BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • bh páx. 199-páx. 201 par. 5
  • Xesucristo, o Mesías prometido

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Xesucristo, o Mesías prometido
  • Que ensina realmente a Biblia?
  • Información relacionada
  • Demostran as profecías mesiánicas que Xesús foi o Mesías?
    Preguntas sobre a Biblia
  • Quen é Xesucristo?
    Que ensina realmente a Biblia?
Que ensina realmente a Biblia?
bh páx. 199-páx. 201 par. 5

APÉNDICE

Xesucristo, o Mesías prometido

A FIN de axudarnos a identificar o Mesías, Xehová inspirou a moitos profetas da Biblia para que desen detalles do nacemento, a predicación e a morte daquel que rescataría a humanidade. Estas profecías son moi detalladas e precisas, e todas elas cúmprense en Xesucristo. Para comprobalo, imos analizar algunhas das que predixeron acontecementos relacionados co nacemento e a infancia do Mesías.

O profeta Isaías predixo que o Mesías sería descendente do rei David (Isaías 9:6 [9:7, NM]). E así foi! Xesús naceu da liñaxe da casa real de David (Mateo 1:1, 6-17).

Outro profeta de Deus chamado Miqueas, predixo que este neno chegaría a ser un gobernante, e que nacería en “Belén de Efratah” (Miqueas 5:1 [5:2, NM]). Pero na época na que Xesús naceu, en Israel había dúas cidades que se chamaban Belén: unha que estaba preto de Nazaret, no norte do país, e a outra cerca de Xerusalén, en Xudea. A esta última, antigamente chamábaselle Efratah. E foi xusto nesta cidade onde Xesús naceu, tal e como se profetizara! (Mateo 2:1).

Outra profecía da Biblia predixo que o Fillo de Deus sería chamado para que saíse de Exipto. O neno Xesús foi levado a Exipto e trouxérono de volta cando morreu Herodes, cumprindo así a profecía (Oseas 11:1; Mateo 2:15).

No recadro titulado “Profecías sobre o Mesías”, hai unha lista de citas bíblicas onde atoparás moitos detalles sobre o Mesías. Podes comparar estas citas co listado que aparece baixo o encabezamento “Cumprimento”. Isto axudarache a fortalecer a túa fe na veracidade da Palabra de Deus.

Mentres analizas estes versículos, pensa que estas profecías se escribiron centos de anos antes do nacemento de Xesús. De feito, o mesmo Xesús dixo: “Vos dicía que conviña que se cumprise todo o que está escrito na Lei de Moisés, nos Profetas e mais nos Salmos acerca de min” (Lucas 24:44). Como poderás comprobar na túa Biblia, todas estas profecías cumpríronse ata o máis mínimo detalle.

PROFECÍAS SOBRE O MESÍAS

ACONTECEMENTO

PROFECÍA

CUMPRIMENTO

Naceu da tribo de Xudá

Xénese 49:10

Lucas 3:23-33

Naceu dunha virxe

Isaías 7:14

Mateo 1:18-25

Foi descendente do rei David

Isaías 9:6 (9:7, NM)

Mateo 1:1, 6-17

Xehová declarou que era o seu Fillo

Salmo 2:7

Mateo 3:17

Moitos non creron nel

Isaías 53:1

Xoán 12:37, 38

Entrou en Xerusalén montado nun burro

Zacarías 9:9

Mateo 21:1-9

Foi traizoado por un compañeiro moi achegado

Salmo 41:10 (41:9, NM)

Xoán 13:18, 21-30

Foi traizoado por trinta moedas de prata

Zacarías 11:12

Mateo 26:14-16

Mantivo silencio ante os seus acusadores

Isaías 53:7

Mateo 27:11-14

Sorteáronse as súas roupas

Salmo 22:19 (22:18, NM)

Mateo 27:35

Burláronse del mentres estivo cravado no madeiro

Salmo 22:8, 9 (22:7, 8, NM)

Mateo 27:39-43

Non lle romperon nin un dos ósos

Salmo 34:21 (34:20, NM)

Xoán 19:33, 36

Enterrárono cos ricos

Isaías 53:9

Mateo 27:57-60

Foi resucitado antes de que o seu corpo se corrompese

Salmo 16:10

Feitos 2:24, 27

Deus colocouno á súa destra

Salmo 110:1

Feitos 7:56

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir