BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Benvido!
Esta é unha ferramenta para consultar as publicacións das Testemuñas de Xehová en varios idiomas.
Se desexas descargar publicacións, podes dirixirte a jw.org.
  • Hoxe

Mércores 10 de setembro

Se o fago a contragusto, é un simple cargo que estou obrigado a administrar (1 Cor. 9:17).

Que deberías facer se te das conta de que as túas oracións se volveron mecánicas ou de que a túa predicación se converteu nunha rutina? Non chegues á conclusión de que é porque xa non contas co espírito de Xehová. Somos imperfectos e os nosos sentimentos poden ir cambiando. Se notas que o teu entusiasmo empeza a diminuír, reflexiona no exemplo do apóstolo Paulo. Aínda que el intentou imitar a Xesús, tamén era consciente de que non sempre estaría igual de motivado. Paulo estaba decidido a cumprir co seu ministerio a pesar de como se sentise nese momento. De forma parecida, non tomes decisións baseándote só en como te sentes. Máis ben, ten a determinación de facer o correcto aínda que non teñas ganas. Se segues facendo o que está ben, co tempo, seguramente os teus sentimentos cambien (1 Cor. 9:16). w24.03 páxs. 11-12 pars. 12, 13

Analicemos as Escrituras tódolos días 2025

Xoves 11 de setembro

Dádelles, logo, probas do voso agarimo (2 Cor. 8:24).

Podemos demostrarlles amor ós irmáns facéndonos amigos deles e pasando tempo xuntos (2 Cor. 6:11-13). Moitos de nós servimos en congregacións onde hai irmáns con orixes e personalidades moi diferentes. Podemos fortalecer o noso amor por eles centrándonos nas súas boas calidades. Demostramos que amamos os nosos irmáns cando aprendemos a velos como os ve Xehová. O amor será imprescindible durante a gran tribulación. Como nos protexerá Xehová neses momentos? Fíxate no que lles dixo ós seus servos que deberían facer cando a antiga cidade de Babilonia fose atacada. El díxolles: “Ven, meu pobo, entra nas túas habitacións e pecha as portas detrás de ti, escóndete rapidamente un pouquiño ata que pase a ira” (Is. 26:20). Quizais teñamos que seguir estas mesmas instrucións durante a gran tribulación. w23.07 páxs. 6-7 pars. 14-16

Analicemos as Escrituras tódolos días 2025

Venres 12 de setembro

O mundo, na súa configuración actual, está a pasar (1 Cor. 7:31).

A nosa maneira de actuar debería demostrar que somos razoables. Para saber se é así, pregúntate: “Venme os demais como unha persoa razoable, tolerante e que sabe ceder? Ou máis ben pensan que son estrito, esixente e teimudo? Escoito as opinións dos demais e téñoas en conta, sempre que é apropiado?”. Canto máis razoables sexamos, máis estaremos imitando a Xehová e a Xesús. Ser razoable implica saber adaptarse cando as circunstancias cambian. Eses cambios poden traer dificultades polas que nunca pensamos que teriamos que pasar. Por exemplo, pode que de repente teñamos que enfrontarnos a un problema grave de saúde. Ou quizais, a situación económica e política da zona na que vivimos cambie dun día para outro e a nosa vida se complique (Ecl. 9:11, TNM). Outra situación que pode poñer a proba esta calidade é un cambio de asignación no noso servizo a Xehová. Poderemos adaptarnos ás novas circunstancias se seguimos estes catro pasos: 1) aceptar a realidade, 2) mirar cara ó futuro, 3) centrarse no positivo e 4) facer cousas por outros. w23.07 páxs. 21-22 pars. 7, 8

Analicemos as Escrituras tódolos días 2025
Benvido!
Esta é unha ferramenta para consultar as publicacións das Testemuñas de Xehová en varios idiomas.
Se desexas descargar publicacións, podes dirixirte a jw.org.
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir