BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb21 xaneiro páx. 11
  • Escolle servir a Xehová

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Escolle servir a Xehová
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
  • Información relacionada
  • O bautismo, unha meta que vale a pena
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • O bautismo e a túa relación con Deus
    Que ensina realmente a Biblia?
  • Estás listo para te bautizar?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2020
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
mwb21 xaneiro páx. 11
Un camiño sinuoso que representa o camiño de servir a Xehová. Sinais ós lados que representan os seguintes pasos: estudar a Biblia, asistir ás reunións, predicar e o bautismo

En que etapa do camiño ó bautismo estás?

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Escolle servir a Xehová

Se estás estudando a Biblia ou es un mozo que xa deu o paso de ser publicador, tes a meta de te bautizar? Por que deberías querer bautizarte? Porque a dedicación e o bautismo son o comezo dunha relación especial con Xehová (Sl 91:1). Ademais tamén levan á salvación (1Pe 3:21). Que pasos podes dar para seguir avanzando?

Asegúrate de que esta é a verdade. Cando teñas preguntas, investiga (Rm 12:2). Identifica os cambios que precisas facer e fainos motivado polo teu desexo de agradarlle a Xehová (Pr 27:11; Ef 4:23, 24). Óralle sempre para pedirlle a súa axuda. Podes estar seguro de que che dará as forzas e o apoio que precises por medio do seu poderoso espírito santo (1Pe 5:10, 11). Os esforzos que fagas ben pagarán a pena. Servir a Xehová é a mellor vida que hai! (Sl 16:11).

DESPOIS DE VER O VÍDEO O CAMIÑO Ó BAUTISMO, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Que dificultades tiveron que superar algúns para se bautizar?

  • Como podes chegar a ter a fe que precisas para dedicar a túa vida a Xehová?

  • Que motivou a algúns a dar os pasos necesarios para bautizarse?

  • Que bendición reciben os que escollen servir a Xehová?

  • Que significan a dedicación e o bautismo?

Ó final do discurso de bautismo, o orador pídelles ós candidatos que se poñan de pé e respondan en voz alta as seguintes dúas preguntas:

Arrepentícheste dos teus pecados, dedicácheste a Xehová e aceptaches que Xesucristo é o único medio que Deus nos deu para nos salvar?

Entendes que o teu bautismo te identifica como testemuña de Xehová e como parte da súa organización?

As respostas afirmativas a estas preguntas son unha declaración pública de que quen quere bautizarse puxo fe no rescate e se dedicou sen reservas a Xehová (Rm 10:9, 10).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir