BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 8 páx. 26-páx. 27 par. 1
  • Abraham e Sara obedecen a Deus

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Abraham e Sara obedecen a Deus
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Unha proba de fe
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Abraham e Sara teñen un fillo
    Aprendamos das historias da Biblia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 8 páx. 26-páx. 27 par. 1
Abraham e Sara preparándose para marchar de Ur

CAPÍTULO 8

Abraham e Sara obedecen a Deus

Cerca de Babel había unha cidade que se chamaba Ur. Alí a xente adoraba moitos outros deuses diferentes a Xehová. Pero había un home que só adoraba a Xehová. Chamábase Abraham.

Xehová díxolle a Abraham: “Deixa a túa casa e os teus parentes, e vai á terra que che mostrarei”. Entón prometeulle: “Farei de ti unha nación grande, e por medio de ti traerei cousas boas para a xente de toda a terra”.

Abraham non sabía onde o mandaría ir Xehová, pero confiou nel. Así que Abraham, a súa muller Sara, o seu pai Térah e o seu sobriño Lot obedeceron a Xehová. Colleron as súas cousas e comezaron aquela longa viaxe.

Abraham tiña 75 anos cando el e maila súa familia chegaron á terra que Xehová quería mostrarlles. Aquela terra chamábase Canaán. Alí, Deus falou con Abraham e fíxolle a seguinte promesa: “Voulle dar ós teus fillos toda a terra que estás a ver”. Pero Abraham e Sara eran vellos e non tiñan fillos. Como se cumpriría aquela promesa?

Abraham e maila súa familia de camiño a Canaán

Abraham, “movido pola fe, obedeceuno, saíndo para un lugar que había de recibir en posesión, aínda que saíu sen saber onde ía” (Hebreos 11:8)

Preguntas. Que lle mandou facer Xehová a Abraham? Que lle prometeu Xehová a Abraham?

Xénese 11:29–12:9; Feitos 7:2-4; Gálatas 3:6; Hebreos 11:8

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir