BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp23 núm. 1 páxs. 8-9
  • 2 | “O consolo que dan as Escrituras”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • 2 | “O consolo que dan as Escrituras”
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2023
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Que significa?
  • Como nos axuda?
  • 3 | Como poden axudarche os exemplos da Biblia?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2023
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2023
wp23 núm. 1 páxs. 8-9
Un home maior reflexionando no que acaba de ler na Biblia.

2 | “O consolo que dan as Escrituras”

O QUE DI A BIBLIA: “Todo canto antigamente se escribiu, escribiuse para a nosa instrucción: para que entre a nosa paciencia e o consolo que dan as Escrituras, manteñámo-la esperanza” (ROMANOS 15:4).

Que significa?

A Biblia contén ideas animadoras que poden darnos a forza e o aguante que necesitamos cando nos asalten os pensamentos negativos. Ademais, dános a esperanza de que dentro de pouco o sufrimento emocional será cousa do pasado.

Como nos axuda?

Todos nos sentimos angustiados de vez en cando, pero os que padecen depresión ou ansiedade poida que loiten a diario con emocións moi dolorosas. Como pode axudarnos a Biblia?

  • Na Biblia atopamos moitas ideas positivas que poden axudarnos a desfacernos dos pensamentos negativos que teñamos (Filipenses 4:8, TNM). Encher a nosa mente de cousas que nos animen e nos tranquilicen axudaranos a controlar as nosas emocións (Salmo 94:18, 19).

  • A Biblia pode axudarnos a deixar de pensar que non valemos para nada (Lucas 12:6, 7).

  • Moitos textos da Biblia asegúrannos que non estamos sós e que Deus, o noso Creador, comprende perfectamente os nosos sentimentos (Salmo 34:19 [34:18, TNM]; 1 Xoán 3:19, 20).

  • A Biblia promete que Deus fará que chegue o momento no que non recordaremos nada do que nos causa dor (Isaías 65:17; Apocalipse 21:4). Esta promesa axúdanos a seguir adiante cando sufrimos polas cousas malas que pensamos e sentimos.

Como lle axuda a Biblia a...Jessica

Como me afectou a depresión

Jessica durmindo cunha Biblia aberta na man.

“Cando tiña 25 anos, sufrín unha crise nerviosa e diagnosticáronme depresión grave. Atormentábanme os malos recordos que me viñan á cabeza de repente. Os médicos axudáronme a entender que a miña depresión estaba relacionada cos patróns de pensamento negativos que tiña, e que isto se debía ás cousas dolorosas que pasaran na miña vida. Ademais da medicación adecuada, necesitei falar cun especialista para poder identificar e corrixir os patróns de pensamento pouco saudables.”

Como me axuda a Biblia

“Nos momentos máis escuros da miña depresión, non podía durmir e tiña ataques de pánico e moitísima ansiedade. Pola noite, sentíame moi angustiada moitas veces por todo o que pasaba pola miña cabeza e que non podía controlar. Como se explica en Salmo 94:19, Deus pode consolarnos e tranquilizarnos cando sentimos que non somos capaces de controlar as nosas preocupacións. Por iso tiña unha Biblia cerca da cama, e tamén un caderno con textos bíblicos que me animaban. Cando non podía durmir, lía algúns textos da Biblia, e así permitía que Deus me consolase a través da súa Palabra.

“A Biblia anímanos a rechazar calquera pensamento que vaia en contra do que sabemos sobre Deus. Por exemplo, antes estaba convencida de que eu non valía para nada e de que ninguén me quería. Pero despois aprendín que a Biblia ensina todo o contrario. Nela descríbese a Deus como un Pai cariñoso e compasivo que se preocupa por cada un de nós de maneira individual. Pouco a pouco conseguín controlar os meus pensamentos, en vez de que eles me controlasen a min. Ademais, aprendín a verme como me ve Deus. Isto axudoume moito a cambiar a visión negativa que tiña de min mesma.

“Estou desexando que chegue o día no que non teñamos que sufrir por ter recordos dolorosos ou patróns de pensamento que nos fagan dano. Saber que dentro de pouco os trastornos mentais serán cousa do pasado axúdame a seguir aguantando e a mirar ó futuro con esperanza, cando xa non teña que loitar contra a depresión.”

Se necesitas máis axuda

Le o artigo “Ayuda del ‘Dios de todo consuelo’” da revista ¡Despertad! de xullo de 2009, dispoñible en jw.org.

Escoita a gravación de audio do libro dos Salmos en jw.org, dispoñible en español.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir