? Porque vivimos nun mundo desagradecido. As persoas normalmente céntranse en conseguir o que queren, en vez de pensar no que poden facer para demostrar que están agradecidas polo que teñen. Se se nos pega esa actitude, as nosas oracións poderían converterse nunha lista de peticións. Para que iso non nos pase, temos que seguir cultivando e demostrando agradecemento por todo o que Xehová fai por nós (Luc. 6:45). w23.05 páx. 4 pars. 8, 9

Venres 7 de novembro

Que pida con fe e sen dubidar para nada (Sant. 1:6).

Como é o noso cariñoso Pai, Xehová non quere vernos sufrir (Is. 63:9, TNM). Aínda así, non nos vai librar de tódolos nosos problemas, que ás veces poden ser coma ríos ou chamas (Is. 43:2). Pero o que si nos promete é que nos axudará a pasar “a través” deles. Tampouco permitirá que estes problemas nos causen dano permanente. Ademais, vainos dar o seu poderoso espírito para que poidamos soportalos (Luc. 11:13; Filip. 4:13). Así que podemos estar seguros de que sempre teremos xusto o que necesitamos para seguir aguantando e serlle fieis a Xehová. Xehová espera que confiemos nel (Heb. 11:6). Ás veces pode parecernos que non imos ser capaces de superar certas probas. E quizais comecemos a dubidar de se Xehová nos vai axudar. Pero a Biblia asegúranos que co poder de Deus poderemos “saltar murallas” (Sal. 18:30 [18:29, TNM]). Así que en vez de permitir que esas dúbidas crezan, deberiamos orarlle a Xehová con moita fe e confiar en que el nos vai responder (Sant. 1:6, 7). w23.11 páx. 22 pars. 8, 9

Sábado 8 de novembro

As chamas do amor son un lume ardente, a chama de Xah. As augas embravecidas non poden extinguir o amor, nin poden os ríos levalo coa corrente (Cant. 8:6, 7).

Que descrición máis bonita do verdadeiro amor! Ademais, se estades casados, seguro que estas palabras vos animan moito. Por que? Porque queren dicir que podedes manter forte o voso amor. Pero para que ese amor sexa duradeiro, o marido e a muller teñen que esforzarse. Ímolo explicar cun exemplo. Unha fogueira pode seguir ardendo indefinidamente, pero só se alguén lle bota leña. Se ninguén o fai, o lume acaba apagándose. Pois pasa o mesmo co matrimonio. O amor tamén pode durar indefinidamente, pero só se o marido e a muller fortalecen a súa relación. Aínda así, ás veces poderían sentir que ese amor se está apagando, sobre todo cando pasan por problemas económicos, problemas de saúde ou debido ás dificultades de criar os fillos. Así que, para manter viva “a chama de Xah”, tanto o marido coma a muller deben esforzarse por ter unha amizade estreita con Xehová. w23.05 páxs. 20-21 pars. 1-3

Domingo 9 de novembro

Non teñas medo (Dan. 10:19).

Que tes que facer para ser valente? Poida que teus pais che falen da importancia de ser valente e que eles mesmos teñan esa calidade. Pero iso non significa que ti o vaias ser automaticamente, coma se fose algo que podes herdar. Cultivar valor é coma aprender unha nova habilidade. Unha maneira de aprender a facer algo é observar con atención o teu mestre e copiar o seu exemplo. Da mesma forma, podes ser valente se te fixas en como mostran outros esta calidade e os imitas. Igual ca Daniel, tes que coñecer ben a Palabra de Deus. Tamén debes ter o costume de contarlle a Xehová como te sentes. Así conseguirás unha amizade estreita con el. Ademais, debes confiar nel e estar convencido de que sempre che vai axudar. Se fas estas cousas serás valente cando a túa fe se poña a proba. As persoas valentes ganan o respecto dos demais e tamén poden axudar ós que teñen un corazón sincero a coñecer a Xehová. Non hai dúbida de que temos boas razóns para esforzarnos por ser valentes. w23.08 páx. 2 par. 2; páx. 4 pars. 8, 9

Luns 10 de novembro

Examinádeo todo (1 Tes. 5:21).

A palabra grega que se traduce neste versículo como “examinádeo” está relacionada coa maneira de comprobar a autenticidade dos metais preciosos. Polo tanto, temos que examinar o que escoitamos e o que lemos para asegurarnos de que é verdadeiro. Isto será aínda máis importante para nós a medida que se acerque a gran tribulación. En vez de crer todo o que nos din, temos que usar a nosa capacidade de pensar para comparar o que lemos e o que escoitamos co que di a Biblia e a organización de Xehová. Se facemos isto, non nos deixaremos enganar polas trampas dos demos (Prov. 14:15; 1 Tim. 4:1). Sabemos que, como pobo, os servos de Deus sobrevivirán á gran tribulación. Pero non sabemos que nos vai pasar a cada un de nós individualmente (Sant. 4:14). Aínda así, tanto se pasamos con vida a gran tribulación como se morremos antes, recibiremos a recompensa da vida eterna se nos mantemos fieis. Polo tanto, centrémonos na nosa marabillosa esperanza e esteamos preparados para o día de Xehová! w23.06 páx. 13 pars. 15, 16

Martes 11 de novembro

Nada fai sen descubri-lo seu propósito ós seus servos (Amós 3:7).

Non sabemos como se van cumprir algunhas das profecías da Biblia (Dan. 12:8, 9). Pero que non entendamos exactamente como se vai cumprir unha profecía non significa que non se cumpra. Podemos estar seguros de que Xehová nos axudará a entender todo o que necesitamos ó seu debido tempo, tal e como fixo no pasado. As nacións proclamarán “paz e seguridade” (1 Tes. 5:3). Despois diso, os gobernos do mundo atacarán e destruirán a relixión falsa (Apoc. 17:16, 17). A continuación, virán contra o pobo de Deus (Ezeq. 38:18, 19). Estes sucesos farán que empece a guerra final de Harmaguedón (Apoc. 16:14, 16). Temos a seguridade de que todo isto sucederá moi pronto. Ata entón, podemos seguir demostrando o agradecidos que estamos ó noso Pai celestial se prestamos moita atención ás profecías da Biblia e se axudamos a outros a facer o mesmo. w23.08 páx. 13 pars. 19, 20

Mércores 12 de novembro

Amémonos uns ós outros, porque o amor vén de Deus (1 Xoán 4:7).

Cando o apóstolo Paulo falou da fe, da esperanza e do amor dixo que destas tres calidades “a meirande é o amor” (1 Cor. 13:13). Por que dixo isto? No futuro, non necesitaremos ter fe nin esperanza porque as promesas de Deus sobre o novo mundo xa serán unha realidade. Pero sempre necesitaremos ter amor por Xehová e polas demais persoas. De feito, o noso amor por eles seguirá medrando para sempre. Ademais, o amor identifícanos como cristiáns verdadeiros. Xesús díxolles ós seus apóstolos: “Nisto coñecerán todos que sóde-los meus discípulos: se vos tedes amor uns a outros” (Xoán 13:35). Outra razón é que ese amor nos mantén unidos. De feito, Paulo dixo que “é o lazo que todo o une” (Col. 3:14). O apóstolo Xoán escribiulles ós seus irmáns: “Que quen ama a Deus, ame tamén a seu irmán” (1 Xoán 4:21). Cando amamos os nosos irmáns demostramos tamén que amamos a Deus. w23.11 páx. 8 pars. 1, 3

Xoves 13 de novembro

Deixando enteiramente a un lado todo o que nos estorba (Heb. 12:1).

A Biblia compara a vida dun cristián cunha carreira. Os corredores que crucen a liña de meta serán recompensados coa vida eterna (2 Tim. 4:7, 8). Debemos esforzarnos ó máximo por seguir correndo, especialmente agora que a meta está máis cerca ca nunca. O apóstolo Paulo, falou de que cousas nos poden axudar a conseguilo. El dixo o seguinte: “Deixando enteiramente a un lado todo o que nos estorba [...] corramos con aguante a carreira que temos por diante”. Quixo dicir Paulo que non tiñamos que cargar con nada? Non, esa non era a idea. Máis ben, quixo dicir que nos desfixésemos de calquera carga innecesaria, xa que estas poderían facernos ir máis lentos. Para aguantar, temos que ser rápidos identificándoas e desfacéndonos delas. Pero, ó mesmo tempo, non queremos deixar de lado outras cargas, ou responsabilidades, que si nos corresponde levar. Porque, se o fixésemos, estariámonos descualificando a nós mesmos da carreira (2 Tim. 2:5). w23.08 páx. 26 pars. 1, 2

Venres 14 de novembro

Que os vosos adornos non sexan os exteriores (1 Ped. 3:3).

Ser razoable axúdanos a respectar o punto de vista dos demais. Por exemplo, a algunhas irmás gústalles maquillarse, mentres que outras prefiren non facelo. Algúns cristiáns beben alcohol con moderación, pero outros prefiren evitalo por completo. E tódolos servos de Xehová queremos coidar da nosa saúde, pero os métodos que utilizamos para facelo poden ser moi distintos. Se pensamos que sempre temos a razón e intentamos impoñer a nosa opinión, poderiamos facer tropezar a outros e incluso causar divisións na congregación (1 Cor. 8:9; 10:23, 24). De feito, en vez de dar unha lista de normas estritas sobre como podemos vestir, Xehová deunos principios para guiarnos neste asunto. Temos que vestir de maneira que honre a Deus, demostrando que somos razoables e que temos “modestia e bo xuízo” (1 Tim. 2:9, 10, TNM). Por iso, non queremos atraer a atención sobre nós mesmos e que os demais só se centren en como imos vestidos. Os principios bíblicos tamén lles axudan ós anciáns a evitar poñer as súas propias normas sobre como vestir e como levar o pelo. w23.07 páxs. 23-24 pars. 13, 14

Sábado 15 de novembro

Escoitádeme ben: comede ben e que a vosa gorxa se alegre coa graxa (Is. 55:2).

Xehová demóstranos como ter un futuro feliz. Os que aceptan a invitación da muller insensata céntranse en desfrutar da inmoralidade sexual. Pero os seus actos levaranos á morte (Prov. 9:13, 17, 18). Que diferente é o resultado para os que aceptan a invitación da muller simbólica que representa a sabedoría! (Prov. 9:1) Os servos de Xehová aprendemos a amar o que el ama e a odiar o que el odia (Sal. 97:10). E fainos moi felices invitar a outros para que cheguen a coñecer a verdadeira sabedoría. Somos coma as criadas ás que se lles mandou “anuncia-lo convite polos altos da cidade”. Igual ca elas dicimos: “Quen sexa inxenuo, que se achegue aquí”. Os beneficios para nós e para tódolos que nos escoitan non son momentáneos e pasaxeiros, senón que nos permitirán vivir para sempre e seguir avanzando “pola vía da intelixencia” (Prov. 9:3, 4, 6). w23.06 páx. 24 pars. 17, 18

Domingo 16 de novembro

Máis vale o temperado heroe e quen domina a paixón có que conquire unha vila (Prov. 16:32).

Como te sentes cando un compañeiro de traballo ou de escola che pregunta polas túas crenzas? Poste nervioso? A maioría de nós si. Pero unha pregunta dese tipo pódeche dar a oportunidade de saber o que pensa realmente esa persoa e tamén de predicarlle. Aínda así, hai quen fai preguntas porque non está de acordo con nós ou porque quere discutir. Isto non debería sorprendernos, xa que algúns están mal informados sobre as nosas crenzas (Feit. 28:22). Ademais vivimos nos “últimos días”, un tempo no que moitos non están “dispostos a chegar a ningún acordo“ e son “feroces” (2 Tim. 3:1, 3, TNM).Quizais te preguntes como podes manter a calma e ter tacto cando parece que alguén quere discutir sobre as túas crenzas. Algo que che axudará é a mansedume. A persoa mansa non se enfada facilmente. Máis ben, é capaz de controlarse cando a provocan e cando non sabe que responder. w23.09 páx. 14 pars. 1, 2

Luns 17 de novembro

Poralos por príncipes da terra (Sal. 45:17 [45:16, TNM]).

A organización de Xehová dános consellos que nos protexen. Por exemplo, advírtenos do perigo de amar os cartos ou de facer cousas que nos poderían levar a saltarnos as normas de Deus. Cando seguimos a súa guía nestes asuntos, beneficiámonos moito (Is. 48:17, 18; 1 Tim. 6:9, 10). Non hai dúbida de que Xehová seguirá usando representantes humanos para guiarnos durante a gran tribulación e o Reinado de Mil Anos. Seguiremos baixo a súa dirección? Dependerá moito de como respondamos xa agora á guía que Deus nos está dando. Polo tanto, sigamos sempre as súas instrucións, incluíndo as que veñen por medio dos homes que el nomeou para coidar de nós (Is. 32:1, 2; Heb. 13:17). Podemos seguir o noso Guía, Xehová, con total confianza. Levaranos por un camiño que protexerá a nosa amizade con el e que nos conducirá ata o noso destino: a vida eterna no novo mundo! w24.02 páx. 25 pars. 17, 18

Martes 18 de novembro

Salváronvos por bondade inmerecida (Ef. 2:5).

O apóstolo Paulo desfrutou dunha vida feliz servindo a Xehová, aínda que tivo que enfrontarse a moitos desafíos. Fixo viaxes moi longas, e iso que naquel tempo non era nada fácil. Nesas viaxes, Paulo ás veces pasou por situacións perigosas. Nalgunha ocasión incluso sufriu maltrato físico por parte dos seus inimigos (2 Cor. 11:23-27). Ademais, os irmáns non sempre agradecían tódolos esforzos que facía por eles (2 Cor. 10:10; Filip. 4:15). Que lle axudou a Paulo a seguir servindo a Xehová? El aprendeu moito sobre a personalidade de Xehová, tanto por ler as Escrituras como polas súas propias experiencias na vida. Por iso estaba convencido de que Xehová Deus o quería moito (Rom. 8:38, 39; Ef. 2:4, 5). Paulo tamén chegou a amar moito a Xehová, e demostrou este amor esforzándose por axudar ós seus irmáns (Heb. 6:10). w23.07 páx. 9 pars. 5, 6

Mércores 19 de novembro

Sométase toda persoa ás autoridades constituídas (Rom. 13:1).

Moitas persoas recoñecen que necesitamos estes gobernos e que debemos obedecer algunhas das leis que establecen. Pero estas mesmas persoas pode que non obedezan as leis que non lles gustan ou que consideran inxustas. A Biblia recoñece que os gobernos humanos causan sufrimento, están baixo o control de Satanás e pronto serán destruídos (Sal. 110:5, 6; Ecl. 8:9; Luc. 4:5, 6). Tamén di que “quen se opón á autoridade oponse á disposición de Deus”. A nosa suxeición relativa ás autoridades é parte da disposición temporal de Xehová para manter a orde. Así que temos que darlle “a cada un o que lle é debido”, o que inclúe impostos, respecto e obediencia (Rom. 13:1-7). Quizais pensemos que unha lei non nos convén, que é inxusta ou que nos sae caro cumprila. Pero, tamén nestes casos facemos o que Xehová nos manda e el quere que obedezamos as autoridades sempre e cando non nos pidan que incumpramos algún dos seus mandatos (Feit. 5:29). w23.10 páx. 8 pars. 9, 10

Xoves 20 de novembro

Entrou nel o espírito de Iavé (Xuí. 15:14).

