BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwfq artigo 31
  • Son unha seita as Testemuñas de Xehová?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Son unha seita as Testemuñas de Xehová?
  • Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Que é unha seita?
  • Sodes unha seita norteamericana?
    Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
  • Que adoración aproba Deus?
    Que ensina realmente a Biblia?
Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
ijwfq artigo 31
Unha testemuña de Xehová ensinándolles a ler e escribir a un grupo de persoas

Son unha seita as Testemuñas de Xehová?

Non. Somos cristiáns que facemos o posible por seguir o exemplo de Xesucristo e por vivir segundo as súas ensinanzas.

Que é unha seita?

O termo seita pode ter diferentes significados para a xente. Vexamos dous dos significados máis comúns deste termo e por que non pode calificarse de seita ás Testemuñas de Xehová.

  • Hai quen pensa que unha seita é unha relixión nova ou que se aparta das relixións tradicionais. As testemuñas de Xehová non inventamos unha relixión nova. De feito, seguimos o exemplo e ensinanzas dos cristiáns do primeiro século que atopamos na Biblia (2a Timoteo 3:16, 17). Cremos que só a Biblia debe ser a autoridade que marque as regras sobre como adorar a Deus.

  • Hai quen pensa que unha seita é un grupo perigoso que segue as ordes dun líder espiritual. As testemuñas de Xehová non temos ningún líder humano. Seguimos fielmente a norma que Xesús deu ós seus seguidores: “Un só é o voso dirixente: Cristo” (Mateo 23:10).

Lonxe de ser unha seita perigosa, a nosa relixión benefícianos a nós e mais á xente que nos rodea. Por exemplo, a mensaxe da Biblia que predicamos xa leva axudado a moitas persoas a superar adicións como o consumo de drogas e o abuso do alcohol. Ademais, organizamos cursos de alfabetización en todo o mundo, axudando así a miles de persoas a aprender a ler e escribir. Tamén socorremos ás vítimas de desastres. Esforzámonos moito por facer o ben ós demais, tal e como Xesús ensinou ós seus discípulos a facer (Mateo 5:13-16).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir