A inestabilidade política cumpre unha profecía bíblica
Hoxe en día, as persoas están moi divididas en cuestións políticas. Non están de acordo coas leis que afectan a súa vida diaria e expresan de forma agresiva as distintas opinións que teñen sobre a política. No goberno, os lexisladores e outros funcionarios a miúdo teñen posicións opostas e non están dispostos a ceder. Estas diferenzas levan a unha inestabilidade política que pode paralizar a capacidade dun goberno para funcionar.
Pero, é especialmente importante a inestabilidade que afecta a Os Estados Unidos e Gran Bretaña, tamén chamada O Reino Unido. Por que o dicimos? Porque a Biblia predixo que estas dúas nacións estarían vivindo un período de inestabilidade política, xusto cando o goberno celestial que Deus estableceu interviñese nos asuntos humanos.
Inestabilidade política “na parte final dos días”
A Biblia contén unha emocionante profecía rexistrada no libro de Daniel. Nela, Deus revela “o que vai suceder na parte final dos días”. Daniel estaba falando de acontecementos futuros que traerían un gran cambio para a humanidade (Daniel 2:28, TNM).
Deus deulle esta profecía nun soño ó rei de Babilonia. No soño o rei viu unha imaxe enorme feita de diferentes metais. Máis tarde, o profeta Daniel explicou que as distintas partes da imaxe representaban a diferentes potencias mundiais que xurdirían ó longo da historia e logo perderían o seu poder.a Ó final, a imaxe sería totalmente destruída polo impacto dunha rocha que representa un reino, ou goberno, establecido por Deus (Daniel 2:36-45).
Segundo esta profecía, o Reino de Deus substituirá a tódolos gobernos humanos. Este goberno é o mesmo polo que Xesús lles ensinou a pedir ós seus discípulos, cando dixo: “Veña o teu Reino” (Mateo 6:10).
Pero, que parte desta profecía fala sobre a inestabilidade política? Os pés da imaxe estaban feitos “en parte de ferro e en parte de barro” (Daniel 2:33, TNM). Esta mestura é moi diferente a tódolos outros materiais dos que estaba feita a imaxe. Isto indica que habería unha potencia mundial que sería diferente ó resto. En que sentido? A profecía de Daniel explícao:
De acordo coa profecía, a potencia mundial representada polos pés da imaxe sufriría moita inestabilidade política. A súa forza como potencia, veríase comprometida xa que as persoas que vivisen baixo este goberno farían cousas que a debilitarían.
A profecía de Daniel estase cumprindo na actualidade
Os pés da imaxe representan a potencia mundial dominante dos nosos días, a alianza entre Os Estados Unidos e O Reino Unido. Como apoian os sucesos actuais esta idea?
Os pés da imaxe están feitos “en parte de ferro e en parte de barro”, unha combinación xa de por si débil (Daniel 2:42). Hoxe en día o poder dos Estados Unidos e do Reino Unido debilitouse a causa das divisións que hai entre os seus propios cidadáns. Por exemplo, estes países sofren conflitos internos entre os seus cidadáns. As persoas protestan de forma violenta polos seus dereitos. A miúdo, os políticos que escollen non son capaces de chegar a acordos. Por iso, a causa destas divisións, moitas veces estes gobernos non poden levar adiante as súas políticas.
A inestabilidade política predíxose no capítulo 2 de Daniel.
Afondemos máis sobre algúns detalles da profecía de Daniel e como se están cumprindo hoxe:
Profecía: “O reino estará dividido, pero terá algo da dureza do ferro” (Daniel 2:41, TNM).
Significado: Aínda que Os Estados Unidos e O Reino Unido teñen divisións internas dentro dos seus propios gobernos, dispoñen de exércitos moi poderosos. Por iso poden actuar con autoridade e con forza coma o ferro.
Cumprimento
Nunha lista sobre o gasto militar por países, Os Estados Unidos e O Reino Unido gastaron en conxunto no ano 2023 máis cartos que os seguintes 12 países da lista xuntos (Stockholm International Peace Research Institute [Instituto Internacional de Estudos para a Paz de Estocolmo]).
“A cooperación para a defensa entre Os Estados Unidos e O Reino Unido [...] evolucionou ata converterse na colaboración máis forte, profunda e avanzada entre dous países [...]. Traballamos xuntos, defendémonos xuntos, pelexamos xuntos” (Comando Estratéxico, Ministerio de Defensa do Reino Unido, abril de 2024).
Profecía: “Como os dedos dos pés eran en parte de ferro e en parte de barro, do mesmo modo o reino será en parte forte e en parte fráxil” (Daniel 2:42, TNM).
Significado: A pesar da súa forza militar, Os Estados Unidos e O Reino Unido están limitados polos seus propios sistemas democráticos. Sen a aprobación dunha clara maioría, estes Gobernos non poden levar adiante os seus plans.
Cumprimento
“Segundo algúns analistas, as divisións entre os políticos dos Estados Unidos están limitando a súa capacidade de actuación a nivel mundial, tanto en temas de seguridade coma de comercio” (The Wall Street Journal).
“A inestabilidade política, nunca antes vista [...] rouboulles a atención dos políticos, e por iso os funcionarios do Goberno [Británico] non puideron facer os cambios necesarios a favor dos cidadáns” (Institute for Goverment [Instituto de Goberno]).
Profecía: “Eles [é dicir, o Reino] mesturaranse co pobo. Pero non se manterán unidos uns a outros” (Daniel 2:43, TNM; nota).
Significado: A xente común pode ter certa influencia nos gobernos democráticos, pero ó final nin os funcionarios nin os votantes quedan contentos.
Cumprimento
“Hoxe en día, a maioría dos cidadáns estadounidenses teñen un punto de vista extremadamente negativo da política e dos políticos” (Centro de investigación Pew).
“Hoxe en día, os británicos teñen menos confianza no goberno e nos políticos que nos últimos 50 anos” (National Centre for Social Research [Centro Nacional de Investigación Social]).
Como se cumprirá a profecía de Daniel no futuro
Segundo a profecía de Daniel, a alianza entre Os Estados Unidos e O Reino Unido sería a potencia mundial dominante no momento no que o Reino de Deus substitúa a tódolos gobernos humanos (Daniel 2:44).
Nunha profecía do libro de Apocalipse, que fala sobre o mesmo período de tempo, a Biblia di que “os reis de toda a terra” xuntaranse para pelexar contra Xehováb na guerra de Armaxedón, “a guerra do día grande do Deus que todo o sostén” (Apocalipse 16:14, 16; 19:19-21). Nesta guerra, Xehová destruirá a tódolos gobernos humanos e, dese xeito, non quedará rastro dos gobernos representados pola imaxe da profecía de Daniel.
Para saber máis, le o artigo “Que é a guerra de Harmaguedón?”.
Como nos axuda coñecer esta profecía de Daniel
A Biblia predixo de maneira exacta a inestabilidade política que hoxe en día existe nos Estados Unidos e no Reino Unido. Coñecer isto darache un punto de vista diferente sobre o que está ocorrendo no mundo.
Entenderás por que Xesús quería que os seus seguidores fosen neutrais en asuntos políticos (Xoán 17:16). E tamén por que Xesús, o rei que deus escolleu para gobernar o seu Reino, dixo: “O meu Reino non é parte deste mundo” (Xoán 18:36).
Terás a seguridade de que, moi pronto, o Reino de Deus vai actuar. E grazas a iso, toda a humanidade desfrutará das bendicións que Deus prometeu (Apocalipse 21:3, 4).
Non volverás estar preocupado polos problemas entre nacións que ameazan con destruír o mundo (Salmo 37:11, 29).
A profecía de Daniel mostra que a potencia mundial formada polos Estados Unidos e O Reino Unido, representada polos pés da imaxe, será a última potencia que goberne a humanidade. E que virá despois? Un goberno perfecto que reinará dende os ceos, o Reino de Deus.
Para saber máis sobre o que fará o Reino de Deus pola humanidade, mira o vídeo Que é o Reino de Deus?
a Mira o recadro “A que potencias mundiais se refire a profecía de Daniel?”.
b Xehová é o nome persoal de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8). Mira o artigo “Quen é Xehová?”.