BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 35 páx. 86-páx. 87 par. 1
  • Ana pídelle un fillo a Xehová

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Ana pídelle un fillo a Xehová
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Ábrelle a Xehová o teu corazón
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
  • Xehová recorda tódalas túas lágrimas
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • Samuel sempre facía o que estaba ben
    Aprendamos da Biblia en familia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 35 páx. 86-páx. 87 par. 1
Ana co pequeno Samuel no tabernáculo presentándollo a Elí

CAPÍTULO 35

Ana pídelle un fillo a Xehová

Un israelita chamado Elcanah tiña dúas mulleres, Ana e Peninah, pero quería máis a Ana. Peninah tiña moitos fillos e burlábase de Ana porque ela non tiña ningún. Como cada ano, Elcanah levou a súa familia a adorar a Xehová no tabernáculo en Xiloh. Ó chegar, caeu na conta de que Ana estaba moi triste. Díxolle: “Non chores, Ana. Tesme a min, e eu quérote moito”.

Máis tarde, Ana apartouse un pouco para orarlle a Xehová. Mentres lle suplicaba que a axudase, choraba a todo chorar. Prometeulle: “Xehová, se me dás un fillo, cedereicho e servirate tódolos días da súa vida”.

O sumo sacerdote Elí observando a Ana mentres ela ora a Xehová entre bágoas

Elí, o sumo sacerdote, viu a Ana e pareceulle que estaba falando soa. Así que pensou que estaba borracha. Pero Ana díxolle: “Non, señor, non estou bébeda. Teño unha preocupación moi grande e estoulla contando a Xehová”. Elí deuse conta de que se equivocara e díxolle: “Que Deus che conceda o que lle pediches”. Ana sentiuse mellor e marchou. Antes de que pasase un ano tivo un fillo e chamoulle Samuel. Imaxinas como se debeu sentir Ana? Moi feliz, verdade?

Ana non se esqueceu da promesa que lle fixera a Xehová. Cando deixou de darlle o peito a Samuel, levouno para que servise a Xehová no tabernáculo. Díxolle a Elí: “Este é o rapaz polo que estiven a orar. Cédollo a Xehová tódolos días da súa vida”. Cada ano, Elcanah e Ana visitaban a Samuel e levábanlle unha túnica nova sen mangas. Grazas a Xehová, Ana tivo tres fillos máis e dúas fillas.

“Pedide e recibiredes, buscade e atoparedes” (Mateo 7:7)

Preguntas. Por que estaba Ana tan triste? Como bendiciu Xehová a Ana?

1 Samuel 1:1–2:11, 18-21

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir