CANCIÓN 36
Protexe ben o teu corazón
Edición impresa
(Proverbios 4:23)
1. Protexe ben o corazón
e a vida lograrás,
alí están as intencións,
o que te fai actuar.
O corazón ás veces vai
quererte traizoar,
seguindo a guía de Xehová,
ti valo dominar.
2. Prepara ben o corazón
por medio da oración.
Deus pode ve-lo interior
e darche orientación.
Se ti te deixas moldear
e prestas atención,
só cousas xustas e leais
terás no corazón.
3. Axusta ben o corazón
á mente de Xehová,
así o mal xamais terá
un oco para entrar.
Recorda darlle sempre a Deus
a túa adoración,
cun corazón completo vas
gaña-lo seu amor.
(Ver tamén Sal. 34:2 [34:1, TNM]; Filip. 4:8; 1 Ped. 3:4.)