BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • jl lección 28
  • Que podes atopar na nosa páxina web?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Que podes atopar na nosa páxina web?
  • Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
  • Información relacionada
  • Onde atopar respostas ás grandes preguntas?
    Onde atopar respostas ás grandes preguntas?
  • Preguntácheste isto algunha vez?
    Despertade! (2019)
  • Usa a páxina de inicio de JW.ORG na predicación
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
  • Idea para estudar
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
Ver máis
Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
jl lección 28

LECCIÓN 28

Que podes atopar na nosa páxina web?

Unha muller navegando por Internet co seu portátil

Francia

A family using a computer

Polonia

A woman watching a sign language video online

Rusia

Xesús díxolles ós seus seguidores: “Alume así a vosa luz ós homes, para que, vendo as vosas boas obras, glorifiquen a voso Pai que está nos Ceos” (Mateo 5:16). Con esa finalidade, aproveitamos a tecnoloxía actual, incluíndo Internet. A nosa páxina web, jw.org, é a fonte oficial de información en liña sobre as crenzas e actividades das testemuñas de Xehová. Que contidos ofrece?

As respostas da Biblia ás preguntas que todos nos facemos. Podes atopar as respostas a algunhas das preguntas máis importantes que a xente se ten feito desde sempre. Por exemplo, as folliñas Acabará algún día o sufrimento? e Volverá a vivir quen morreu? Están dispoñibles na nosa páxina web en máis de seiscentos idiomas. Ademais, tes a Traducción del Nuevo Mundo de las Santas Escrituras en máis de 130 idiomas, e varias axudas para estudar a Biblia, como o libro Que ensina realmente a Biblia?, e os últimos números das revistas La Atalaya e ¡Despertad!. Podes ler ou escoitar en liña moitas destas publicacións, ou descargalas en algúns dos formatos máis habituais, como MP3, PDF, ou EPUB. Tes a opción de imprimir as páxinas que queiras para dárllelas no seu propio idioma a quen lle poida interesar. Hai vídeos dispoñibles en moitas linguaxes de signos. Tamén se poden descargar relatos da Biblia, representacións teatrais de relatos bíblicos, e mesmo bonita música.

Información obxectiva sobre as testemuñas de Xehová. A web contén as últimas noticias e vídeos sobre a nosa obra mundial, acontecementos relacionados coas testemuñas de Xehová, e sobre as nosas labores humanitarias. Tamén anuncia os nosos próximos congresos e contén información sobre as nosas sucursais.

Grazas á nosa páxina web, podemos facer brillar a luz da verdade ata nas partes máis remotas do mundo. Estalle a facer moito ben a xente de tódolos continentes, mesmo da Antártida. Oramos “para que a mensaxe do Señor se difunda e se acolla” por todo o mundo para a gloria de Deus (2a Tesalonicenses 3:1).

  • Como contribúe jw.org a que se coñeza a verdade da Biblia?

  • Que che gustaría ver da nosa páxina web?

ADVERTENCIA

Algunhas persoas que están en contra de nosoutros teñen publicado páxinas web para difundir información falsa sobre a nosa organización, tratando de afastar á xente de Deus. Deberiamos evitar estas páxinas (Salmo 1:1; 26:4; Romanos 16:17).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir