BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp23 núm. 1 páxs. 12-13
  • 4 | A Biblia dános bos consellos

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • 4 | A Biblia dános bos consellos
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2023
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Que significa?
  • Como nos axuda?
  • Como lles axudan os bos consellos da Biblia ós que sofren
  • A saúde mental é unha preocupación mundial
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2023
  • 3 | Como poden axudarche os exemplos da Biblia?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2023
  • Axudemos ós que padecen unha enfermidade mental
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2023
  • Como che pode axudar a ti a Biblia?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2017
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2023
wp23 núm. 1 páxs. 12-13
Unha muller feliz andando en bicicleta.

4 | A Biblia dános bos consellos

O QUE DI A BIBLIA: “Toda a Escritura [...] é útil” (2 TIMOTEO 3:16).

Que significa?

A Biblia non é un libro de medicina, pero contén consellos útiles que poden axudar ás persoas que sofren por culpa dunha enfermidade mental. Vexamos algúns exemplos.

Como nos axuda?

“Non son os sans senón os enfermos os que precisan de médico” (MATEO 9:12).

A Biblia recoñece que podemos necesitar tratamentos médicos. Moitas persoas con enfermidades mentais sentíronse mellor despois de buscar información fiable sobre o seu problema e de recibir axuda dun especialista.

“O exercicio corporal e útil” (1 TIMOTEO 4:8).

Dedicar tempo e enerxías a mellorar a túa saúde física tamén pode axudarche a mellorar a túa saúde mental. Ter hábitos saudables inclúe facer exercicio regularmente, seguir unha dieta equilibrada e durmir o suficiente.

“Un corazón alegre é unha boa medicina, pero un espírito esmagado déixate sen enerxías” (PROVERBIOS 17:22, TNM).

Ler textos da Biblia animadores e poñerte obxectivos razoables que poidas alcanzar pode axudarche a estar contento. Ter unha actitude positiva é moi útil para manter o equilibrio emocional mentres te enfrontas ós teus problemas de saúde mental.

“A Sabedoría vai cos modestos” (PROVERBIOS 11:2).

Poida que te deas conta de que ti só non es capaz de facer todo o que che gustaría, así que acepta a axuda doutros. Seguramente os teus amigos e a túa familia queiran axudarche pero quizais non saiban como facelo. Sé específico e dilles como che poderían axudar, pero non esquezas ser razoable e dálles sempre as grazas polo que fan.

Como lles axudan os bos consellos da Biblia ós que sofren

“Notaba que me estaba pasando algo, así que fun ó médico. A doutora díxome o que tiña e isto axudoume a aceptar a miña enfermidade. Ademais, faloume dalgúns tratamentos médicos que me axudarían a coidar mellor da miña saúde” (Nicole,a que sofre trastorno bipolar).

Unha muller falando cunha profesional da medicina.

“Descubrín que ler a Biblia tódolos días coa miña muller me axudaba a empezar o día con pensamentos positivos. Os días nos que peor me sinto, moitas veces hai un versículo en particular que me chega ó corazón” (Peter, que sofre depresión).

“Dábame vergonza falar da miña enfermidade, e por iso me custaba tanto contárllelo a outras persoas. Pero unha boa amiga foi tan comprensiva e escoitoume con tanto cariño que me axudou a sentirme moito mellor e a darme conta de que non estaba soa” (Ji-yoo, que sofre un trastorno da alimentación).

“A Biblia ensinoume a ser razoable e equilibrado co traballo e co descanso. Os seus bos consellos axudáronme a enfrontarme ós constantes problemas emocionais que teño” (Timothy, que sofre un trastorno obsesivo-compulsivo).

a Cambiáronse algúns nomes.

O taboleiro animado “Como superar a tristura?”
Se necesitas máis axuda

Mira o taboleiro animado Como superar a tristura?, dispoñible en jw.org.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir