BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w25 xuño páxs. 2-7
  • Leccións que podemos aprender das últimas palabras de Xacob (parte 1)

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Leccións que podemos aprender das últimas palabras de Xacob (parte 1)
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • RUBÉN
  • SIMEÓN E LEVÍ
  • XUDÁ
  • Leccións que podemos aprender das últimas palabras de Xacob (parte 2)
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Xacob e Esaú fan as paces
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Demostra que confías en Xehová cando tomes decisións
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
w25 xuño páxs. 2-7

ARTIGO DE ESTUDO 24

CANCIÓN sn 37 A Palabra de Deus é a nosa guía

Leccións que podemos aprender das últimas palabras de Xacob (parte 1)

“Xuntádevos, e diréivo-lo que vos vai pasar nos tempos que han vir” (XÉN. 49:1).

OBXECTIVO

Comprender que leccións nos ensinan as últimas palabras que Xacob lles dirixiu a Rubén, Simeón, Leví e Xudá.

1, 2. Que fixo Xacob antes de morrer, e por que? (Ver tamén a imaxe).

CANDO Xacob xa era moi maior, viaxou con toda a súa familia dende Canaán ata Exipto. Alí seguiu servindo fielmente a Xehová durante 17 anos (Xén. 47:28). Nese tempo, fíxoo moi feliz poder volver a ver a toda a familia xunta de novo incluíndo a Xosé, a quen dera por morto. Pero agora Xacob sentía que a súa vida estaba chegando ó seu fin, así que decide reunir a tódolos seus fillos para dicirlles algo moi importante (Xén. 49:28).

2 Naquela época, era común que o cabeza de familia reunise a todos para darlles as súas últimas instrucións antes de morrer (Is. 38:1). Nesa ocasión é posible que tamén comunicase quen ocuparía o seu lugar como cabeza de familia.

Pouco antes de morrer, Xacob cóntalles unha profecía ós seus 12 fillos (ver os parágrafos 1 e 2).


3. Segundo Xénese 49:1, 2, por que son tan importantes as palabras de Xacob?

3 Le Xénese 49:1, 2. Pero esta non era unha xuntanza familiar calquera. Xacob era un profeta e, naquel momento, Xehová inspirouno para predicir cousas importantes que lle pasarían á súa descendencia.

4. Que veremos neste artigo? (Ver tamén o recadro “A familia de Xacob”).

4 Neste artigo falaremos do que lles dixo Xacob a 4 dos seus fillos: Rubén, Simeón, Leví e Xudá. E no seguinte analizaremos o que lles dixo ós seus 8 fillos restantes. Como veremos, Xacob non só estaba falando dos seus fillos, senón da súa descendencia, a cal chegaría a formar a antiga nación de Israel. Recordar a historia da nación de Israel deixaranos claro como se cumpriron as palabras proféticas de Xacob. E ó analizar as súas palabras, aprenderemos valiosas leccións que nos poden axudar a facer feliz o noso Pai celestial, Xehová.

Nun recadro móstrase a árbore xenealóxica de Xacob. Ten dúas mulleres, Lea e Raquel, e dúas concubinas, Bilhah e Zilpah. Os fillos que tivo con Lea foron Rubén, Simeón, Leví, Xudá, Isacar, Zabulón e Dinah. Os fillos que tivo con Raquel foron Xosé e Benxamín. Os fillos que tivo con Bilhah foron Dan e Neftalí. Os fillos que tivo con Zilpah foron Gad e Axer.

RUBÉN

5. Que é probable que esperase herdar Rubén de seu pai?

5 En primeiro lugar, Xacob diríxese a Rubén e dille: “Ti es o meu primoxénito” (Xén. 49:3, TNM). É probable que Rubén, sendo o primoxénito, esperase recibir o dobre de herdanza que os seus irmáns. Quizais tamén esperase chegar a ser o cabeza de familia e que co tempo este privilexio pasase á súa descendencia.

6. Por que non recibiu Rubén a herdanza que lle correspondía ó primoxénito? (Xénese 49:3, 4, TNM).

6 Non obstante, Rubén non recibiu a herdanza que lle correspondía ó primoxénito (1 Crón. 5:1). Por que? Uns anos antes tivera relacións sexuais con Bilhah, a concubina de Xacob. Ela fora a serva de Raquel, a muller de Xacob que el tanto quería e que morrera (Xén. 35:19, 22). Pero, por que tivo Rubén relacións sexuais con ela? Por un lado, é posible que se sentise atraído por ela e que se deixase levar polos seus desexos sexuais. Por outro lado, tamén é probable que el quixese ter relacións con Bilhah para que o seu pai a desprezase e amase máis a súa nai, Lea. En calquera dos casos, o que fixo desgustou moito a Xehová e o seu pai (le Xénese 49:3, 4, TNM).

7. Que pasou con Rubén e cos seus descendentes? (Ver tamén o recadro “As últimas palabras de Xacob”).

7 Xacob díxolle a Rubén: “Non sobresairás”. Estas palabras cumpríronse, xa que non hai rexistro de que ningún descendente de Rubén chegase a ser rei, sacerdote ou profeta. Aínda así, Xacob deixoulle unha herdanza ó seu fillo, xa que os descendentes de Rubén convertéronse nunha das tribos de Israel (Xos. 12:6). Rubén demostrara ter boas cualidades noutras ocasións, e parece que nunca volveu a cometer inmoralidade sexual (Xén. 37:20-22; 42:37).

As últimas palabras de Xacob

Rubén.

Fillo

Rubén

Profecía

“Non sobresairás” (Xén. 49:4, TNM).

Cumprimento

Ninguén da tribo de Rubén foi líder da nación de Israel (1 Crón. 5:1, 2).

8. Que leccións podemos aprender do exemplo de Rubén?

8 Que leccións aprendemos? Temos que loitar contra os nosos malos desexos e estar decididos a non caer na inmoralidade sexual. Se algunha vez nos sentimos tentados a cometer un pecado, deberiamos parar e pensar no dano que lles farían as nosas accións a Xehová, á nosa familia e a outros. Tamén temos que recordar o seguinte consello: “Conforme sementes, recollerás” (Gál. 6:7). Por outro lado, o que lle pasou a Rubén recórdanos o misericordioso que é Xehová. Aínda que quizais suframos as consecuencias das nosas accións, se nos arrepentimos e nos esforzamos por facer o que é correcto, Xehová vainos perdoar e bendicir.

SIMEÓN E LEVÍ

9. Por que non estaba contento Xacob con Simeón e Leví? (Xénese 49:5-7).

9 Le Xénese 49:5-7. En segundo lugar, Xacob fala con Simeón e Leví. Pola dureza das súas palabras demostra que non está contento con eles. Anos atrás, Dinah —a filla de Xacob— fora violada por un cananeo chamado Xequem. Como era de esperar, isto enfadou moito a tódolos fillos de Xacob, pero Simeón e Leví non controlaron a súa ira. Os fillos de Xacob enganaron a Xequem e ós seus homes dicíndolles que farían as paces con eles se se circuncidaban. Eles estiveron de acordo, circuncidáronse e, mentres aínda se estaban recuperando, Simeón e Leví “colleron as súas espadas, entraron na cidade que se cría segura, e mataron a tódolos homes” (Xén. 34:25-29).

10. Como se cumpriu o que dixo Xacob sobre Simeón e Leví? (Ver tamén o recadro “As últimas palabras de Xacob”).

10 Xacob estaba moi enfadado porque os seus dous fillos mataron a moitas persoas. Entón predixo que a súa herdanza estaría dividida e espallada por Israel. Aquela profecía cumpriuse uns 200 anos despois, cando a nación de Israel entrou na Terra Prometida. A tribo de Simeón herdou algunhas cidades illadas dentro do territorio de Xudá, e a tribo de Leví herdou 48 cidades repartidas por todo Israel (Xos. 19:1; 21:41).

