Martes 9 de setembro
A muller insensata é escandalosa. É unha ingorante (Prov. 9:13).
Os que escoitan a muller insensata teñen que escoller se aceptarán ou rechazarán a súa invitación. Hai moi boas razóns polas que debemos evitar a conduta inmoral. Vexamos algunhas delas. A muller insensata que se describe en Proverbios 9:17 di: “Doces son as augas roubadas”. Que son estas “augas roubadas”? A Biblia compara con augas refrescantes as relacións sexuais das que poden desfrutar un home e unha muller legalmente casados dentro do seu matrimonio (Prov. 5:15-18). Pero que diferentes son as “augas roubadas”! Esta expresión pode referirse ás relacións sexuais inmorais ou ilícitas. Isto, a miúdo, faise en secreto, igual que un ladrón rouba cando ninguén o ve. As “augas roubadas” poden parecer especialmente doces cando os implicados pensan que ninguén vai descubrir o que fixeron. Pero estanse enganando a si mesmos, porque Xehová pode velo todo. E perder o seu favor non ten nada de doce. Todo o contrario! Non hai nada máis amargo ca iso (1 Cor. 6:9, 10, TNM). w23.06 páx. 22 pars. 7-9
Mércores 10 de setembro
Se o fago a contragusto, é un simple cargo que estou obrigado a administrar (1 Cor. 9:17).
Que deberías facer se te das conta de que as túas oracións se volveron mecánicas ou de que a túa predicación se converteu nunha rutina? Non chegues á conclusión de que é porque xa non contas co espírito de Xehová. Somos imperfectos e os nosos sentimentos poden ir cambiando. Se notas que o teu entusiasmo empeza a diminuír, reflexiona no exemplo do apóstolo Paulo. Aínda que el intentou imitar a Xesús, tamén era consciente de que non sempre estaría igual de motivado. Paulo estaba decidido a cumprir co seu ministerio a pesar de como se sentise nese momento. De forma parecida, non tomes decisións baseándote só en como te sentes. Máis ben, ten a determinación de facer o correcto aínda que non teñas ganas. Se segues facendo o que está ben, co tempo, seguramente os teus sentimentos cambien (1 Cor. 9:16). w24.03 páxs. 11-12 pars. 12, 13
Xoves 11 de setembro
Dádelles, logo, probas do voso agarimo (2 Cor. 8:24).
Podemos demostrarlles amor ós irmáns facéndonos amigos deles e pasando tempo xuntos (2 Cor. 6:11-13). Moitos de nós servimos en congregacións onde hai irmáns con orixes e personalidades moi diferentes. Podemos fortalecer o noso amor por eles centrándonos nas súas boas calidades. Demostramos que amamos os nosos irmáns cando aprendemos a velos como os ve Xehová. O amor será imprescindible durante a gran tribulación. Como nos protexerá Xehová neses momentos? Fíxate no que lles dixo ós seus servos que deberían facer cando a antiga cidade de Babilonia fose atacada. El díxolles: “Ven, meu pobo, entra nas túas habitacións e pecha as portas detrás de ti, escóndete rapidamente un pouquiño ata que pase a ira” (Is. 26:20). Quizais teñamos que seguir estas mesmas instrucións durante a gran tribulación. w23.07 páxs. 6-7 pars. 14-16