Cando Sansón naceu, os filisteos gobernaban e trataban mal a nación de Israel (Xuí. 13:1). Os israelitas sufrían moito porque os filisteos eran moi crueis con eles. Xehová escolleu a Sansón para “salvar a Israel das mans dos filisteos” (Xuí. 13:5). Que tarefa máis difícil! Para cumprila necesitaría confiar en Xehová. Nunha ocasión o exército filisteo foi ata Lehí, probablemente unha cidade de Xudá, para capturar a Sansón. Os homes de Xudá tiñan medo, así que decidiron atar a Sansón con dúas cordas novas e entregárllelo ós filisteos (Xuí. 15:9-13). Pero “entrou nel o espírito de Iavé”, é dicir, o poder de Xehová, e grazas a iso conseguiu soltarse. Entón “atopou unha queixada de burro fresca”, colleuna e utilizouna para matar mil filisteos (Xuí. 15:14-16). w23.09 páx. 2 pars. 3, 4

Venres 21 de novembro

Isto concorda co propósito eterno que el estableceu en relación co Cristo, Xesús noso Señor (Ef. 3:11).

Xehová foi revelando o seu propósito “eterno” pouco a pouco na Biblia. Sexa por un camiño ou por outro, Xehová sempre ten éxito e chega ó seu obxectivo porque “todo o fixo o Señor cun designio [ou propósito]” (Prov. 16:4). Pódese dicir que é eterno porque os resultados que conseguirá durarán para sempre. Pero, cal é realmente o seu propósito e que axustes tivo que ir facendo para logralo? Deus díxolles ós primeiros humanos cal era o seu propósito para eles. El deulles o seguinte mandato: “Reproducídevos, crecede, enchede a terra e sometédea” (Xén. 1:28). Que Adam e Eva pecasen e que os humanos se fixesen imperfectos non frustrou o propósito orixinal de Deus. Pero evidentemente tivo que axustar a forma na que o levaría a cabo. Para iso, inmediatamente decidiu establecer un Reino no ceo que cumpriría o seu propósito inicial para a humanidade e a Terra (Mat. 25:34). w23.10 páxs. 19-20 pars. 6, 7

Sábado 22 de novembro

Se Xehová non me axudase, xa estaría morando no silencio da morte (Sal. 94:17).

Xehová vainos axudar a perseverar. Pode que non sempre sexa fácil, sobre todo se levamos moito tempo loitando coa mesma debilidade. Ás veces, quizais nos pareza que as nosas fraquezas son máis grandes que as que tivo o apóstolo Pedro. Pero Xehová pode darnos as forzas para non rendernos (Sal. 94:18, 19). Por exemplo, antes de coñecer a verdade, un irmán levou un estilo de vida homosexual durante moitos anos. Pero despois cambiou a súa vida por completo e deixou atrás estas prácticas inmorais. Aínda así, algunha vez tivo que loitar contra malos desexos. Que lle axudou a non darse por vencido? El explica: “Xehová é quen me dá as forzas”. E engade: “Coa axuda do seu espírito [...] aprendín que é posible vivir como a el lle gusta. [...] Puiden ser útil para Xehová e a súa organización e, a pesar das miñas imperfeccións, el segue dándome forzas”. w23.09 páx. 23 par. 12

Domingo 23 de novembro

Tralas pegadas da humildade e do temor de Xehová veñen a facenda, a honra e a vida (Prov. 22:4).

Rapaces, recordade que un non se converte automaticamente nun cristián maduro. Máis ben, é necesario escoller bos exemplos ós que imitar, cultivar capacidade de pensar, ser de fiar, adquirir habilidades prácticas para a vida e prepararte para asumir futuras responsabilidades. Ás veces, quizais sintas que aínda tes demasiadas cousas nas que mellorar. Pero, ánimo! Podes logralo! Recorda que Xehová ten moitas ganas de axudarche (Is. 41:10, 13). E, por suposto, os irmáns e irmás da congregación tamén te van apoiar. Cando chegues a ser o home que Xehová quere que sexas, sentiraste moi contento e satisfeito. Desexamos que Xehová te siga bendicindo mentres traballas para chegar a ser un cristián maduro. Querémoste moitísimo! w23.12 páx. 29 pars. 19, 20

Luns 24 de novembro

Deixade de lado a ofensa (Prov. 19:11).

Imaxina que o estás pasando ben cun grupiño de irmáns e decides sacar unha foto de grupo. De feito, sacas dúas fotos máis por se acaso a primeira non queda ben. Así que tes tres fotos. Pero, dáste conta de que nunha delas un dos irmáns sae moi serio. Seguramente a borras porque tes outras dúas fotos máis nas que todo o grupo, incluído este irmán, sae sorrindo. Normalmente temos bos recordos dos momentos que pasamos cos irmáns. Pero imaxínate que nunha desas ocasións un deles di ou fai algo que nos molesta. Que deberiamos facer con este recordo? Por que non intentamos borralo igual que fariamos cunha fotografía que non nos gusta? (Ef. 4:32) Podemos borralo porque temos outros moitos nos que desfrutamos de estar con el. Eses son os bos momentos que queremos gardar na nosa memoria. w23.11 páx. 12 pars. 16, 17

Martes 25 de novembro

As mulleres deben vestirse con roupa apropiada, como é propio de mulleres que afirman ter devoción a Deus (1 Tim. 2:9, 10).

Os termos gregos que se utilizan nesta pasaxe indican que as mulleres cristiás deben vestir de forma respectuosa e que demostre consideración polos sentimentos e as opinións dos demais. Que orgullosos estamos da modestia que demostran ó vestir as irmás maduras en sentido espiritual! Para chegar a ser irmás maduras, tódalas cristiás deben demostrar discernimento. Pero, que é o discernimento? Implica ter bo xuízo, é dicir, a habilidade de distinguir o que está ben do que está mal e despois tomar decisións sabias. Vexamos o exemplo de Abigail. A mala decisión que tomou o seu home ía ter consecuencias moi graves para tódolos da súa casa. Pero Abigail actuou de inmediato e o seu discernimento salvou vidas (1 Sam. 25:14-23, 32-35). Esta calidade tamén nos vai axudar a saber cando é o momento de falar ou cando é mellor non facelo. Ademais axudaranos a ser equilibrados cando demostramos interese persoal noutros, para non facer sentir incómodo a ninguén (1 Tes. 4:11). w23.12 páx. 20 pars. 8, 9

Mércores 26 de novembro

Estamos orgullosos coa esperanza de logra-la gloria de Deus (Rom. 5:2).

O apóstolo Paulo escribiulle estas palabras á congregación de Roma. Estes irmáns aprenderan sobre Xehová e Xesús, demostraran fe e fixéranse cristiáns. Por iso Deus os declarou “xustificados [...] pola fe” e os unxiu con espírito santo (Rom. 5:1). Así que, conseguiran unha marabillosa esperanza. Máis tarde, Paulo escribiulles ós cristiáns unxidos de Éfeso sobre a esperanza que Xehová lles dera, o que incluía unha “gloriosa herdanza destinada ós crentes” (Ef. 1:18). Cando lles escribiu ós colosenses, tamén lles mencionou onde tería lugar esa recompensa. Díxolles que sería “no ceo” (Col. 1:4, 5). Así que, a esperanza que teñen os cristiáns unxidos é a de resucitar para vivir para sempre no ceo e reinar con Cristo (1 Tes. 4:13-17; Apoc. 20:6). w23.12 páx. 9 pars. 4, 5

Xoves 27 de novembro

A paz de Deus, que supera toda intelixencia, custodiará os vosos corazóns e os vosos pensamentos (Filip. 4:7).

A palabra orixinal para “custodiar” era unha expresión militar que se usaba para referirse ós soldados que protexían unha cidade e a mantiñan a salvo dos ataques. Os que vivían nunha cidade así, durmían tranquilos porque sabían que os soldados estaban protexendo as portas. Da mesma forma, cando a paz de Deus protexe o noso corazón e a nosa mente, sentímonos tranquilos porque sabemos que estamos a salvo (Sal. 4:9 [4:8, TNM]). Igual que no caso de Ana, aínda que a nosa situación non se solucione inmediatamente, podemos sentir certa calma (1 Sam. 1:16-18). E cando estamos calmados, a miúdo nos resulta máis fácil pensar con claridade e tomar decisións sabias. Que podemos facer? Cando esteas preocupado, chama os soldados, por así dicilo. Como? Orando ata que sintas a paz de Deus (Luc. 11:9, TNM; 1 Tes. 5:17). Se estás pasando por unha proba moi dura, non deixes de orar. Verás como a paz de Xehová protexe a túa mente e o teu corazón (Rom. 12:12). w24.01 páx. 21 pars. 5, 6

Venres 28 de novembro

Noso Pai que estás nos ceos, que o teu nome sexa santificado (Mat. 6:9).

Co fin de santificar o nome de seu Pai, Xesús aguantou todo tipo de torturas, insultos e acusacións falsas. El sabía que obedecera a Xehová en todo, e por iso non tiña nada do que avergonzarse (Heb. 12:2). Tamén sabía que Satanás o estaba atacando directamente neses momentos tan difíciles (Luc. 22:2-4; 23:33, 34). Seguramente o Demo tiña a esperanza de conseguir que Xesús lle fallase a Xehová, pero equivocouse por completo! O Fillo de Deus demostrou de maneira definitiva que Satanás é un cruel mentireiro e tamén que Xehová ten servos fieis que manteñen a súa integridade incluso durante as probas máis duras. E ti? Queres facer feliz o noso Rei que xa está gobernando? Pois segue louvando o nome de Xehová e axudándolles a outros a coñecer como é el realmente. Se o fas, imitarás a Xesús (1 Ped. 2:21). Coma el, estarás alegrando a Deus e demostrando que o seu inimigo, Satanás, é un mentireiro sen escrúpulos. w24.02 páxs. 11-12 pars. 11-13

Sábado 29 de novembro

Con que lle pagarei a Xehová todo o ben que me fai? (Sal. 116:12).

Durante os pasados 5 anos, bautizáronse como testemuñas de Xehová máis dun millón de persoas. Cando te dedicas a Xehová, tomas a decisión de converterte en discípulo de Xesucristo. Isto significa que facer a vontade de Deus será o máis importante da túa vida. Que implica isto? Xesús dixo: “Se alguén quere chegar a ser o meu discípulo, que renuncie a si mesmo” (Mat. 16:24). A frase grega que se traduciu como “que renuncie a si mesmo” tamén pode significar “que deixe de vivir para si mesmo”. Como servo dedicado de Xehová terás que rechazar as cousas que a el non lle gustan (2 Cor. 5:14, 15). Isto inclúe evitar “as obras dos baixos instintos”, como a inmoralidade sexual (Gál. 5:19-21; 1 Cor. 6:18). Complicarache a vida seguir estas normas? Se amas a Xehová e estás convencido de que as súas leis son o mellor para ti, obedecelo non será un problema (Sal. 119:97; Is. 48:17, 18). w24.03 páx. 2 par. 1; páx. 3 par. 4

Domingo 30 de novembro

Tes a miña aprobación (Luc. 3:22).

Xehová dálles o seu espírito santo a aqueles que aproba (Mat. 12:18). Poderiamos preguntarnos: “Son capaz de demostrar algunha das cualidades que forman parte do froito do espírito de Deus?”. Por exemplo, quizais notases que agora es máis paciente cos demais que antes de coñecer a verdade. O certo é que canto máis aprendas a demostrar estas cualidades, máis claro terás que contas coa aprobación de Xehová. Xehová fai que se beneficien do rescate as persoas que teñen a súa aprobación (1 Tim. 2:5, 6). Pero que pasa se, a pesar de poñer fe no rescate e estar bautizado, no fondo non sentes que teñas o favor de Deus? Recorda que non sempre nos podemos fiar dos nosos propios sentimentos, pero si que podemos confiar en Xehová. El considera xustas as persoas que poñen fe no rescate e promete bendicilas (Sal. 5:13 [5:12, TNM]; Rom. 3:26). w24.03 páx. 30 par. 15; páx. 31 par. 17

    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir