IDEA PARA ESTUDAR
Sácalles proveito ás referencias marxinais
As referencias marxinais na Traducción del Nuevo Mundo en español mostran a harmonía interna que ten a Biblia ó levarnos a outros textos que falan do mesmo tema e que teñen información adicional. Estas referencias indícanse cunha pequena letra despois dalgunhas palabras. Na versión impresa da Biblia podes encontrar os textos ós que fan referencia buscando a mesma letra na columna central. En jw.org e na aplicación JW Library®, pulsa na letra para ver estes mesmos textos.
Por exemplo, as referencias marxinais poden enlazar con:
Relatos paralelos: A referencia indícache outro relato diferente do mesmo suceso. Por exemplo, mira 2 Samuel 24:1 e 1 Crónicas 21:1.
Citas: A referencia mostra cal é a orixe da frase ou expresión. Por exemplo, mira Mateo 4:4 e Deuteronomio 8:3.
Cumprimentos de profecías: A referencia conecta unha profecía co seu cumprimento. Por exemplo, mira Mateo 21:5 e Zacarías 9:9.