As últimas palabras de Xacob

Simeón.

Fillo

Simeón

Profecía

“Dividireinos en Xacob” (Xén. 49:7).

Cumprimento

A tribo de Simeón herdou algunhas cidades illadas dentro do territorio de Xudá (Xos. 19:1-8).

Leví.

Fillo

Leví

Profecía

“Dividireinos en Xacob” (Xén. 49:7).

Cumprimento

A tribo de Leví dividiuse en 48 cidades repartidas por todo Israel (Xos. 21:41).

11. Que cousas boas fixeron a tribo de Simeón e a de Leví?

11 Os descendentes de Simeón e os de Leví non cometeron os mesmos erros que os seus antepasados. A tribo de Leví demostrou que adoraba a Xehová con lealdade. Cando Moisés subiu ó Monte Sinaí para recibir a Lei de Xehová, moitos israelitas puxéronse a adorar un becerro, pero os levitas negáronse a adorar un deus falso. En vez diso, axudáronlle a Moisés a acabar con tódolos que caeran na idolatría (Éx. 32:26-29). Ademais, Xehová escolleu a homes desta tribo para darlles o gran privilexio de ser os sacerdotes en Israel (Éx. 40:12-15; Núm. 3:11, 12). Máis tarde, durante a conquista da Terra Prometida, a tribo de Simeón axudoulle á de Xudá a loitar contra os cananeos, cumprindo así coa vontade de Xehová (Xuí. 1:3, 17).

12. Que leccións podemos aprender do exemplo de Simeón e Leví?

12 Que leccións aprendemos? Nunca deixes que a ira controle as túas decisións e accións. É normal enfadarse se nos tratan mal a nós ou a algún dos nosos seres queridos (Sal. 4:5 [4:4, TNM]). Pero temos que recordar que a Xehová non lle gusta que digamos ou fagamos algo para ferir a quen nos fixo dano (Sant. 1:20). Se alguén nos trata de maneira inxusta, tanto se serve a Xehová coma se non, nós actuamos en harmonía cos principios bíblicos. Isto axúdanos a evitar facerlles dano ós demais (Rom. 12:17, 19; 1 Ped. 3:9). Incluso se es novo e os teus pais fan cousas que non lle gustan a Xehová, ti non estás obrigado a seguir o seu exemplo. Nunca penses que es unha causa perdida e que nunca poderás contar coa bendición de Xehová. El axudarache a facer o que está ben e recompensarate por iso.

XUDÁ

13. Por que é posible que Xudá tivese motivos para preocuparse cando lle tocou falar co seu pai?

13 En terceiro lugar, Xacob fala con Xudá. Despois de escoitar o que seu pai lles dixo ós seus irmáns maiores, seguro que estaba preocupado. E tiña motivos para estalo, pois el tamén cometera varios erros moi graves. Por exemplo, foi un dos que saquearon a cidade de Xequem (Xén. 34:27). Tamén participou cos seus irmáns no plan para vender a Xosé e enganar a seu pai (Xén. 37:31-33). E ademais, tivo relacións sexuais coa súa nora, Tamar, pensando que era unha prostituta (Xén. 38:15-18).

14. Que lle dixo Xacob a Xudá, e que cousas boas fixera este? (Xénese 49:8, 9).

14 Aínda así, o único que fixo Xacob foi bendicilo e prometerlle que lles pasarían cousas boas a el e á súa familia (le Xénese 49:8, 9). Xudá demostrara que se preocupaba moito polos sentimentos de seu pai e quería tanto a Benxamín, o seu irmán máis pequeno, que estaba disposto a quedar como escravo no seu lugar (Xén. 44:18, 30-34).

15. De que maneiras foi bendicido Xudá?

15 Xacob predixo que Xudá sería o líder dos seus irmáns. Pero esta profecía non se cumpriu ata moito tempo despois. Uns 200 anos máis tarde, cando os israelitas marcharan de Exipto e se dirixían cara á Terra Prometida polo deserto, a tribo de Xudá foi a primeira en saír liderando as demais (Núm. 10:14). Décadas máis tarde, Xehová escolleu a tribo de Xudá para que fose a primeira en loitar contra os cananeos na conquista da Terra Prometida (Xuí. 1:1, 2). E David, un dos descendentes de Xudá, foi o primeiro de moitos reis que saíron desa tribo. Pero iso non era todo.

16. Como se cumpriu a profecía de Xénese 49:10 (TNM)? (Ver tamén o recadro “As últimas palabras de Xacob”).

16 Xacob dixo que un descendente de Xudá gobernaría para sempre toda a humanidade (le Xénese 49:10, TNM e nota). Este gobernante, a quen Xacob chamou Xiloh, é Xesucristo. Un anxo dixo sobre el: “Xehová Deus daralle o trono de David, o seu pai” (Luc. 1:32, 33). A Xesús tamén se lle chama o “león da raza [ou tribo] de Xudá” (Apoc. 5:5).

As últimas palabras de Xacob

Xudá.

Fillo

Xudá

Profecía

“O cetro non se apartará de Xudá [...] ata que veña Xiloh” (Xén. 49:10, TNM).

Cumprimento

Xesús, un descendente de Xudá, chegou a ser o Rei do Reino de Deus (Luc. 1:32, 33).

17. Como podemos imitar a Xehová na nosa maneira de ver os demais?

17 Que leccións aprendemos? Xehová bendiciu a Xudá aínda que cometeu varios erros moi graves. Por iso, é posible que os seus irmáns se preguntasen que vira Xehová nel. Aínda que non sabemos o que pensaban seus irmáns, o que si sabemos é que Xehová viu algo bo nel e bendiciuno por iso. Como podemos imitar o exemplo de Xehová? Se un irmán recibe unha asignación importante, pode ser que ó principio non entendamos por que lla deron e que nos centremos nas súas imperfeccións. Pero debemos recordar que recibir esa asignación significa que Xehová demostra que está contento coas súas boas cualidades. El fíxase nas cousas boas dos seus servos e nós debemos esforzarnos por facer o mesmo.

18. Como podemos imitar os descendentes de Xudá?

18 Outra lección que aprendemos do exemplo de Xudá é a de ser pacientes. Xehová sempre cumpre as súas promesas, pero ás veces non o fai da maneira ou no momento que nós esperamos. Os descendentes de Xudá non foron os primeiros en liderar a nación de Israel. Aínda así, apoiaron con lealdade a quen Xehová escolleu para facelo, xa fose Moisés o levita, Xosué o efraimita ou o rei Saúl que era benxaminita. Nós tamén debemos apoiar a quen Xehová escolla para dirixirnos hoxe en día (Heb. 6:12).

19. Que aprendemos sobre Xehová ó analizar as últimas palabras de Xacob?

19 Que leccións aprendemos das últimas palabras que Xacob lles dixo ós seus 4 primeiros fillos? Está claro que Deus non ve as cousas como as ven os homes (1 Sam. 16:7). Xehová é moi paciente e perdoa os nosos erros. Aínda que non lle gusta que fagamos cousas malas, tampouco espera que sexamos perfectos. Incluso pode bendicir a persoas que cometeron erros moi graves no pasado se se arrepinten de verdade e volven a facer o que está ben. No seguinte artigo analizaremos que lles dixo Xacob ós seus 8 fillos restantes.

QUE LECCIÓNS APRENDEMOS DO QUE LLE DIXO XACOB A...

  • ... Rubén?

  • ... Simeón e Leví?

  • ... Xudá?

CANCIÓN sjj 124 Sempre fieis e leais

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir