Por que segue habendo guerras e conflitos violentos?
A Biblia revela cal é a causa da guerra e dos conflitos violentos e por que seguen sucedendo.
PECADO
Deus creou os nosos primeiros pais, Adán e Eva, á súa imaxe (Xénese 1:27). Isto significa que demostrarían por natureza as cualidades de Deus, incluídas a paz e o amor (1 Corintios 14:33; 1 Xoán 4:8). Pero Adán e Eva desobedeceron a Deus e pecaron. Como resultado, todos nós herdamos o pecado e a morte (Romanos 5:12). Ó herdar o pecado, os seres humanos a miúdo temos malos pensamentos e, como resultado, moitas persoas fan cousas violentas (Xénese 6:5; Marcos 7:21, 22).
GOBERNOS HUMANOS
Deus non nos creou para gobernarnos a nós mesmos. A Biblia di que ó home “nin sequera lle corresponde dirixir os seus pasos” (Xeremías 10:23, TNM). Por esa razón os gobernos humanos non poden eliminar por completo a guerra e a violencia.
SATANÁS E OS SEUS DEMOS
A Biblia revela que “o mundo enteiro está nas mans do Maligno” (1 Xoán 5:19). O “Maligno” chámase Satanás o Demo, e é un asasino moi cruel (Xoán 8:44). Tanto el coma os seus demos provocan que a xente empece guerras e sexa violenta (Apocalipse 12:9, 12).
Os humanos non podemos eliminar o que causa a guerra e a violencia, pero Deus si que pode.