BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp23 núm. 1 páxs. 10-11
  • 3 | Como poden axudarche os exemplos da Biblia?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • 3 | Como poden axudarche os exemplos da Biblia?
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2023
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Que significa?
  • Como nos axuda?
  • 2 | “O consolo que dan as Escrituras”
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2023
  • 4 | A Biblia dános bos consellos
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2023
  • 1 | A oración: “Botade sobre Deus tódalas vosas ansias”
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2023
  • Agora sinto que podo axudar os demais
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2015)
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2023
wp23 núm. 1 páxs. 10-11
O profeta Moisés angustiado, mirando cara ó ceo e orándolle a Deus.

3 | Como poden axudarche os exemplos da Biblia?

A BIBLIA FALA DE...Homes e mulleres fieis que tiveron sentimentos coma calquera de nós (SANTIAGO 5:17).

Que significa?

As páxinas da Biblia conteñen moitos relatos de homes e mulleres da vida real que experimentaron diferentes tipos de emocións. Podemos sentirnos identificados con algúns deles cando lemos o que lles pasou.

Como nos axuda?

Todos necesitamos sentir que nos entenden, pero isto é especialmente necesario cando loitamos contra enfermidades mentais. Cando lemos a Biblia, podemos sentirnos identificados con persoas que viviron no pasado e que tiveron os mesmos pensamentos e sentimentos ca nós. Grazas a isto, dámonos conta de que non estamos sós na nosa loita contra a ansiedade e as emocións negativas.

  • A Biblia cóntanos o que dixeron algúns homes que se sentiron desesperados e sen forzas. Pensaches algunha vez “Non podo máis, non podo vivir así”? Pois Moisés, Elías e David sentíronse desta mesma maneira (Números 11:14, 1 Reis 19:4, Salmo 55:5 [55:4, TNM]).

  • A Biblia fálanos dunha muller chamada Ana que tiña a “alma chea de tristura”. Por que se sentía así? Porque non podía ter fillos e porque a outra muller do seu home se burlaba cruelmente dela (1 Samuel 1:6, 10).

  • A Biblia tamén nos fala dun home chamado Xob co que nos podemos sentir identificados. Aínda que tiña unha fe forte en Xehová, sentiuse tan angustiado que dixo: “Sinto noxo da miña vida, non quero seguir vivindo” (Xob 7:16, TNM).

Todas estas persoas puideron superar a súa forma de pensar negativa. Se aprendemos na Biblia como o lograron, nós tamén teremos as forzas para facer o mesmo.

Como lle axuda a Biblia a...Kevin

Como me afecta o trastorno bipolar

Kevin tomando un café con dous amigos.

“Diagnosticáronme trastorno bipolar cando tiña case cincuenta anos. Hai momentos nos que creo que podo superar calquera problema ó que me enfronte. Pero noutras ocasións sinto que non vale a pena vivir.”

Como me axuda a Biblia

“Un personaxe bíblico co que me sinto identificado é o apóstolo Pedro. Cometeu erros que lle fixeron sentir que non valía nada pero, en vez de seguir pensando desta forma, buscou a compañía de amigos que se preocupaban por el. Cando teño un mal día por culpa do trastorno bipolar, as miñas imperfeccións poden angustiarme e facerme sentir inútil. Igual que Pedro, aprendín a manterme cerca dos meus amigos neses momentos. Eles axúdanme a non renderme e a seguir cara adiante.

“Outro personaxe da Biblia que me consola moito é o rei David. Moitas veces estaba deprimido polos problemas que tiña e sentíase moi mal polos erros que cometera no pasado. Síntome identificado con el porque ás veces fago cousas das que despois me arrepinto. As palabras de David do Salmo 51:5 (51:3, TNM) anímanme moito. El dixo: ‘Recoñezo o meu pecado e teño sempre presente a miña culpa’. Estas palabras describen moi ben como me sinto nos meus peores momentos, cando me resulta difícil pensar de forma positiva sobre min mesmo. Pero tamén me identifico coas palabras de David do versículo 12 (versículo 10, TNM): ‘Crea, Deus, en min un corazón puro, renóvame por dentro cun espírito firme’. Eu tamén lle pido a Deus que me axude a sentirme contento comigo mesmo. Por último, o versículo 19 (versículo 17, TNM) consólame ó dicir: ‘O corazón contrito e humilde ti, Deus, non o desprezas’. Isto recórdame que Deus me quere moito.

“Centrarme nos exemplos da Biblia e en todo no que Deus me dá fortalece a miña esperanza para o futuro. Saber que as promesas da Biblia se farán realidade axúdame a seguir cara adiante.”

Se necesitas máis axuda

Le o artigo “Vivir con un trastorno del ánimo” da ¡Despertad! do 8 de xaneiro de 2004, dispoñible en jw.org.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir