TESOUROS DA BIBLIA | ÉXODO 12
O significado da Pascua para os cristiáns
12:5-7, 12, 13, 24-27
Para que non lles pasase nada durante a décima praga, era fundamental que os israelitas obedecesen todo o que Xehová lles mandara (Éx. 12:28). A noite do 14 de nisán, as familias tiñan que xuntarse na casa. Debían matar un año ou un cabuxo dun ano que estivese san. Despois, tiñan que asperxer o sangue nas xambas e na parte superior da porta da casa. Finalmente, debían asar o animal enteiro e comelo decontado. Ninguén podía saír da casa ata a mañá (Éx. 12:9-11, 22).
De que xeitos concretos nos protexe a obediencia na actualidade?