Aínda que non prefigurou a Conmemoración, podemos aprender moito dalgúns aspectos da Pascua. Por exemplo, o apóstolo Paulo chamoulle “o noso año pascual” a Xesús (1 Cor. 5:7). O sangue nos marcos das portas salvou vidas, e o sangue de Xesús tamén salva vidas (Éx. 12:12, 13). Ó cordeiro de Pascua non lle podían romper ningún óso, e a Xesús non lle romperon ningún óso, mesmo sendo este o costume neste tipo de execucións (Éx. 12:46; Xn. 19:31-33, 36).