BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwyp artigo 125
  • Saír con alguén | Parte 3. Deberiamos cortar?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Saír con alguén | Parte 3. Deberiamos cortar?
  • Preguntas da xuventude
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Como afrontar as dúbidas
  • Que decisión tomar
  • Se decides cortar a relación
  • Saír con alguén | Parte 2. Que podo esperar?
    Preguntas da xuventude
  • Saír con alguén | Parte 1. Estou preparado?
    Preguntas da xuventude
  • Que pensan as testemuñas de Xehová acerca de saír con alguén?
    Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
Preguntas da xuventude
ijwyp artigo 125
Unha rapaza mirando unha foto dela co seu mozo no seu teléfono móbil.

PREGUNTAS DA XUVENTUDE

Saír con alguén | Parte 3. Deberiamos cortar?

Levas saíndo con alguén un tempo, pero empezas a ter dúbidas. Deberías continuar coa relación ou cortar? Este artigo está deseñado para axudarche a decidir.

Neste artigo imos ver:

  • Como afrontar as dúbidas

  • Que decisión tomar

  • Se decides cortar a relación

Como afrontar as dúbidas

Despois de estar saíndo con alguén por un tempo, un home e unha muller poden darse conta de que son máis diferentes do que pensaban. Por exemplo:

  • A un gústalle a praia e o outro prefire o sendeirismo.

  • Un é moi sociable e o outro é tímido.

  • A miúdo un non di a verdade e o outro sempre é honesto.

Cada unha destas situacións é diferente. A primeira está relacionada con distintos gustos; a segunda con distintas personalidades; a terceira con distintos valores.

Pensa nisto: Se te foses casar, cal destas tres diferenzas che sería máis difícil xestionar? En que caso che sería máis fácil ceder?

Unha parella pode ter distintos gustos ou personalidades e aínda así pode ter un matrimonio feliz. Despois de todo, ser compatibles non significa ser idénticos. Nalgúns casos, un home e unha muller poden aprender a interesarse polo que lle gusta ó outro ou mesmo poden beneficiarse das calidades da outra persoa.a

Agora ben, é fundamental que a persoa coa que cases teña os mesmos valores ca ti, os mesmos valores espirituais, morais e éticos. Se non é así, iso é un sinal claro de que deberías terminar a relación.

Por exemplo, imaxina que tedes distintos valores relixiosos. Que podería pasar? O libro Fighting for Your Marriageb di: “Os estudos demostran que as parellas que non comparten a mesma relixión teñen máis probabilidades de divorciarse”.

Principio bíblico: “Non vos poñades baixo un xugo desigual cos non crentes” (2 Corintios 6:14, TNM).

Que decisión tomar

A Biblia di que os que casen “terán problemas nesta vida” (1 Corintios 7:28, Novo Testamento, Wycliffe Asociados). Por iso, non sería estraño que tiveses xa algún desacordo mentres estás saíndo con alguén.

Os pequenos problemas non significan que a relación non vaia acabar ben. Pero, podedes resolvelos de forma pacífica? Sen dúbida, se decidides casar ides necesitar esta habilidade.

Principio bíblico: “Sede bondadosos e misericordiosos uns cos outros, perdoándovos mutuamente” (Efesios 4:32).

Por outra banda, rifar a miúdo ou ter discusións graves pode indicar que non sodes compatibles. De ser así, é mellor darse conta antes de casar!

Serie de imaxes: A rapaza de antes pensando nas discusións que tivo co seu mozo. 1. O mozo está ignorándoa mentres mira o seu teléfono móbil. 2. El discute con ela mentres están comprando roupa. 3. A moza sinálalle o seu reloxo cando el chega tarde á casa dela.

Rifar a miúdo ou ter discusións graves pode indicar que non sodes compatibles.

En resumo: Se tes serias dúbidas sobre a persoa coa que estás saíndo ou se non estás seguro de estar preparado para casar, non o pases por alto!

Principio bíblico: “O prudente ve o perigo e escóndese, pero os inexpertos seguen adiante e sofren as consecuencias” (Proverbios 22:3, TNM).

Consello.

Consello: Se non estás seguro sobre a túa relación, fala cun amigo maduro que estea casado. Esta persoa non vai tomar a decisión por ti, pero pode darche algún bo consello dende a súa experiencia (Proverbios 11:14).

Se decides cortar a relación

Cortar unha relación pode causar moita dor. Aínda así, se algún dos dous ten serias dúbidas pode ser a mellor opción.

Como deberías facelo? A menos que teñas unha boa razón, non rompas unha relación por correo electrónico ou mensaxe de texto. Máis ben, escolle un lugar e un momento axeitados para falar xuntos sobre este asunto tan importante.

A rapaza fala co seu mozo na terraza dunha cafetería.
Consello.

Consello: Durante esta conversa, fala con tacto pero sé firme. Non é necesario que fales de tódalas cousas que fai mal a outra persoa. Máis ben céntrate en explicar por que pensas ti que a relación non está funcionando.

Principio bíblico: “Dicide a verdade cada un ó seu próximo” (Zacarías 8:16).

Romper unha relación significa que fracasaches? En absoluto. Lembra que saír con alguén vaiche axudar a decidir se vas casar ou non. Aínda se a relación acaba, podes aprender valiosas leccións desa experiencia.

Pregúntate: “Que aprendín sobre min durante esta relación? Ensinoume algunhas cousas nas que necesito mellorar antes de estar preparado para casar? Que faría distinto se volvese saír con alguén?”.

a Para entender mellor como poden estas diferenzas afectarlle a un matrimonio, podes ler os artigos “Ayuda para las familias: Cuando parece que son incompatibles” e “Ayuda para las familias: Busque el lado bueno de las cosas que le molestan”.

b Escrito por Howard J. Markman, Scott M. Stanley e Susan L. Blumberg.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir