BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 9 páx. 28-páx. 29 par. 1
  • Abraham e Sara teñen un fillo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Abraham e Sara teñen un fillo
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Abraham e Sara obedecen a Deus
    Aprendamos das historias da Biblia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 9 páx. 28-páx. 29 par. 1
Sara dentro da tenda escoitando a conversa dos anxos con Abraham

CAPÍTULO 9

Abraham e Sara teñen un fillo

Abraham e Sara levaban moitos anos casados. Deixaran as comodidades que tiñan en Ur e vivían nunha tenda de campaña. Pero Sara non se queixaba porque sabía que facer o que Xehová lles mandara era o mellor para eles.

Sara tiña tanta gana dun fillo que lle dixo a Abraham: “Se a miña serva Hagar tivese un fillo, sería como se fose meu”. Co tempo, Hagar tivo un neno que se chamou Ismael.

Sara embarazada

Moitos anos despois, cando Abraham tiña 99 anos e Sara 89, visitáronos tres homes. Abraham invitounos a comer e a descansar debaixo dunha árbore. Sabes quen eran aqueles homes? Eran anxos! Dixéronlle a Abraham: “De hoxe nun ano ti e maila túa muller habedes ter un fillo”. Sara estaba dentro da tenda escoitando. Entón riuse para si e pensou: “Ós meus anos? Como vou ter un fillo?”.

O ano seguinte, Sara tivo un neno, tal e como o anxo de Xehová lles prometera. Abraham chamoulle Isaac, que significa “risa”.

Cando Isaac tiña uns cinco anos, Sara viu que Ismael se burlaba del. Como quería protexer o seu fillo, foi onda Abraham e pediulle que botase da casa a Hagar e mais a Ismael. Ó principio, Abraham non quería facelo, pero Xehová díxolle: “Faille caso a Sara. Eu coidarei de Ismael. As miñas promesas vanse cumprir mediante Isaac”.

Sara termando de Isaac mentres Hagar e Ismael marchan

“Pola fe e por considerar merecente de fe ó que lle prometera descendencia”, Sara “recibiu poder para fundar descendencia” (Hebreos 11:11)

Preguntas. Que lle sentiu dicir Sara ós anxos? Que fixo Xehová para protexer a Isaac?

Xénese 16:1-4, 15, 16; 17:25-27; 18:1-15; 21:1-14; Hebreos 11:11

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir