Os humanos non podemos acabar coa guerra
Como acabarán a guerra e os conflitos violentos?
A Biblia di que será Deus, e non os humanos, quen acabará “coas guerras por toda a terra” (Salmo 46:9, TNM).
DEUS ELIMINARÁ OS GOBERNOS HUMANOS
Deus eliminará os gobernos humanos na guerra que a Biblia chama Armaxedón (Apocalipse 16:16).a Entón “os reis de toda a terra” reuniranse para “a guerra do día grande do Deus que todo o sostén” (Apocalipse 16:14). Despois de Armaxedón non haberá máis guerras.
Deus substituirá os gobernos humanos co seu Reino que gobernará desde o ceo e que nunca será destruído, e escolleu o seu fillo, Xesucristo, para ser o Rei (Daniel 2:44; Isaías 9:5, 6 [9:6, 7, TNM]; Mateo 28:18). Este goberno é o Reino polo que Xesús ensinou a orar ós seus seguidores (Mateo 6:9, 10).b Toda a humanidade estará reunida baixo un goberno mundial con Xesús como Gobernante.
A diferenza dos gobernantes humanos, Xesús non usará a súa autoridade no seu beneficio. Como é xusto e imparcial, ninguén se terá que preocupar por se será discriminado pola súa raza ou antecedentes étnicos (Isaías 11:3, 4). Ademais, a xente non terá que loitar polos seus dereitos. Por que non? Xesús preocuparase polo benestar de cada persoa. “Librará ó pobre que suplica, ó aflixido que está sen axuda. [...] Rescataraos da inxuria e da opresión” (Salmo 72:12-14).
O Reino de Deus eliminará da Terra as armas e as persoas malas que se negan a deixar de loitar e que fan dano a outros (Miqueas 4:3; Salmo 37:9, 10). Cada home, muller e neno sentirase seguro en calquera parte (Ezequiel 34:28).
Cando o Reino de Deus goberne a Terra, as persoas desfrutarán da mellor vida posible. Eliminaranse os problemas que fan que a xente loite, como a pobreza, a fame e a falta dun fogar. Todos terán abundante comida nutritiva e terán un lugar cómodo onde vivir (Salmo 72:16; Isaías 65:21-23).
O Reino de Deus desfarase das terribles consecuencias da guerra. Isto inclúe danos físicos, pero tamén a dor mental e emocional que a xente sofre polas cousas terribles que viviron durante a guerra. Incluso os que morreron serán resucitados e volverán vivir na Terra (Isaías 25:8; 26:19; 35:5, 6). As familias reuniranse e ninguén recordará as cousas malas que sufriu no pasado, porque “as cousas anteriores desapareceron” (Apocalipse 21:4, TNM).
DEUS ELIMINARÁ O PECADO
Cando o Reino de Deus goberne a Terra, tódalas persoas adorarán o único Deus verdadeiro, Xehová, “o Deus de amor e de paz” (2 Corintios 13:11).c As persoas aprenderán a vivir en paz (Isaías 2:3, 4; 11:9). Tódolos que obedezan a Deus deixarán de sufrir os efectos do pecado e chegarán a ser perfectos (Romanos 8:20, 21).
DEUS ELIMINARÁ A SATANÁS E OS SEUS DEMOS
O Reino de Deus eliminará os que motivan a xente a loitar, Satanás e os seus demos (Apocalipse 20:1-3, 10). Entón “haberá paz en abundancia” (Salmo 72:7, TNM).
Podes estar seguro de que a promesa de Deus de acabar coa guerra e cos conflitos armados cumprirase porque ten tanto a capacidade coma o desexo de eliminalos.
Deus ten a sabedoría e o poder necesario para acabar coa guerra e a violencia (Xob 9:4). Nada é imposible para el (Xob 42:2).
Deus odia ver a xente sufrir (Isaías 63:9). E tamén “odia a todo o que ama a violencia” (Salmo 11:5, TNM).
Deus sempre cumpre coa súa palabra, non pode mentir (Isaías 55:10, 11; Tito 1:2).
Deus traerá paz real e duradeira no futuro.
Deus eliminará a guerra
a Le o artigo “Que é a guerra de Harmaguedón?” en jw.org.
b Mira o vídeo Que é o Reino de Deus? en jw.org.
c Xehová é o nome persoal de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8).