BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb18 xuño páx. 7
  • Evitemos os perigos das redes sociais

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Evitemos os perigos das redes sociais
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2018)
  • Información relacionada
  • Quen son os teus amigos en Internet?
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
  • Que efecto teñen en min as redes sociais?
    Preguntas da xuventude
  • Un alto funcionario de sanidade advirte sobre os efectos prexudiciais das redes sociais nos rapaces. O que di a Biblia
    Outros temas
  • Estanlle facendo dano as redes sociais ó teu fillo? Como pode axudarlles a Biblia ós pais
    Outros temas
Ver máis
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2018)
mwb18 xuño páx. 7

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Evitemos os perigos das redes sociais

Xesús negándose a converter as pedras en pan

POR QUE É IMPORTANTE. Coma calquera ferramenta, as redes sociais poden ser útiles, pero tamén poden facernos dano. Algúns cristiáns optan por non usar as redes sociais, e outros úsanas para estar en contacto coa familia e os amigos. Porén, o Demo quere que as usemos mal, e isto pode danar a nosa reputación e a nosa relación con Xehová. Tal e como fixo Xesús, acudamos ós principios bíblicos para identificar e evitar os posibles perigos (Lc. 4:4, 8, 12).

OS PERIGOS:

  • O tempo que pasamos. Botar horas e horas nas redes sociais quítanos tempo que poderiamos dedicarlles ás actividades cristiás.

    Principios bíblicos: Ef. 5:15, 16; Flp. 1:10

  • Os contidos cuestionables. Mirar imaxes provocativas pode converternos en adictos á pornografía ou levarnos a condutas sexuais que Xehová non aproba. Por outra banda, a nosa fe pode verse danada se lemos información ou blogs de apóstatas.

    Principios bíblicos: Mt. 5:28; Flp. 4:8

  • Os comentarios ou as fotos desapropiados. Como o corazón é traizoeiro, podemos vernos tentados a publicar comentarios ou fotos que estean fóra de lugar. Se facemos algo así, podemos danar a reputación doutra persoa ou provocar que se debilite a fe de alguén.

    Principios bíblicos: Rm. 14:13; Ef. 4:29

DESPOIS DE VER O VÍDEO SE ENREDAS COAS REDES, NON TE ENREDES!, PENSA EN COMO EVITAR AS SEGUINTES SITUACIÓNS:

Un ladrón entra nas redes sociais e sabe cando o dono dunha casa está de vacacións
Contidos desapropiados subidos ás redes sociais que pode ver un posible futuro xefe
Linguaxe desapropiada nunha rede social
Alguén que ten sono pola mañá porque estivo nas redes sociais ata tarde
    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir